Astacus astacus
Aparencia
Cangrexo nobre | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cangrexo nobre, Astacus astacus | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
O cangrexo nobre,[1] Astacus astacus, é un cangrexo de río da familia Astacidae.[2] Habita os ríos de Europa, se ben hai países onde foi introducido, como Reino Unido, Luxemburgo, Ucraína, Chipre, Liechtenstein e posiblemente en Italia e Montenegro.[2] Fóra de Europa introduciuse en Marrocos.[2] A cor da súa parte dorsal varía entre a marrón verdosa e a marrón escura, sendo a súa cara ventral máis clara, de cor arroibada-alaranxada.[3] Os exemplares adultos poden superar os 10 cm de lonxitude.[3]
Esta especie encóntrase ameazada pola afanomicose, o dragado de cursos de auga e pola choiva ácida.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 8 de xullo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Edsman, L., Füreder, L., Gherardi, F. & Souty-Grosset, C. (2010). "Astacus astacus". IUCN Red List of Threatened Species. Version 2011.2 (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2011.
- ↑ 3,0 3,1 Crayfish of Romania. "Astacus astacus (Linnaeus 1758)" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Astacus astacus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Astacus astacus |