Che Sudaka
Che Sudaka | |
---|---|
Che Sudaka ao vivo. | |
Orixe | Barcelona, España, Arxentina, Colombia |
Período | 2002 - presente |
Xénero(s) | Ska Punk Reggae World music Rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | K Industria Kasba Music Cavernícola Récords |
Membros | Leo Kachafaz Cheko Morales Jota |
Antigos membros | Cordobés Anthrax Lucky Lux |
Na rede | |
Páxina oficial | |
Che Sudaka é unha banda de rock alternativo formada por músicos da Arxentina e de Colombia. Eles definen o seu estilo como punk reggae party no que ademais introducen outros ritmos como o hip hop, o ska e mesmo a cumbia.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome Che Sudaka é a unión de dúas palabras: "che" (en mapundungun, a lingua dos mapuches) que significa "xente" e "sudaka" que é a forma pexorativa que se usa en España para referirse á xente que provén de América do Sur. A unión das dúas palabras, entón, forma xente de América do Sur. A banda explica que escolleron ese nome de forma irónica porque rirse deles mesmos converte a discriminación nun acto estúpido de quen o practica.
Historia
[editar | editar a fonte]A banda formouse a principios da década do 2000 en Barcelona por un grupo de inmigrantes ilegais que tocaban a súa música na rúa como forma de gañarse a vida e que chegaran á cidade seguindo o ronsel de Manu Chao, unha das influencias máis fortes da formación.[1][2]
En marzo do 2012 a banda fixo 10 anos nos escenarios durante os cales levaron a cabo preto dun milleiro de concertos.[3] Coroaron a década de vida participando, en xullo do mesmo ano, do Fuji Rock, no Xapón, xunto a artistas tales como The Specials e Toots and the Maytals.[4]
En febreiro do 2016, a un mes de celebrar os seus 14 anos na ruta, chegaron ao seu concerto número 1300 cun show en Niceto Club, Buenos Aires, Arxentina.[5]
En novembro de 2017 lanzan "Almas rebeldes", novo disco de estudo con tres temas novos e versións dalgúns clásicos da banda. Contan coas colaboracións de Manu Chao, Amparo Sánchez, Dr. Ring-Ding e Capricornio Man (El Gran Silencio), entre outros. Xunto a Manu Chao gravan o vídeo de "La Risa Bonita".[6][7]
Discografía
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Discográfica |
---|---|---|
2003 | Trippie Town | K Industria |
2005 | Trippie Town (Reedición) | K Industria |
2005 | Alerta Bihotza | K Industria |
2007 | Mirando el Mundo al revés | K Industria |
2009 | Tudo é possible | Cavernicola + Kasba Music |
2010 | Cavernícola Recording VOL.1 (Non oficial) | Cavernícola Marcas |
2012 | 10 | Cavernícola Marcas |
2013 | 1111 LIVES | Cavernícola Réecords |
2014 | Hoy | Cavernícola Marcas |
2017 | Almas Rebeldes | Cavernícola Marcas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ laopiniondegranada.es Che Sudaka demuestra que ‘Tudo é possible’ publicado o 5 novembro de 2009
- ↑ diaridetarragona.com El mestizaje toma El Cau con la visita de Che Sudaka y su ‘Tudo é possible’ publicado o 19 de novembro de 2009
- ↑ mondosonoro.com Hábitat natural Arquivado 26 de xuño de 2015 en Wayback Machine. publicado o 23 de febreiro do 2012
- ↑ "CHE SUDAKA live at Fuji Rock 2012 (Japan)".
- ↑ "El cuarteto argentino-colombiano 'Che Sudaka' regresa a Buenos Aires". Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ "LA RISA BONITA!!! Manu Chao y Che Sudaka para LOS PAYAMEDICOS!!!". Manu Chao.net (en inglés). Consultado o 27 de xuño de 2018.
- ↑ "Payamedicos" (en castelán). Consultado o 27 de xuño de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)