Saltar ao contido

Arrecife Kingman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaArrecife Kingman
(en) Kingman Reef Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
Área insular dos Estados Unidos
Arrecife de coral Editar o valor en Wikidata
EpónimoW. E. Kingman (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorEdmund Fanning (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas da Liña Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPolinesia Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIllas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 6°23′00″N 162°25′00″O / 6.3833, -162.4167
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altovalor descoñecido Editar o valor en Wikidata  (1,5 m Editar o valor en Wikidata )
Superficieterra: 0,012 km² Editar o valor en Wikidata
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 300045 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1860 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
14 de xuño de 1798 primeiro avistamento, ⇒ Edmund Fanning (en) Traducir
29 de novembro de 1853 Descrición
10 de maio de 1922 Anexión Editar o valor en Wikidata
Data de descuberta ou invención1798 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorUnited States Fish and Wildlife Service (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Kingman Reef, en galego: Arrecife Kingman, é un pequeno arrecife de coral tropical de 1 km² de superficie, situado ao norte do océano Pacífico, aproximadamente a medio camiño entre Hawai e Samoa Americana, ó redor de 920 millas náuticas ao sur de Honolulu. (6°24' N, 162°24' O). Forma parte do conxunto das Illas da Liña.

En 1789 foi descuberto polo capitán do navio Betsey, Edmund Fanning, que estivo a piques de encallar. A posición foi fixada en 1853, polo norteamericano W.E. Kingman do Shooting Star, que deixou o seu nome, aínda que tamén foi coñecida como Danger Rock.

É a fronteira norte da liña de illas do Pacífico e un territorio non incorporado dos Estados Unidos administrado en Washington, D.C. pola Armada dos Estados Unidos, anexado en 1922. O arrecife está pechado ao público, xa que as autoridades norteamericanas non permiten a visita deste territorio.

Ás veces, a súa franxa costeira pode chegar a tres quilómetros de circunferencia, con todo o punto máis alto do arrecife é dun metro sobre o nivel do mar, polo que o arrecife se atopa case permanentemente mollado ou alagado o que supón un gran risco para o tráfico marítimo. Non ten recursos naturais, está deshabitado e non xera ningún tipo de actividade económica. O arrecife contén unha profunda lagoa interior que foi usada en 1937 e 1938 como unha estación intermedia entre Hawai e a Samoa Americana polos hidroavións da aeroliña Pan Am. A finais dos anos 30, Pan American planeou ancorar un hotel flotante en Kingman e usar o arrecife como unha parada para os seus hidroavións no seu camiño cara a Nova Zelandia pero a idea foi abandonada.