Saltar ao contido

Ariq Böke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAriq Böke

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1219 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte1266 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
Imperio Mongol Editar o valor en Wikidata
Khan (título)
Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónKhan (título) Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaChingissid (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeElchiqmish Editar o valor en Wikidata
FillosQ38962444, Alitiemuer, Yomuqur Editar o valor en Wikidata
PaisTolui Editar o valor en Wikidata  e Sorkaktani Editar o valor en Wikidata
IrmánsKhublai Khan
Hulagu Khan
Hududu
Bochuo
Moge
Suigedu
Xuebietai
Mongke
Dumugan
Yesubuhua Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNew History of Yuan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Tolui-4

Ariq Böke (Após 1219–1266), os compoñentes do seu nome tamén soletreados Arigh, Arik e Bukha, Buka (Mongol: Аригбөх; chinés: 阿里不哥), foi o sétimo e máis novo fillo de Tolui (1192–1232), un fillo de Xenxis Khan. Despois da morte do seu irmán o Gran Khan Möngke, Ariq Böke reclamou o título do Gran Khan do Imperio Mongol e tomou brevemente o poder mentres os seus irmáns Kublai (máis coñecido como Kublai Khan) e Hulagu (máis coñecido como Hulagu Khan) estaban ausentes de Mongolia. Cando Kublai regresou para unha elección, en 1260, as faccións rivais non puideron chegar a un acordo, e elixiron simultaneamente a Kublai e Ariq Böke para o trono, o cal resultou na Guerra Civil Toluida, que fragmentou o Imperio Mongol. Ariq Böke foi apoiado polos traditionalistas do Imperio, mentres que o seu irmán Kublai Khan foi apoiado polos príncipes maiores de Manchuria e a China do Norte.

Primeiro anos

[editar | editar a fonte]

Ariq Böke foi o fillo máis novo de Sorghaghtani Beki e Tolui, o fillo máis novo de Xenxis Khan. Cando Genghis morreu en 1227, o liderado do Imperio pasou ao terceiro fillo de Genghis (o tío de Ariq Böke), Ögedei. El asistiu pacificamente á elección tanto do seu tío, Ögedei, como á do sucesor deste, o seu fillo máis novo, Güyük. Despois de que o seu irmán máis vello Möngke foi entronizado en 1250, a súa familia deviña aínda máis potente entre os chinguísidas. Ariq Böke tamén é coñecido por ser tolerante cara ao cristianismo; isto é sabido polo relato de do franciscano Guillerme de Rubruck, quen foi un enviado de Lois IX de Francia.

Loita de sucesión

[editar | editar a fonte]

Gran Khan

[editar | editar a fonte]
Arik Buka derrota Alghu-Rashid al'Din, Jami al Tavarikh[1]

Cando a Khan Ögedei morreu, a loita polo poder entrou en erupción, co liderado pasado ao fillo de Ögedei, Güyük en 1246, aínda que este morreu só dous anos máis tarde, en 1248. Despois doutra loita, os fillos de Tolui, o irmán de Ögedei, tomaron o poder. O primeiro foi Möngke, quen procedeu, con Kublai, a conquistar China do Sur e a dinastía Song do sur. O seu irmán Hulagu liderou o avance Mongol cara ao oeste, conquistando Bagdad e chegando ata Siria e Palestina. Durante este tempo, todos os asuntos domésticos do imperio ficaron baixo o control do seu irmán Ariq Böke.

Ariq Böke na grafía tradicional mongol

Cando Möngke morreu en 1259, Ariq Böke foi elixido Khan en ausencia dos seus irmáns, e tivo o apoio da maioría dos ministros e familias poderosas da capital de Karakorum, como a familia Möngke e outros príncipes da familia de Ouro xunto con outras forzas da capital de Karakorum, incluíndo as escoltas reais Torguud  e as elites da Horda Branca, así como os oirates, que eran aliedos del tan pois que un dos líderes oirate estaba casado coa súa filla. Con todo, cando Kublai e Hulagu recibiron a noticia da morte de Möngke, abortaron as súas batallas para regresar á capital a decidir o asunto da sucesión. En maio de 1260, Kublai foi elixido Khan polos seus propios seguidores, para rivalizar co reclamación de Ariq Böke. Así comezou unha guerra civil entre os irmáns polo liderado do Imperio. Por exemplo, cando o Khanato Chagatai necesitou un novo líder, Kublai tentou enviar Abishqa, quen era leal a el. Mais Ariq Böke capturou Abishqa e finalmente matouno, e no seu lugar puixo o seu propio aliado Alghu. Ariq Böke ordenou a Alghu defender a área de ambas as forzas de Hulagu, e a posíbel presenza de Berke da Horda Dourada. Mais Alghu desertou deixando Ariq Böke, mentres Kaidu ficou leal. Alghu e Ariq Böke pronto entraron en conflito directo, e finalmente Ariq Böke forzouno a fuxir cara ao oeste.

Rendición

[editar | editar a fonte]

Finalmente, como a guerra continuaba entre Ariq Böke e o seu irmán Kublai, as forzas de Ariq Böke debilitáronse. Kublai tiña poderosas tropas de cabalaría mongois, continxentes alanos e turcos e unha numerosa infantaría chinesa e goryeo. O seguidor de Kublai, Kadan, un fillo de Ögedei, esmagou as forzas de Ariq Böke baixo o xeneral Alandar, e Ariq Böke perdeu dúas veces o control da capital de Karakorum. Kublai tamén bloqueou todo o comercio cara a Mongolia desde a China do Norte, para cortar a súa subministración de alimentos. Ariq Böke finalmente entregouse a Kublai en 1263. Foi encarcerado por Kublai e morreu misteriosamente uns cantos anos após a súa rendición, o que produciu rumores que fora envelenado.[2]

Temgha de Ariq Böke.

Segundo o erudito David Morgan, "Ariq Böke pode ser visto como representante dunha influente escola de pensado entre o mongois, á cal opúxose Kublai coas súas accións e actitudes após 1260. Algún mongois sentían que había un perigoso corremento cara a suavidade, tipificada naqueles como Kublai que pensaban que había algo que dicir da civilización sedentaria e do xeito chinés de vida. Na opinión tradicionalista, o centro mongol debía ficar en Mongolia, e a vida nómade mongol debía ser preservada sen contaminación. China soamente debía ser explotada.

Ariq Böke veu a ser considerado como o líder desta facción."[2] Este legado foi continuado por Kaidu (Khaidu). A pesar de que Ariq Böke perdeu poder, algúns do seu descendentes máis tarde converteronse en figuras importantes no ilkanato e na dinastía Yuan do norte, pois a liñaxe tanto do Ilkhan Arpa Ke'un como de Yesüder pode remontarse até Ariq Böke.

  1. Miskin (1596).
  2. Morgan 2007, pp.104–105

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]