Alhambra
(es) La Alhambra | ||||
Tipo | conxunto arquitectónico atracción turística palacio palacio xardín group of monuments (en) | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Zona Arqueológica de Granada Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada | |||
Localización | ||||
División administrativa | Granada, España | |||
Localización | Calle Real de la Alhambra S/N, 18009 Granada | |||
| ||||
Características | ||||
Zona Patrimonial | ||||
Data | 28 de marzo de 2017 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural | |||
Data | 1984 (8ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (iii) e (iv) | |||
Identificador | 314-001 | |||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 10 de febreiro de 1870 | |||
Identificador | RI-51-0010966 | |||
Xardín histórico | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1238 | |||
Actividade | ||||
Días abertos | todos os días da semana | |||
Páxina web | alhambra-patronato.es | |||
Alhambra é unha cidade palatina situada na cidade de Granada en España. Tratase dun rico complexo palaciano e fortaleza que aloxaba ó monarca e a corte do Reino de Granada. O seu verdadeiro atractivo, como noutras obras musulmás da época, non só radica nos interiores cunha decoración que está entre os cumios da arte andalusí, senón que tamén na súa localización e adaptación, xerando unha paisaxe totalmente integrada coa natureza preexistente. No ano 2006 recibiu uns 2 153 491 visitantes.[1] Ademais é desde o ano 2007 un dos 12 Tesouros de España.[2] Foi declarada, xunto co Generalife e o Albaicín Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1984.[3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Etimoloxicamente, Alhambra en árabe é "Al Ħamrā'" (a Vermella, اَلْحَمْرَاء, procedente do nome completo "al Qal'at al-hamra" (Fortaleza vermella).
Historia
[editar | editar a fonte]A Alhambra é unha cidade amurallada que ocupa a maior parte do monte de La Sabika. O Granada musulmá tiña o seu propio sistema amurallado, polo tanto a Alhambra podía funcionar con autonomía respecto da cidade. Na Alhambra atopábanse todos os servizos propios e necesarios para a poboación que alí vivía: palacio real, mesquitas, escolas, talleres etc.
No 1238 entra en Granada pola Puerta de Elvira, e para ocupar o Palacio del Gallo del Viento, Mohammed-Ben-Nazar (ou Nasr), chamado Al-Hamar o Roxo. Cando Ben-Al-Hamar (Mohamed-Ben-Nazar) entrou triunfador en Granada nese ano de 1238, a poboación recibiuno co grito de Benvido o vencedor pola graza de Alá, el respondeu: Só Alá vence. Este é o lema do escudo do Reino de Granada e tamén aparece escrito por toda a Alhambra. Ben-Al-Hamar construíu o primeiro núcleo do palacio. O seu fillo Mohammed II, que foi amigo de Afonso X o Sabio fortificouno.
O estilo granadino na Alhambra é a culminación da arte andalusí, o que aconteceu a mediados do século XIV con Iusuf I, quen construíu a Torre de Comares e con Mohammed V quen edificou o Patio dos Leóns.
No 1492, coa conquista de Granada polos Reis Católicos, a Alhambra pasou a ser o palacio real. O conde de Tendilla. da familia de Mendoza, foi o primeiro alcaide cristián da Alhambra.
O Comité da UNESCO declarou á Alhambra e o Generalife de Granada como Patrimonio Cultural da Humanidade en 1984.
Inscricións
[editar | editar a fonte]Existen unhas dez mil inscricións na Alhambra, a maioría delas poemas, sentenzas, textos do Corán e xaculatorias. Todas están escritas en árabe clásico e moitas corresponden ó poetas da Corte de Iusuf I no século XIV. Os apousentos do rei nazarí no palacio de Comares, son os que teñen o maior número de textos cun total de 3.116, o que supón o 35% do total [4]. Estes textos puideron ser escritos para a ocasión ou con anterioridade. Ibn al-Zayab, Ibn al-Jatib e Ibn Zamrak son os autores da maior parte deles. Os tres escritores formaban o groso dos poetas da corte de Iusuf I.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 20minutos.es
- ↑ 12 Tesoros de España
- ↑ "Alhambra, Generalife and Albayzín, Granada" (en inglés). UNESCO Culture 😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭😭Sector. Consultado o 09-02-2013.
- ↑ Recollido no Corpus Epigráfico de la Alhambra impreso polo CSIC.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alhambra |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La Alhambra.info Arquivado 09 de setembro de 2014 en Wayback Machine.
- Alhambra. Historia, comprar entradas e visitas guiadas.
- Patronato de la Alhambra y Generalife Arquivado 20 de agosto de 2010 en Wayback Machine., páxina oficial do patronato.
- Visitas guiadas, visitar a Alhambra de Granada.
- La Alhambra y el Generalife
- Guías oficiales de la Alhambra
- Guía de Granada y de la Alhambra
- Palacio de la Alhambra. El jardín andalusí. Granada nazarí en Cervantes Virtual.
- Alhambra en Andalucía Arquivado 26 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
- El arte nazarí. La Alhambra de Granada (completo artigo en castelán).
- La Alhambra de Granada Arquivado 03 de maio de 2015 en Wayback Machine. en revista Alif Nûn nº 50, xuño de 2007.