Cidade Prohibida
Tipo | palacio atracción turística complexo de edificios museo | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Palácios Imperiais das Dinastias Ming e Qing em Pequim e Shenyang (pt) Cidade Imperial (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Donghuamen Subdistrict, República Popular da China (en) e Dongcheng District, República Popular da China (en) | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 72 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1987 (11ª Sesión) | |||
Identificador | 439-001 | |||
Monumentos da República Popular da China | ||||
Data | 1962 | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1420 | |||
Código do catálogo | primeira lista dos grandes bens culturais protexidos a escala nacional: 100. | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 15.080.000 (2015) | |||
Páxina web | dpm.org.cn | |||
A Cidade Prohibida (紫禁城, pinyin: Zǐjìn Chéng : "Cidade Púrpura Prohibida"), está localizada no centro exacto da antiga Pequín, foi o palacio imperial durante as dinastías Ming e Qing, así como sede do goberno chinés até 1911.
O seu nome orixinal Cidade Púrpura Prohibida, procede do seu paralelismo coa Constelación Luminosa Púrpura na que a Estrela Polar, ó igual có emperador na terra, atópase no centro. A súa construción débese ó traslado de capitalidade de Nanjing a Pequín que decidiu o emperador Yongle cando obtivo o trono imperial en 1404.
Actualmente se coñece como o Museo Palacio (故宫博物院, pinyin: Gùgōng Bówùyùan), ocupa 0,72 km², 800 edificios e máis de 9.000 habitacións. É a maior colección de estruturas de madeira antigas que se conservan no mundo, e foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1987. O Palacio Imperial está situado ó norte da Praza Tian'anmen e pódese acceder a el a través da Porta de Tian'anmen. Está rodeado dun barrio denominado Cidade Imperial.
A pesar de que xa non está ocupada pola realeza, é un símbolo da soberanía chinesa e de Pequín, e aparece nos selos da República Popular Chinesa. O Palacio é unha das meirandes atraccións turísticas do mundo.
O filme O derradeiro emperador foi o primeiro en recibir autorización do goberno chinés para filmar na Cidade Prohibida e retrata, entre outras cousas, a cerimonia de nomeamento do Emperador e a vida na Cidade Prohibida.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome común en galego: "a Cidade Prohibida", é a tradución do nome chinés Zijin Cheng (紫禁城), literalmente "Cidade Prohibida Púrpura". Outro nome galego de orixe semellante é "Palacio Proibido[1]. Na lingua manchú é chamado Dabkūri dorgi hoton, que significa literalmente "Cidade Interior en Estratos".
Na actualidade, o lugar é máis coñecido como Gugong (en chinés: 故宫), o que significa "Antigo Palacio"[2]. O museo que se atopa nestes edificios é coñecido como "Palacio Museo" (en chinés: 故宫博物院; en pinyin: Gùgōng Bówùyùan).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O Palacio Imperial
-
Escaleira do Palacio Imperial
-
Estatua dunha grúa no interior do Palacio Imperial
-
Faiado do Palacio
-
Interior do Palacio Imperial
-
Trono do Emperador
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ver, por exemplo, Gan, Guo-hui (Abril, 1990). "Perspectiva do uso urbano da terra en Pequín". GeoJournal 20 (4): 359–364.
- ↑ "Gugong", dun xeito xenérico, tamén se refire a todos os antigos palacios, sendo outro dos exemplos prominentes o Palacio Mukden, en Shenyang.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ciudad Prohibida |