Saltar ao contido

Comac C919

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comac C919
Primeiro voo do prototipo
TipoPasaxeiros de fuselaxe estreita
FabricanteComac
Primeiro voo5 de maio de 2017[1]
Estado2 en servizo activo
Unidades construídas10, 2 en servizo

O Comac C919 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita desenvolvido polo fabricante chinés Comac. O programa lanzouse no ano 2008 e a fabricación do prototipo comezou en decembro de 2011. Presentouse o 2 de novembro de 2015 e o seu primeiro voo foi o 5 de maio de 2017. A entrada en servizo do C919 foi no 2023 con China Eastern Airlines. O avión, principalmente construído con aliaxes de aluminio, é impulsado tanto por motores turboventilador CFM International LEAP como por ACAE CJ-1000A, e pode transportar entre 156 e 168 pasaxeiros nunha configuración normal ata os 5 555 km. Vai competir principalmente co Boeing 737 MAX e co Airbus A320neo. En febreiro de 2018 Comac tiña 815 pedidos, principalmente de compañías de arrendamento e aeroliñas chinesas.

Actualmente, o avión é usado soamente polo China Eastern Airlines.

Especificacións

[editar | editar a fonte]

| Tripulación: 2 en cockpit | Pasaxeiros: 150-180 | Motores : 2 turboventiladores

Operadores

[editar | editar a fonte]

Actualmente, 2 avións están sendo usados pola China Eastern Airlines, con 815 pedidos.

  1. Flight Global (ed.). "Comac C919 lands after uneventful maiden sortie". Consultado o 26 de xuño de 2018.