Saltar ao contido

Batalla do mar de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla do mar de Xava

Bombas dos avións xaponeses caendo preto do cruceiro lixeiro neerlandés HNLMS Java.
Data: 27 de febreiro de 1942
Lugar: mar de Xava
Conflito: Segunda guerra mundial
Desenlace: vitoria xaponesa
Combatentes
Países Baixos
Estados Unidos
Reino Unido
Australia
Xapón

A batalla do mar de Xava foi unha decisiva batalla naval na campaña do Pacífico durante a segunda guerra mundial, que selou o destino das Indias Orientais Neerlandesas.

Barcos aliados sufriron unha desastrosa derrota a mans da Armada Imperial Xaponesa o 27 de febreiro de 1942, e en accións secundarias os días seguintes. O comandante da forza de ataque do Comando Americano-Británico-Neerlandés-Australiano, o contraalmirante Karel Doorman morreu durante o enfrontamento. Tras a batalla producíronse varios enfrontamentos máis pequenos ao redor de Xava, incluído a menor pero tamén significativa batalla do estreito de Sunda.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.