Cándido Pazó
Cándido Pazó co premio ó mellor texto orixinal nos premios de teatro María Casares 2014. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Xénero artístico | Teatro |
Premios | |
Cándido Pazó González, nado en Vigo en 1960, é un autor, director de escena, narrador oral, e actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comeza a súa actividade como actor en 1975, vinculándose ao nacente movemento teatral da súa cidade e de Galiza, sendo un dos “benxamíns” das xeracións xurdidas arredor dos primeiros encontros da histórica Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. Foi membro fundador da compañía viguesa A Farándula, traballando en tódolos seus espectáculos ata a disolución desta en 1983.
Complementou o seu autodidactismo cunha formación por medio de pequenos cursos e seminarios. Asistiu ás clases de Philippe Gaulier en París. Logo dunha etapa de actor en diversas compañías e no CDG e de axudante de dirección (Eduardo Alonso en teatro; Octavio Gómez, Manuel Gómez Pereira, García Sánchez ou Miguel Gato en cine). Debutou como autor e director de escena con compañía propia, Tranvía Teatro en 1989 coa peza O melro branco.
A partir de entón escribe, dirixe ou fai adaptacións para varias compañías, especialmente Ollomoltranvía (resultado da fusión da súa compañía con Ollomol en 1993) pero tamén en Teatro do Malbarate, Teatro do Xalgarete, Títeres Tanxarina, Teatro do Noroeste, Teatro do Atlántico, Talía Teatro, CDG ou Teatro de Adro.
Está presente, con relatorios e traballos, nos máis importantes foros de reflexión e discusión sobre o feito teatral galego coma o TEATRAgal ou a Comisión Técnica de Teatro do Relatorio de Teatro e Música do Consello da Cultura Galega.
Foi parte dos dramaturgos europeos seleccionados para participar na Marathon Europea de Creación Teatral, proxecto de escritura dramática dentro do programa cultural Bruxelas 2000.
É, ademais, guionista para televisión (A familia Pita, Pratos Combinados, Mareas vivas) e dedícase tamén á narración oral, actividade emerxente hoxe en día en Galiza e pola que se sente especialmente seducido, estando presente en numerosos festivais e programacións de Europa e América Latina.
Pezas escritas estreadas e/ou publicadas
[editar | editar a fonte]- Arroutadas (1983). En colaboración con Carlos Cermeño. Estreada en Vigo en 1984 pola compañía A Farandula. Dirección de Eduardo Hernández.
- O melro branco (1989). Estreada en Vigo en 1989 pola compañía Tranvía Teatro, dirixida por el. Publicada na Editorial Bruño en 1991.
- Raíñas de pedra (1991). Estreada en Santiago en 1994 pola compañía Ollomoltranvía. Dirección de Hélder Costa. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1994.
- A mostra (1991). Estreada en Vigo en 1991 pola compañía Tranvía Teatro, dirixida por el.
- Xogos á hora da sesta (1992). De Roma Mahieu. Estreada en Ourense coa compañía Malbarate.
- Commedia, un xoguete para Goldoni (1993). Traballo de escritura e dramaturxia a partir dun canovaccio, a tradición da commedia e improvisacións nos ensaios. Estreada en Ribadavia por Ollomoltranvía en 1993, dirixida por el. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1994.
- Monstros de risa (1994). Texto para monicreques e marionetas. Estreado en Redondela en 1994 pola compañía Tanxarina, dirixida por el.
- O rei nu (Edicións Talía, 1995). En colaboración con Quico Cadaval. Estreada en Redondela pola compañía Ollomoltranvía, dirixida por el.
- O bululú do linier (1998). Estreada en Santiago de Compostela en 1999 pola comapañía Adro, dirixida por el. Publicada en castelán e como peza breve no volume colectivo Al borde del área da colección "Teatro Español Contemporáneo" da Deputación Provincial de Alacant.
- O último roedor (2000). Estreada en Bruxelas pola compañía belga Canadayr, dirección de Alain Watieu.
- Ñiquiñaque (2000). Estreada en Santiago de Compostela coa compañía Ollomoltranvía, dirixida por el. Publicado en 2003 por Xerais, xunto a O último roedor.
- Binomio de Newton (2002). Estreada en Santiago de Compostela coa compañía Teatro de Adro, dirixida por el. Premio María Casares ó mellor actor protagonista no 2003, a Xosé Manuel Olveira "Pico". Publicada en 2006 por Baía Edicións.
- Xustiza infinita (2002). Estreada en Boiro coa compañía Talía Teatro, dirixida por el.
- García (2007). Representada por Teatro do Adro, dirixida por el.
- A piragua (2007). Estreada en Santiago de Compostela co CDG, dirixida por el. Publicada en 2009 en Laiovento.
- E ti quen vés sendo? (2008). Estreada en Narón pola compañía Talía Teatro, dirixida por el.
- Historias tricolores (2009). Estreada en Santiago pola compañía Abrapalabra e dirixida por el.
- As do peixe (2013). Estreada na Illa de Arousa pola compañía Abrapalabra, dirección de Cristina Domínguez Dapena.
- A casa do avó (2014). Estreada en Redondela pola compañía de monicreques Tanxarina e dirixida por el.
- Demolición (2014). Estreada en Santiago pola compañía Talía Teatro e dirixida por el.
- Ra Ra Ra (2014). Estreada na Illa de Arousa pola compañía Abrapalabra e dirixida por el.
- Fillos do sol. Elucubración escénica nun acto e un epílogo (2021). Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-646-0.[1]
- Apaga o candil (2023). Homenaxe a Carlos Díaz O Xestal. Coproducido por Contraproducións e o FIOT.
Espectáculos doutros autores dirixidos por el
[editar | editar a fonte]- Nau de amores (1995). Textos de Gil Vicente. Estreada en Santiago de Compostela coa compañía do CDG.
- A secreta obscenidade de cada día (1996). De Marco Antonio de la Parra. Estreada en Vilagarcia de Arousa coa compañía Talía.
- Nano (1997). Textos de Suso de Toro. Estreada en Santiago de Compostela coa compañía Teatro de Adro.
- Contaloucos (1998). Textos de Therry Jones e Umberto Eco. Estreada en Redondela coa compañía de monicreques e actores Tanxarina.
- A farsa de Inés Pereira (1998). De Gil Vicente. Estreada na Coruña coa compañía Hac Luce da Universidade da Coruña.
- Círculo (1999). Textos de Suso de Toro. Estreada na Coruña en 1999 pola compañía Teatro de Adro.
- Policía (2001). De Slawomir Mrozek. Estreado en Santiago de Compostela coa compañía Ollomoltranvía.
- A paz do crepúsculo (2003). De Itziar Pascual. Estreado en Santurtzi coa compañía Talía Teatro.
Versións ou traducións teatrais estreadas e/ou publicadas
[editar | editar a fonte]- A pousadeira, de Carlo Goldoni. Estreada en Pontevedra en 1987 polo CDG Dirección de Ernesto Chao. Publicada en Edicións Xerais de Galicia en 1987.
- Parella aberta, de Dario Fo. Estreada nas Pontes en 1987 pola compañía Xalgarete. Dirección de Eduardo Alonso.
- Rei Lear, de Shakespeare. En colaboración con Eduardo Alonso. Estreada en Santiago de Compostela en 1990 por Teatro do Noroeste. Dirección de Eduardo Alonso.
- Xogos á hora da sesta, de Roma Mahieu. Estreada en Ourense en 1992 pola compañía Malbarate. Dirección Propia.
- Galileo Galilei, de Bertolt Brecht (en colaboración con Eduardo Alonso). Estreada en Santiago de Compostela en 1.993 por Teatro do Noroeste. Dirección de Eduardo Alonso.
- Vía láctea, de Ramón Mayrata. Estreada en Santiago de Compostela en 1993 por Produccións Máxicas. Dirección de Eduardo Alonso.
- As vodas de Fígaro, de Pierre-Augustin de Beaumarchais (en colaboración con Eduardo Alonso). Estreada en Santiago de Compostela en 1994. Dirección de Eduardo Alonso. Publicado en Edicións Xerais de Galicia.
- Monólogos, de Dario Fo e Franca Rame. Estreados en 1995 por Teatro do Xalgarete. Dirección de Cristina Domínguez.
- Tolos de amor, de Sam Shepard (en colaboración con Mabel Rivera). Estreada en 1995 por Teatro do Atlántico. Dirección de Xulio Lago. Publicado pola propia compañía en libro do espectáculo.
- Nau de amores, de Gil Vicente (traballo de dramaturxia, actualización lingüística e arranxo textual). Estreada en 1995 polo CDG. Dirección propia. Publicada polo CDG en libro do espectáculo.
- Escola de bufóns (tradución e dramaturxia) de Michel de Ghelderode. Estreada en Narón por Ollomoltranvía en 1996, baixo a dirección de Fabio Mangolini.
- Nano (selección de textos e adaptación en colaboración con Carlos Blanco e Josito Porto). Estreada en Santiago de Compostela en 1997.
- Marsal Marsal, de Sanchis Sinisterra. Estreada en Cee por Talía Teatro en 1988.
- Círculo, selección e adaptación a partir de textos de Suso de Toro. Estreada na Coruña en 1999.
- Memoria das memorias dun neno labrego, adaptación teatral a partir do libro de Xosé Neira Vilas (2011)
- Decamerón, adaptación teatral dalgúns dos contos do libro de Giovanni Boccaccio (2013)
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1989 por O Melro Branco.
- Premio Comostela 91 á Mellor Adaptación por O Rei Lear.
- Premio Compostela 93 á Mellor Dirección, por Commedia. Un xoguete para Goldoni.
- Premio de la Crítica do País Valencià 1994, por Commedia. Un xoguete para Goldoni.
- Premios María Casares 1998 á Mellor Adaptación e Mellor Dirección por Nano.
- Premio María Casares 2000 ao Mellor Texto Orixinal por O bululú do linier.
- Premio Max ao mellor texto en galego no 2002, por Ñiquiñaque.
- Premio María Casares 2003 ao Mellor Texto Orixinal, en colaboración con outros autores, por Bicos con lingua.
- Premio Max 2004 ao mellor texto orixinal en galego, en colaboración con outros autores, por Emigrados.
- Premio María Casares 2005 ao Mellor Texto Orixinal por García.
- Premio María Casares 2008 ao Mellor Texto Orixinal por A piragua.
- Premio María Casares 2014 ao Mellor Texto Orixinal por As do peixe.
- Premio de Honra da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2014.
- Premio da Cultura Galega no apartado das artes escénicas 2014.