Anelytropsis papillosus
Anelytropsis papillosus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anelytropsis papillosus | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Anelytropsis papillosus Cope, 1885 |
Anelytropsis papillosus é unha especie de réptil da orde dos escamosos e suborde dos lacertilios, a única integrada no xénero Anelytropsis, un dos dous que comprende a familia dos dibámidos.[2][3]
Trátase dunha especie rara da que se coñecen moi poucos espécimes.[1] Pola súa aperencia externa seméllase ás anfisbenas, pero están afastados filoxeneticamente delas.[4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Tanto o xénero como a especie foron taxons descritos en 1885 polo paleontólogo e notábel especialista en anatomía comparada, así como en herpetoloxía e ictioloxía estadounidense Edward Drinker Cope,[2][3] no seu traballo "A contribution to the herpetology of Mexico", publicado en Proceedings of the American philosophical Society, 22: 379–404. BHL.[5]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]O nome científico Anelytropsis foi proposto (por Cope) para xustificar o da familia denominada Anelytroapidae Cope, a cal baseábase en Anelytrops Duméril, como sinónimo da familia Feylinia Gray. Nin Duméril nin Cope discutiron a etimoloxía do nome, pero aparentemente deriva da unión dos termos do grego antigo ἀνά aná, "arriba","sobre", "en riba de"; ἓλυτρον élytron, "envoltura", "funda", "vaíña", e ὥψ ops, "vista", "ollo".[6]
Nome expecífico
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, papillosus procede do adxectivo latino papillosus, "papiloso", en referencia ás papilas presentes nas escamas da parte anterior da cabeza.[7]
Nome vulgar
[editar | editar a fonte]Na maioría da bibliografía internacional dáselle á especie o nome de lagarto cego mexicano (como en inglés Mexican blind lizard,[8] ou en castelán Lagartija-ciega mexicana.[3]).
Clasificación
[editar | editar a fonte]Como quedou dito, o xénero Anelytropsis é monotípico, polo que só comprende unha especie:
- Anelytropsis papillosus Cope, 1885 .
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun pequeno lagarto (ten unha masa corporal máxima de 110,99 g),[9] insectívoro, de corpo longo, cilíndrico e delgado, adaptado para escavar no solo,[10] e cunha aparente falta de extremidades.[11] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[11][12]
O seu cranio está rixidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama,[12] o que xustifica o seu nome vulgar.
Hábitat, distribución e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Anelytropsis papillosus é unha especide forestal que habita no solo de bosques tropicais húmidos e en bosques caducifolios de rexións semiáridas, tanto en bosques primarios como en secundarios cerca dos primarios. É endémica do leste de México onde se escontra nos estados de Tamaulipas, Veracruz, San Luís Potosí, Querétaro e Hidalgo, en altitudes entre os 300 e os 500 m. A súa poboación, aínda que parece ser abundante, está ameazada pola deforestación do seu hábitat para a súa conversión en terras agrícolas (cultivos e pasteiros).[1]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta a súa ampla área de distribución, a presumíbel gran poboación e porque é improbable que esta estea, a pesar da deforestación do seu hábitat, a diminuír o suficientemente rápido como para poder clasificarse nunha categoría máis ameazada, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupoante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Canseco-Márquez, L., Mendoza-Quijano, F. & Ponce-Campos, P. (2007): Anelytropsis papillosus na Lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 6 de novembro de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Genus Anelytropsis Cope, 1885 en The Taxonomicon.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Anelytropsis Cope, 1885 no ITIS.
- ↑ Reeder, T. W.; Townsend, T. M.; Mulcahy, D. G.; Noonan, B. P.; Wood, P. L.; Sites, J. W.; Wiens, J. J. (2015). "Integrated analyses resolve conflicts over squamate reptile phylogeny and reveal unexpected placements for fossil taxa". PLoS ONE 10 (3): e0118199. doi:10.1371/journal.pone.0118199.
- ↑ Anelytropsis en wikispecies.
- ↑ Campbell, Howardw (1974): Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Anelytropsis Cope. Mexican blind lizard.
- ↑ Campbell, Howardw (1974): Catalogue of American Amphibians and Reptiles. Anelytropsis papiloosus Cope. Mexican blind lizard.
- ↑ Ver os exemplos citados aquí, nas referencias.
- ↑ Mexican Blind Lizard. Anelytropsis papillosus Cope 1885 na EOL.
- ↑ Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6.
- ↑ 11,0 11,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807.
- ↑ 12,0 12,1 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anelytropsis papillosus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anelytropsis papillosus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cope, E. D. (1885): "A contribution to the herpetology of Mexico". Proceedings of the American philosophical Society, 22: 379–404. BHL
- Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of herpetology, 19 (1): 116–156. Resume
- Townsend, T. M.; Larson, A.; Louis, E. & Macey, J. R. (2004): "Molecular phylogenetics of Squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". Systematic biology, 53 (5): 735–757. doi 10.1080/10635150490522340 Amplo resume.
- Townsend, T. M.; Leavitt, D. H. & Reeder, T. W.(26 de xaneiro de 2011): "Intercontinental dispersal by a microendemic burrowing reptile (Dibamidae)". Proceedings of the Royal Society (B) Amplísimo resume.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anelytropsis na ADW.
- Anelytropsis na EOL.
- Mexican Blind Lizard. Anelytropsis papillosus Cope 1885 na EOL.