Saltar ao contido

Bujumbura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBujumbura
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°22′57″S 29°21′40″L / -3.3825, 29.3611
EstadoBurundi
Província (pt) TraducirBujumbura Mairie Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación658.859 (2014) Editar o valor en Wikidata (7.613,35 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie86,54 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porLago Tanganica Editar o valor en Wikidata
Altitude774 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Cronoloxía
1871
1897 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Hefei (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webmairiebujumbura.gov.bi Editar o valor en Wikidata

Bujumbura ou Buiumbura[1], cidade cunha poboación estimada 330.504 habitantes (2005), é a cidade máis grande do Estado africano de Burundi e da provincia de Bujumbura Mairie, en África centro-oriental. Foi a capital do país ata 2019, cando esta se trasladou a Gitega.[2]

A cidade está situada ás beiras do lago Tanganica e é o seu centro, económico e de comunicacións. A súa área metropolitana abranxía 901.345 habitantes en 2005.

Urbanismo

[editar | editar a fonte]

O centro da cidade posúe as trazas dunha cidade colonial cun grande mercado, o estado nacional, unha grande mesquita e a sé catedral da arquidiocese de Bujumbura.

Hai varios museos, dos que compre salientar o Museo da Vida e o Museo Xeolóxico. Outras atraccións, xa nos arredores, son: o Parque Nacional Rusizi, o Monumento a Livingstone e Stanley en Mugere e as fontes do tributario máis meridional do Nilo, que os locais sinalan como nacemento mesmo dese magno río.

Bujumbura está dotada de praias excelentes sobre o lago Tanganica.

Bujumbura deixou de ser unha pequena aldea, cando se tornou nun asentamento militar da África Oriental Alemá no ano 1889. Despois da primeira guerra mundial converteuse no centro administrativo do mandato belga da Sociedade de Nacións en Ruanda-Urundi. O nome da cidade foi cambiado de Usumbura a Bujumbura cando Burundi conseguiu ser independente en 1962. Desde a independencia, Bujumbura ten sido escenario de frecuentes combates entre os dous principais grupos étnicos do país, con milicias hutus que se opoñen ao exército de Burundi, dominado polos tutsis.

Economía

[editar | editar a fonte]
Mercado en Bujumbura

Bujumbura é o porto máis importante de Burundi e embarca a maior parte dos principais produtos de exportación do país, como café, algodón, coiros e mineral de estaño. A súa industria produce cementos, tecidos e xabóns.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

Un ferryboat une Bujumbura con Kigoma en Tanzania, a través do lago Tanganica. A estrada, ou mellor pista, con 1.500 km de lonxitude, que a liga con Nairobi, Kenya, é a vía terrestre máis transitada, e por onde sae a maior parte dos produtos de exportación. Ademais posúe o Aeroporto Internacional de Bujumbura.

Educación

[editar | editar a fonte]

A cidade e sede da Universidade de Bujumbura, fundada en 1960.

  1. "Pautas para un correcto uso da linguaxe" (PDF). Universidade de Vigo. Consultado o 4 de setembro de 2016. 
  2. "Gitega é a nova capital política do Burundi" (en portugués). 24 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]