Calcáneo
Calcaneus | ||
---|---|---|
Articulación subtalar | ||
Calcáneo esquerdo, superficie lateral | ||
Latín | Os calcis | |
Gray | tema #63 263 |
O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboide, con seis caras.
Cara superior
[editar | editar a fonte]Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: posteroexterna e anterointerna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcaneocuboide superior, o ligamento chave e o músculo plantar.
Cara inferior
[editar | editar a fonte]Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insértase o ligamento calcaneocuboide inferior.
Cara posterior
[editar | editar a fonte]Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.
Cara anterior
[editar | editar a fonte]Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto, na articulación calcaneocuboide.
Cara interna
[editar | editar a fonte]Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibiocalcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculo nervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.
Cara externa
[editar | editar a fonte]É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.
-
Calcáneo esquerdo, superficie superior.
-
Calcáneo esquerdo, superficie inferior.
-
Calcáneo esquerdo, superficie interna.