Bululú
Bululú | |
---|---|
Personaxe de Literatura e teatro tradicional galego, castelán e iberoamericano | |
Retrato de Agustín de Rojas Villandrando na portada da súa obra, "El viage entretenido", unha das primeiras obras en que aparece. Barcelona, 1624. Biblioteca Nacional de España. | |
Primeira aparición | Século XVI |
Última aparición | Aínda presente na cultura contemporánea |
Interpretado por | Varios ao longo do tempo |
Aparición | Século XVI |
Información | |
Nacemento | Reino de Galiza, tamén presente no resto da Península Ibérica, especialmente na Coroa de Castela, e en Iberoamérica |
Especialidade | Monologuista, teatro en solitario |
Ocupación | Actor, recitador |
O bululú era un solitario actor ou humorista que viaxaba a pé de cidade en vila realizando breves representacións, interpretando todos os personaxes que aparecían na loa, farsa ou entremés escollidos do seu variado repertorio (en palabras de Francisco de Quevedo), un «bufo farandulero miserable»). A súa orixe sitúase no Reino de Galicia cara a finais do século XVI, aínda que o espírito do personaxe debeu estar inspirado nos xograres italianos medievais e no teatro isabelino renacentista.[Cómpre referencia]
Termo
[editar | editar a fonte]Uso na literatura
[editar | editar a fonte]O bululú aparece citado en El viaje entretenido,[1] de Agustín de Rojas Villandrando, en 1603, onde se recollen até oito tipos de compañías de teatro ambulante da época: bululú, ñaque, gangarilla, cambaleo, garnacha, bojiganga, farándula e compañía.
Na entretida descrición de Villandrando (presentada como un diálogo teatral), menciónase ao cura da vila como un 'empresario' improvisado e eficiente que preparará a representación do cómico forasteiro e organizará a recollida de moedas do público ocasional, na que segundo Rojas "non poderán faltar o barbeiro e o sacristán" (hipérbole de público diminuído). As loas e entremeses terían lugar nunha praza ou rúa da vila, e se for posible sobre un cofre ou obxecto similar que servise de escenario mínimo. A maior graza e destreza do humorista, que presentará cada un dos personaxes ao público, será darlle voz a todos, cambiando de rexistro tras os anuncios "agora sae a dama" ou "o galán constéstalle".
Aparece tamén en Estebanillo González, de 1646, e nas "Zahurdas" do seu libro dos Soños, Francisco de Quevedo escribía: «Los bufones en racimo son los faranduleros miserables de bululú».
Variantes
[editar | editar a fonte]A pesar da súa orixe galega, o termo non aparece nos dicionarios DRAG, DiGalego ou Dicionario de dicionarios de USC/UVigo.
En dicionarios de castelán aparecen as variantes bululú, bololó e boroló [2][3] referido ao comediante que representaba obras el só, mudando a voz, e tamén, especialmente en América Latina, barullo, rebumbio ou escándalo, escrito para esta acepción en portugués bololô.[4][5][6]
Bululú en La vida y hechos de Estebanillo González aparece como "tropa representativa de infantería" e coa grafía bolulu (noutras edicións posteriores aparece como bolulo, bolula, e no estudo sobre La novela picaresca española (1943), de Ángel Valbuena Prat, de novo como bolulu.
Nos Soños de Quevedo aparece coa mesma grafía que dan os dicionarios de castelán da RAE a partir de 1822, a empregada por Rojas Villandrando.
Uso contemporáneo
[editar | editar a fonte]A técnica elemental do bululú, dando vida camaleonicamente á súa narración e obrigando ao espectador a usar a súa imaxinación, foi recuperada séculos despois en montaxes populares actuais, como os dos cómicos televisivos ou os contacontos.
Foi un personaxe grotesco nunha das traxicomedias de Valle Inclán e un recurso habitual na obra de dramaturgos modernos como Dario Fo, e a finais dos anos 60 deu nome a un dos primeiros grupos de vangarda de teatro independente en Madrid.
Na Arxentina, durante a segunda metade do século XX, José María Vilches fíxose famoso baixo o nome artístico de El Bululú.
Nos primeiros anos do século XXI, existiu en Francia unha compañía de orixe arxentina con este nome.
En Madrid hai unha sala teatral e unha escola de cine e teatro con ese nome[7] e tamén se escribiron varias pezas co título "Bululú" ou "El bululú".[8]
En Valladolid unha compañía de Teatro chámase Bololó Teatro.[9]
Barriga verde publicou, a mediados do século XX, a revista Bululú. A revista dos Títeres.
Na Coruña hai unha editorial chamada Bululú que publica en galego e castelán.[10]
O autor Cándido Pazó escribiu O bululú do linier, estreada en Compostela en 1999 con Josito Porto, foi traducida tamén ao castelán e incluída no volume colectivo Al borde del área.[11][12]
A editorial pontevedresa Kalandraka publicou un libro infantil titulado Bulubú.[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El viaje entretenido (texto)
- ↑ "bululú". RAE (en castelán).
- ↑ ASALE. "bololó". «Diccionario de americanismos» (en castelán). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ S.A, Priberam Informática. "Bololô". Dicionário Priberam (en portugués). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "Dicionário Online - Dicionário Caldas Aulete - Significado de bololô". aulete.com.br (en portugués). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ Agostina (2020-07-24). "Bululú". easyespanol.org (en inglés). Consultado o 2023-03-11.[Ligazón morta]
- ↑ "Bululú2120 Escuela de interpretación en Madrid". Bululu2120 - Escuela de Interpretación en Madrid (en castelán). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "Descripción de Rafael Álvarez ‘el Brujo’ (consultado el 15 de agosto de 2013)". Arquivado dende o orixinal o 12 de septiembre de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2013.
- ↑ León, Junta de Castilla y. "Bololo Teatro". Bololo Teatro (en castelán). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "Editorial Bululú – Editorial de álbum ilustrado en galego e castelán na cidade de A Coruña.". Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "O bululú do linier". Librotea. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "Al borde del área". Libreria Yorick (en castelán). Consultado o 2023-03-11.
- ↑ "Bululú". Giménez de Ory, Beatriz; Cabassa, Mariona; kalandraka.com. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2023. Consultado o 2023-03-11.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrada no "Proxecto TC/12 sobre Patrimonio Teatral Español Acceso o 15 de agosto de 2013
- Notas sobre bululú no tesauro do CVC Consultado o 1 de outubro de 2013