Aeroporto de Visby
Aeroporto de Visby | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Swedavia | ||
Cidade/Illa | Visby | ||
Localización | Gotland | ||
Elevación (msnm) | 50 metros / 164 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 2 000 | 6 562 | asfalto |
10/28 | 1 100 | 3 609 | herba |
Estatísticas (2014) | |||
Pasaxeiros | 406 906 |
O aeroporto de Visby (IATA: VBY, ICAO: ESSV) é un aeroporto situado a uns 3,5 km ao norte da cidade sueca de Visby, en Gotland. Trátase do único aeroporto comercial da illa e é o 12º máis grande de Suecia. Polas súas instalacións pasaron 406 906 pasaxeiros no ano 2014. O tráfico ten unha gran variación estacional con moitos máis pasaxeiros no verán ao ser o principal destino de vacacións interno do país; en 2010 tivo 17 606 pasaseiros en xaneiro e 51 193 en xullo. Durante a Almedalsveckan (a semana política de Visby) o aeroporto é coordinado, ao aumentar drasticamente o número de voos eses días.
As súas intalacións están compartidas co escuadrón F 17 da forza aérea sueca.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1938 o parlamento sueco decidiu construír un aeroporto civil ás afóras de Visby e o 27 de xaneiro de 1944 as instalacións foron inauguradas. O primeiro avión en aterrar foi un Junkers Ju 52 chamado Göteland de AB Aerotransport.[1] En outubro dese ano iniciouse o tráfico regular entre Visby e o continente nun principio principalmente con avións Ju 52. O principal destino e orixe do tráfico do aeroporto era o aeroporto de Bromma, inaugurado en 1936. En 1958 construíuse unha nova terminal, unha nova torre de control e inaugurouse unha nova pista asfaltada. Ademais ese ano a Luftfartsstyrelsen (autoridade de avión civil sueca) rebaixou as súas taxas aeroportuarias.[2] A actual torre de control e a nova terminal inauguráronse no ano 1985.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
BRA Braathens Regional Airlines | Gotemburgo, Malmö, Estocolmo-Bromma Estacional: Helsinqui, Estocolmo-Skavsta, Sundsvall-Härnösand, Ängelholm |
Finnair | Estacional: Helsinqui |
Nextjet | Estacional: Karlstad, Estocolmo-Arlanda |
Norwegian Air Shuttle | Estacional: Oslo-Gardermoen, Estocolmo-Arlanda Chárter estacional: Chania, Corfú, Rodas |
Scandinavian Airlines | Estocolmo-Arlanda Estacional: Oslo-Gardermoen[3] |
SunExpress | Chárter estacional: Antalya |
Thomas Cook Airlines Scandinavia | Chárter estacional: Palma de Mallorca |
Widerøe | Estacional: Oslo-Gardermoen |
Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Nord-Flyg | Estocolmo-Skavsta |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hammarhjelm, Bengt (1999). Beredskap på Gotland 175 år: 1811-1986. Visby: Ödin. p. 164. ISBN 91-85716-84-7.
- ↑ Öhrman, Roger (1994). Vägen till Gotlands historia. Visby: Gotlands fornsal. p. 255. ISBN 91-88036-13-8.
- ↑ SAS (ed.). "SAS starter ny direkterute mellom Oslo og Gotland". Consultado o 1 de setembro de 2017.