Colecistectomía
Colecistitectomía | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Radriografía durante unha colecistectomía laparoscópica. | |
ICD-9 | 51.2 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Colecistectomía é unha intervención clínico-cirúrxica consistenten na exéresis ou extracción da vesícula biliar. Malia terse desenvolvido técnicas non cirúrxicas, é a técnica máis común para tratar as distintas afeccións da vesícula biliar. As posibilidades cirúrxicas a colecistectomía por vía laparoscópica e a cirurxía aberta. Esta última foi a técnica empregada historicamente, máis invasiva e cruenta. Na actualidade a tendencia é a empregar a vía laparoscópica.
Indicacións
[editar | editar a fonte]As indicacións que se teñen en conta para realizar este tipo de intervención, é en doentes que posúan unha ou máis das seguintes doenzas e/ou condicións da vesícula como:
- Cálculos biliares (colelitiase).
- Inflamación por infección (colecistite).
- Dor abdominal intensa por mor dun cólico de vesícula.
- Bloqueo dos condutos biliares (obstrución biliar).
O resultado da colecistectomía é habitualmente satisfactorio. Os síntomas desaparecen por completo no 90% dos pacientes.
Riscos
[editar | editar a fonte]Os riscos aos que se ven sometidos os doentes intervidos dunha colecistectomía son os riscos de calquera intervención baixo anestesia xeral:
- Reaccións á medicación.
- Problemas respiratorios.
- Hemorraxias.
- Infeccións.