Saltar ao contido

Circuncisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circuncisión
A ilustración máis antiga sobre a circuncisión, achada en Exipto.
Á dereita, representación da circuncisión de Xesús Cristo nun baldaquino de Ventosa (Agolada).

A circuncisión é a extirpación ou amputación do prepucio do pene, o que deixa ao descuberto a glande. As causas máis frecuentes de circuncisión son os motivos relixiosos, culturais ou médicos. En 2006, segundo estimacións da OMS, o 30% dos homes do mundo eran circuncisos [1].

Historia, razóns e características

[editar | editar a fonte]

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e o Programa da ONU contra a Sida (ONUSIDA) recomendaron o 28 de marzo de 2007, por primeira vez, a circuncisión masculina como unha intervención importante adicional para reducir o risco de contaxio do virus da Sida por vía heterosexual.

A circuncisión ao longo da historia

[editar | editar a fonte]

A Biblia hebrea (ou Antigo Testamento dos cristiáns) ordenaba que todo neno hebreo fose circuncidado antes dos oito días de vida, polo que os xudeus máis ortodoxos continúan con ese costume atávico.

Na Alemaña nazi era común que a policía obrigase os alemáns homes a expor en público os seus xenitais para demostrar que non eran xudeus e evitar a detención, dándose o caso de xente detida debido a que se lles practicara unha operación de fimose sen razóns relixiosas.

Nos Estados Unidos a circuncisión séguese realizando sistematicamente (tamén nos cativos) por motivos hixiénicos discutibles: no século XIX médicos de mentalidade puritana puxeron de moda a idea de que o esmegma podía producir infeccións. A finais do século XIX demostrouse que ese dato era falso: mesmo un pene mal lavado e co lado interno do prepucio cuberto de esmegma non se infecta nin transmite infeccións.

A partir dunha premisa certa (que coa circuncisión a glande perde sensibilidade) os médicos vitorianos deduciron dous conceptos erróneos: que os estadounidenses terían menor tendencia á sexualidade e que iso automaticamente os volvería máis relixiosos e traballadores. Dende os anos 1980 nese país estase loitando —mediante campañas de educación para pais— contra o flaxelo da circuncisión sistemática aos cativos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]