Brett Gurewitz
Nome orixinal | (en) Brett W. Gurewitz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de maio de 1962 (62 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
Educación | El Camino Real High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | compositor de cancións, produtor musical, emprendedor, guitarrista, compositor |
Período de actividade | 1979 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Punk rock |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Epitaph Records |
Brett W. Gurewitz, nado o 12 de maio de 1962, alcumado Mr. Brett, é o guitarrista e compositor de Bad Religion. Tamén é o dono do selo discográfico Epitaph Records e de varias etiquetas irmás. Produciu álbums para Bad Religion, ademais de para artistas de Epitaph como NOFX, Rancid ou Pennywise. Gurewitz tamén ten un proxecto chamado Error, que tamén conta con Atticus Ross, Leopold Ross e Greg Puciato. Ademais é o cofundador da editorial de cómics e novelas gráficas Black Mask Studios.
Gurewitz fundou Bad Religion en 1980 con Greg Graffin, Jay Bentley e Jay Ziskrout. Tras publicar dous álbums e un EP, Gurewitz deixou a banda en 1983, pero regresou tres anos despois e gravou cinco álbums máis coa banda antes de asinar con Atlantic Records en 1993. O éxito do seu selo levou a Gurewitz a deixar Bad Religion novamente en 1994, dirixindo Epitaph a tempo completo. Durante ese tempo fóra de Bad Religion editou o sinxelo "Hate You" en 1996 co seu proxecto Daredevils e entrou nun período de adición ás drogas. En 1999 Gurewitz completou con éxito o seu proceso de rehabilitación e finalmente volveu a unirse a Bad Religion en 2001 para compoñer e gravar o álbum The Process of Belief (2002).