Carlos Souto
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde xaneiro de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de maio de 1955 (69 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | publicitario |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Carlos Souto, nado en Buenos Aires o 13 de maio de 1955 é un publicitario arxentino que dirixe a axencia de publicidade La Ese, dedicada dende 1996 á publicidade política. Os equipos de traballo que forma e dirixe foron claves na transformación da linguaxe política latinoamericana na última década. Integrou grupos de traballo con David Ratto, Ramiro Agulla, Dick Morris, Miguel Sal e Darío Lanis. Na súa traxectoria profesional gañou máis de corenta premios nacionais e internacionais.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlos Souto naceu no barrio de Parque Patricios de Buenos Aires, fillo de Maruxa e Celestino, inmigrantes galegos, sendo o galego a súa lingua materna grazas a seus pais e á súa avoa Carme. A súa infancia e primeira adolescencia transcorreron nos suburbios do sur da cidade de Buenos Aires. Aínda que comezou os seus estudos no Colexio Bernasconi, posteriormente, en segundo grao, cambiaría de escola (Cangallo Schule, un colexio alemán do barrio de Balvanera) e completaría alí os seus estudos primarios e secundarios.
Cursus Honorum
[editar | editar a fonte]Logo do golpe militar na Arxentina e en vista do compromiso político asumido como delegado estudantil na Facultade de Enxeñería da Universidade de Buenos Aires, Souto viaxa ao Brasil e elixe a cidade de São Paulo como residencia. O seu primeiro traballo foi de cadete na axencia de publicidade Diálogo Propaganda. En 1976 edita o seu primeiro e único libro de contos, ilustrado por María Teresa Lemos Fontao. Pasado un tempo, comeza a traballar como asistente na produción de comerciais para televisión, primeiramente en Flipfilms e a axencia de publicidade Mauro Salles Interamericana. O seu ascenso foi rápido e, deste xeito, coñeceu ao director francés Olivier Perroy, quen xunto a Carlo Ponti (h), forman a internacional "Filmar do Brasil". En Angra dos Reis producen a película "Pirañas". Esta sería a única experiencia de Souto en longametraxes. Durante os catro anos que viviu en São Paulo, Carlos Souto compartiu departamento (quatorze), en Pinheros co artista plástico e publicista catalán Xavier Ruáix Durán. O quatorze transformaríase nun lugar de culto para os intelectuais, creativos e novos cineastas que coinciden en São Paulo durante a segunda metade da década dos setenta. Ao comezar a década dos oitenta, Souto decide regresar a Arxentina. En 1983 empeza a organizar o seu primeiro proxecto empresarial. En 1984 instala unha empresa dedicada ao desenvolvemento de eventos para marcas. Souto desempeñarase no eido das relacións públicas e a comunicación. Ao longo dos anos seguintes, instalado definitivamente na Arxentina, levará adiante o seu primeiro equipo de traballo relacionado coa industria publicitaria.
Primeiros éxitos publicitarios
[editar | editar a fonte]Cara a finais da década de 1980, Souto decide enfocar toda a súa experiencia na creación dunha axencia publicitaria pequena de capital arxentino. Os alicerces fundamentais do seu proxecto residen no xeito de abordar a comunicación, cuxa función principal consiste no respecto pola identidade cultural da sociedade na que se actúa; algo que pode servir de foro para comprender o potencial construtivo da publicidade no desenvolvemento social. Mentres o seu proxecto toma firmeza, en 1991 gaña o seu primeiro premio, un terceiro lugar no Premio Clarín á Creatividade en Xornais. Este sería o inicio dun longo camiño de recoñecementos que axudarían ao asentamento e crecemento do seu proxecto. Por eses anos constrúe unha afamada dupla con Darío Lanis que será premiada tanto nacional como internacionalmente; ao mesmo tempo conforma un equipo de traballo con mozos notables como: Juan Cravero, Carlos Bayala, Pablo del Campo, Gustavo Taretto, Fernando Tchechenitsky e Álvaro Fernández Mendy. En 1993 finalmente funda a súa primeira axencia de publicidade. En 1994 ingresa na xerarquía creativa de axencias da Cámara Arxentina de Anunciantes, ocupando o décimo primeiro lugar do país. En 1995 participa por primeira vez nun concurso para a creación dunha campaña política e consegue o primeiro posto; realiza a súa primeira campaña política e gaña a correspondente elección. Con todo, o seu traballo no campo da comunicación no mercado de produtos e servizos continúa acumulando numerosos premios. En pouco tempo obterá un León de Prata en TV no Festival de Cannes, un Ouro en TV no London Festival, un Lapis de Ouro e un de Platino, ademais do Grand Prix na FIAP, e ouros en TV e na radio no mesmo festival. Tamén foi premiado en México, Brasil, Colombia, ademais doutros recoñecementos que recibiría en festivais como o de Nova York ou no Círculo de Creativos da Arxentina. O primeiro sitio WEB (website) de Souto resulta Prata no London Festival e na FIAP. Durante 1999 decide fundar unha nova compañía, Adlatina.com, un portelo de Internet dedicado á publicidade e mercadotecnia.
Mecadotecnia política
[editar | editar a fonte]Carlos Souto principia a súa experiencia no campo da publicidade política en 1995 e, dende entón, o equipo de profesionais que lidera acompaña cada un dos momentos máis importantes da historia das eleccións arxentinas. Ao longo da súa carreira e grazas ao seu recoñecido traballo, Carlos Souto é convocado para as máis importantes campañas políticas da Arxentina, onde acada varios éxitos memorables. Gaña dúas eleccións presidenciais, dúas eleccións para Alcalde de Buenos Aires, unha para Gobernador na Provincia de Mendoza e recentemente unha elección lexislativa de medio termo na Provincia de Buenos Aires. Ten a oportunidade de ser o responsable da comunicación institucional de varias xestións de Goberno e de asesorar en situacións de crise a diversos políticos e empresarios. O seu traballo no campo electoral é recoñecido pola calidade creativa das súas pezas audiovisuais, así como polos anuncios na vía pública e polos estándares aplicados á produción. Moitos dos comerciais que realizou na súa carreira xa son parte do acervo cultural e do eido das comunicacións no seu país.
Campañas políticas
[editar | editar a fonte]Ano | Candidato | Cargo |
1996 | Fernando de la Rúa | Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires |
1998 | Fernando de la Rúa | Internas Alianza |
1999 | Fernando de la Rúa | Presidente da Arxentina |
2000 | Aníbal Ibarra | Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires |
2003 | Carlos Menem | Presidente da Arxentina |
2003 | Julio Cobos | Gobernador da Provincia de Mendoza |
2005 | Luis Brandoni | Senador da Provincia de Buenos Aires |
2007 | Jorge Telerman | Xefe de Goberno da Cidade de Buenos Aires |
2007 | Francisco de Narváez | Gobernador da Provincia de Buenos Aires |
2009 | Francisco de Narváez | Deputado da Provincia de Buenos Aires |
Premios
[editar | editar a fonte]No ano 2000, Carlos Souto foi premiado co León de Prata no Festival de Cannes. Ademais, leva gañados premios nacionais e internacionais, tanto no eido da política, como polas súas pezas de comunicación; algúns destes menciónanse a continuación:
- Cannes International Advertising Festival > León de Prata - TV - Categoría Institutos de Ensino
- London International Advertising Awards > Ouro - Televisión - Categoría Retail Services
- London International Advertising Awards > Prata - Internet - Categoría Web Sites
- London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Humor
- London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Direction /Dialogue
- London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Corporate
- London International Advertising Awards > Finalista - Televisión - Categoría Low Budget
- New York Festivals > Bronce - Televisión - Categoría Servizos
- New York Festivals > Bronce - Televisión - Categoría Retail Dealers
- New York Festivals > Finalista - Televisión - Categoría Best Humorous Spot
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Grand Prix - Radio - Todas as categorías
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Ouro - Radio - Categoría Servizos
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Ouro - Televisión - Categoría Institutos de Ensino
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Prata - Radio - Categoría Campañas
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Sol de Prata - Internet - Categoría Web Sites
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista. Televisión. Categoría Campaña de Servizos
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista - Radio - Categoría Campañas de Servizos
- FIAP - Festival Iberoamericano de Publicidade > Finalista - Radio - Categoría Institutos de Ensino
- The One Show > The One Show Merit Award
- Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Ouro - Televisión - Categoría Servizos
- Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Ouro - Televisión - Categoría Educación
- Festival Brasileiro de Propaganda > Lámpada de Prata. Radio. Categoría Servizos
- Festival Mundial de Publicidade de Gramado > Galo de Prata. Radio. Categoría Educación
- Festival da Creatividade de México > Grand Prix - Televisión
- Festival da Creatividade de México > Aguia de Ouro - Televisión - Categoría Escolas e Institutos
- Festival da Creatividade de México > Aguia de Bronce - Televisión - Categoría Escolas e Institutos
- Dial de Ouro Iberoamericano > Segundo Gran Dial de Ouro - Radio - Todas as categorías
- Dial de Ouro Iberoamericano > Dial de Ouro - Radio - Categoría Servizos
- Círculo de Creativos Arxentinos > Dente de Ouro - Televisión - Categoría Servizos
- Lapis de Ouro > Lapis de Ouro - Radio - Categoría Institucións de Ensino
- Lapis de Platino > Lapis de Platino - Radio - Todas as categorías
- Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Primeiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria
- Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Primeiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Libros Escolas Universidades
- Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Segundo Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria, Branco, Lencería
- Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Terceiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria
- Premio Clarín á Creatividade en Xornais > Terceiro Premio - Gráfica Branco e Negro - Categoría Indumentaria
- Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 1º premio - Categoría Institucional
- Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 1º premio - Categoría Entidades Financeiras
- Concurso Nacional de Publicidade en Radio > 2º premio - Categoría Entidades Financeiras
- Premio Éter á Actividade Radiofónica
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Carlos Souto
- La Ese
- Alberto Borrini, Google books.
- Gustavo Martínez Pandiani, Google books.
- Ernesto Semán, Google books.
- Marcelo Bonelli, Google books.