Saltar ao contido

Biso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pinna nobilis aberta e co seu biso.

O biso[1] ou byssus é unha fibra natural obtida dos filamentos que segregan certos moluscos como a nacra (Pinna nobilis) para adherirse ás rocas na zona de marea. A súa elaboración desenvolvíase na área mediterránea (Tarento, Puglia —no sur de Italia— e a illa de Sardeña). Desde 1992 este molusco é unha especie protexida na Unión Europea e Croacia.[2]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O vocábulo biso, deriva do hebreo būṣ, 'liño fino'; do arameo bus; do grego βίσσος, 'un liño amarelado moi fino e o tecido que se obtén do'; do latín byssus, algodón fino. Así, orixinalmente, «biso» non só se refería ás secrecións dos moluscos senón tamén a diversos fíos finos —de liño, algodón ou seda— e os seus delicados tecidos.

Características

[editar | editar a fonte]

O biso é unha fibra extremadamente fina que cando se fía e se trata con zume de limón adquire unha cor dourada permanente.[3] Tecíanse prezados e custosísimos tecidos, coñecidos tradicionalmente como «biso» e na actualidade como «seda de mar», cos que se confeccionaban as roupas de personaxes importantes. Tamén se usaba a fibra para tricotar e conseguir xénero de punto.[4]

Así mesmo o biso tiña propiedades terapéuticas ben coñecidas polos pescadores; grazas ás súas potentes propiedades hemostáticas era usado para a curación das feridas que os pescadores frecuentemente sufrían cos aparellos para a pesca. Tamén se usaba para curar a otite.[5]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para biso.
  2. K. Wells & J. Winder (ed.). "Sea-silk — Revival of a rare textile" (PDF). The University of Leeds. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2019. Since 1992 it has been protected in the European Union and in Croatia 
  3. "Sea silk". Infosources.org. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2019. These are then spun and when treated with lemon juice turn a beautiful golden colour which never fades 
  4. K. Wells & J. Winder (ed.). "Sea-silk — Revival of a rare textile" (PDF). The University of Leeds. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de setembro de 2012. Consultado o 29 de marzo de 2019. Most of them are knitted; some are woven or have a fur-like aspect 
  5. Ferrés (2014), p. 69

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Campi, E. (2004). La seta del mare: il bisso: storia, cultura, prospettive (en italiano). Tarento: Scorpione Editrice. ISBN 978-8880991380. 
  • Cingolani, Rossana (2014). Chiara Vigo, l'ultimo Maestro di Bisso Marino, (en italiano). Sassari: Carlo Delfino editore. 
  • Delehaye, Eduardo (2016). Il bisso una fibra misteriosa fra storia e letteratura (en italiano). Sassari: Carlo Delfino editore. ISBN 978-8871389042. 
  • Ferrés Gurt, Lluís (2014). La isla olvidada (en castelán). Barcelona: Editorial Juventud. ISBN 978-84-261-4132-3. 
  • Fabbroni, A. (1783). Del Bombice e del Bisso degli antichi (en italiano). Perugia: Stamperia do Costantini. 
  • Lavazza, Susanna (2012). Dal buio alla luce, il bisso marino e Chiara Vigo (en italiano). Trevignano Romano: Cartabianca Publishing. ISBN 978-8888805016. 
  • Lavazza, Susanna (2014). Chiara Vigo - L'ultimo Maestro di bisso (en italiano). Sassari: Carlo Delfino editore. ISBN 978-8871387857. 
  • Lazzarini, P. (1950). Bisso e porpora: il b. Angelo Orsucci, domenicano lucchese (martire nel Giappone) (en italiano). Turín: Società Editrice Internazionale. 
  • Mäder, Felicitas (outono 2002). "The project Sexa-silk – Rediscovering an Ancient Textile Material". Archaeological Téxtiles Newsletter (35): 8–11. ISSN 0169-7331. 
  • Mäder, Felicitas; Hänggi, Ambros; Wunderlin, Dominik, eds. (2004). Bisso marino: Fili d’oro dal fondo del mare. (italiano e alemán). Basilea, Suíza / Milán: Goldene Fäden vom Meeresgrund. Naturhistorisches Museum e Museum der Kulturen. ISBN 978-8874391141. 
  • McKinley, Daniel L. (xuño 1988). "Pinna and Her Silken Beard: A Foray Into Historical Misappropriations". Ars Textrina: A Journal of Textiles and Costumes (Winnipeg, Canadá) 29: 9–223. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]