Saltar ao contido

Bagel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bagel sinxelo

O bagel (ás veces tamén beigel; en yiddish בײגל beygl) é un pan elaborado tradicionalmente de fariña de trigo e que adoita ter un burato no centro. Antes de ser enfornado, cocíñase en auga fervente, dando como resultado un pan denso cunha tona exterior lixeiramente crocante.

A masa a miúdo saboréase con diferentes produtos tales como sal, cebola, allo, ovo, pumpernickel, centeo. Existen algunhas variedades non tan tradicionais como: tomate, salvado, queixo, comiño e muesli, entre outros. Os bagels poden estar cubertos de sementes de sésamo ou durmideira, cebolas ou allos secos, sal gordo, ou de todo ao mesmo tempo (en inglés "everything bagels", bagels con todo).

A orixe do bagel é descoñecida, malia existeres referencias datadas en 1683 que sitúan a súa orixe na Europa Central, cando un panadeiro de Cracovia elaborou o alimento e llo ofreceu como agasallo ao rei de Polonia Xoán III Sobieski para celebrar o seu triunfo sobre os turcos. A súa elaboración realizárase en forma de estribo como homenaxe á cabalería, polo que se lle deu o nome de "Beugal" (estribo).

Posteriormente, o alimento popularizouse entre a comunidade xudía a mediados do século XIX, cando panaderías de Londres comezaron a comercializarlo regularmente en tres unidades. Posteriormente, a emigración á América do Norte de cidadáns europeos e xudeus favoreceu a implantación do alimento e maila súa comercialización.

Preparación

[editar | editar a fonte]
Bagel servido nun restaurante de París
Bagel con salmón

O bagel tradicional adoita realizarse con fariña de trigo, sal, auga, e lévedo. Existen variantes da receita que lle engaden un chisco de doce (normalmente malte, azucre ou mel) ao bagel durante a elaboración.

Normalmente mestúranse os ingredientes para formar unha masa. A partir da masa vanse facendo os bagel segundo a forma tradicional cun burato no medio. Despois déixanse durante 12 horas a baixa temperatura, e logo cócense en auga que non conteña aditivos. Finalmente, métense no forno a temperatura alta.

Variedades

[editar | editar a fonte]

Na América do Norte os dous estilos máis coñecidos para os bagel tradicionais son ao estilo de Montreal e ao estilo de Nova York. O de Montreal emprega malte e ovo mais non sal, cócese en auga con mel antes de ser enfornado nun forno de madeira e adoita ter por riba sésamo. Por outra parte, o de Nova York contén sal e malte, e cócese en auga antes de ser enfornado nun forno convencional. A textura e sabor é diferente, sendo o de Montreal crocante e algo máis doce, e o Nova York máis esponxoso. Ademais do bagel normal, tamén se lle engade por riba da masa coma sementes de sésamo, comiño, cebola, sal de pretzel ou allo entre outros.

O bagel pode comerse só, o máis habitual é que adoiten cortarse e consumirse como se fosen bocadillos. Tradicionalmente adoitan encherse de crema de queixo, salmón ao estilo Lox, tomate ou cebola. Tamén pode introducirse recheo coa intención de hacer bocadillos para o almorzo coma ovo, queixo, xamón e outros engadiduras, e outra variante dos chamados "pizza bagels".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]