Enderezo IP
Un enderezo IP é un número único, tal como un número de teléfono, usado por máquinas (normalmente computadores) para se comunicaren entre si enviando información pola Internet ou por redes locais.
Converter estes números de forma que un humano comprenda mellor, a forma de enderezos de dominio, tal como www.wikipedia.org, é feito polo DNS. O proceso de conversión é coñecido como resolución de nomes de dominio.
Notación
[editar | editar a fonte]Os enderezos IP, que identifican todos os hosts nunha rede, posibilitan o enderezo e entrega dos datos ao host (máquina) correcto. Os datos son movidos baixo a forma de datagramas. Cada datagrama entrégase ao enderezo indicado no campo "Destination Address", na cabeceira do datagrama.
O enderezo IP é un número de 32 bits en IPv4 e está asociado un único sistema ligado na rede. Para simplificar, estes números divídense en 4 octetos escritos en formato decimal (con punto):
- Exemplo: 213.141.23.22
O enderezo dunha rede (non confundir con enderezo IP) designa unha rede, e debe ser composto polo seu enderezo e respectiva máscara de rede (netmask).
Tipos de enderezos IP
[editar | editar a fonte]Existen catro tipos de enderezos IP:
Enderezo de broadcast
[editar | editar a fonte]Os enderezos broadcast permiten á aplicación enviar dados para todos os hosts dunha rede; tal clase enderezos é sempre o último posible na rede. Un caso especial é o enderezo 255.255.255.255 cuxo significado sería, caso fose permitido, o enderezamento de todos os hosts.
Clases de enderezos
[editar | editar a fonte]Orixinalmente, o espazo do enderezo IP foi dividido en poucas estruturas de tamaño fixo chamados de "clases de enderezo". As tres principais son a clase A, clase B e clase C. Examinando os primeiros bits dun enderezo, o software do IP consegue determinar rapidamente cal é a clase, e logo, a estrutura do enderezo.
- Clase A: Primeiro bit é 0 (cero)
- Clase B: Primeiros dous bits son 10 (un, cero)
- Clase C: Primeiros tres bits son 110 (un, un, cero)
- Clase D: (enderezo multicast): Primeiros catro bits son: 1110 (un, un, un,cero)
- Clase E: (enderezo especial reservado): Primeiros catro bits son 1111 (un, un, un, un)
A seguinte táboa contén o intervalo das clases de enderezos IPs
Clase | Gama de Enderezos | N.º Enderezos por Rede | ||
---|---|---|---|---|
A | 0.1.0.0 ata 126.0.0.0 | 16 777 216 | ||
B | 128.0.0.0 ata 191.255.0.0 | 65 536 | ||
C | 192.0.1.0 ata 223.255.255.0 | 65 536 | ||
D | 224.0.0.0 ata 239.255.255.255 | multicast |
Clases especiais
[editar | editar a fonte]Existen clases especiais en Internet que non son consideradas públicas, i.e., non son consideradas como enderezábeis.
Clase de loopback (lugar/local)
[editar | editar a fonte]O enderezo de loopback local (127.0.0.0/8) permítelle á aplicación-cliente enderezar ao servidor na mesma máquina sen saber o enderezo do host, chamado de "enderezo local".
Na pilla do protocolo TCP/IP, a información flúe para a capa de rede, onde a capa do protocolo IP reencamiña de volta a través da pilla. Este procedemento esconde a distinción entre ligazón remota e local.