Saltar ao contido

Aescwine de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAescwine de Wessex

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ang) Æscwine Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte676 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Rei de Wessex
674 – 676
← Seaxburh de WessexCentwine de Wessex → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de Wessex (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiCenfus de Wessex Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Wessex-355

Aescwine de Wessex, finado c. 676, foi un monarca do reino anglosaxón de Wessex, pero probabelmente non foi o único rei de Wessex nese momento.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Segundo Beda, despois da morte do Rei Cenwalh:

os seus subordinados tomaron o reino, e dividírono entre eles, manténdoo por dez anos[1]

. Algunhas tradicións colocan a Aescwine como sucesor da raíña Seaxburh, esposa de Cenwalh. En cambio, outras fontes consideran que a esta última asucedeu o pai de Aescwine, Cenfus[2].

A Crónica anglosaxoa sitúa o comezo do reinado de Aescwine ao redor do ano 674. Nese parágrafo tamén se achega unha xenealoxía, que o fai descendente en quinta xeración de Cynric.

Na Crónica Anglosaxoa tamén se menciona que en 675 Aescwine se enfrontou na batalla de Bedwin contra Wulfhere de Mercia. Aínda que conseguiu repeler ás tropas inimigas, foi incapaz de sacar maior vantaxe da vitoria obtida[3].

A Aescwine sucedeuno en 676 Centwine.

  1. Ecclesiastical History of the English People, Book 4, L.C. Jane's 1903 Temple Classics translation.
  2. Kirby, D.P., The Earliest English Kings, p.52.
  3. La Crónica Anglosajona Arquivado 14 de outubro de 2004 en Wayback Machine. en el Proyecto Gutenberg - Copia de dominio público Páx. 26 Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine.