Aeroporto de Colonia/Bonn
Aeroporto de Colonia Bonn ‘’Flughafen Köln/Bonn’’
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Flughafen Köln/Bonn GmbH | ||
Cidade/Illa | Colonia e Bonn | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 2 459 | 8 068 | formigón/asfalto |
14L/32R | 3 815 | 12 516 | asfalto |
14R/32L | 1 863 | 6 112 | formigón/asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 11 910 138 |
O aeroporto de Colonia Bonn (IATA: CGN, ICAO: EDDK) é o aeroporto internacional da cuarta cidade máis grande de Alemaña, Colonia, e serve tamén a Bonn, a capital da antiga Alemaña Occidental. Con 11,9 millóns de pasaxeiros no ano 2016 é o sexto aeroporto máis concorrido de Alemaña en termos de pasaxe e o terceiro en termos de carga.[1] En marzo de 2015 tiña servizos a 115 destinos de pasaxeiros en 35 países.[2] O aeroporto está localizado no distrito de Porz e está rodeado pola reserva natural ‘’Wahner Heide’’. Atópase no medio da rexión de Colonia/Bonn, a 14,8 km ao sueste do centro de Colonia e a 16 km ao nordés de Bonn. É un dos poucos aeroportos do país que está aberto as 24 horas do día e serve como centro de conexións para Eurowings, Germanwings, FedEx Express e UPS Airlines. Tamén é unha sede das axencias espaciais alemás e europeas DLR e EAC, parte de ESA, que adestran astronautas alí para exploracións espaciais.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]En 1913 engalou o primeiro avión dende a área de adestramento militar de Wahner Heide nun voo de recoñecemento de artillaría. En 1939 construíuse un aeródromo para a ‘’Luftwaffe’’ alemá.
Despois da segunda guerra mundial os militares británicos fixéronse co control do aeroporto e expandírono. Nese tempo construíuse unha pista de 1 866 metros. En 1951 abríronse as súas instalacións ao tráfico civil, substituíndo ao antigo aeroporto de Colonia-Butzweilerhof.
Durande os anos 50 e 60 construíronse dúas pistas máis e unha nova terminal de pasaxeiros. O 1 de novembro de 1970 engalou por vez primeira do aeroporto un Boeing 747 con destino a Nova York.
O aeroporto de Colonia/Bonn foi elixido por United Parcel Service (UPS) en 1986 para situar o seu centro de conexións europeo.
A finais dos 90 o aeroporto iniciou un programa de expansión. Construíronse varios aparcadoiros e unha segunda terminal, e no ano 2004 inaugurouse unha nova estación de tren de longa distancia. O aeroporto é propiedade da cidade de Colonia (31.12%), a República Federal Alemá (30.94%), o estado de Renania do Norte-Westfalia (30.94%), a cidade de Bonn (6.06%) e dous condados (0.94%).
Desenvolvemento nos anos 2000
[editar | editar a fonte]Coincidindo coa aparición de varias aeroliñas de baixo custo en Alemaña, Colonia/Bonn abriu novas competencias. Isto permitíulle facer ofertas competitivas ás aeroliñas. Grazas a iso Germanwings e TUIfly iniciaron as súas operacións no aeroporto como o seu centro de conexións no outono de 2002. Como resultado, o número de pasaxeiros en 2003 aumentou un 43% con respecto ao ano anterior. A estas aeroliñas uníronselles easyJet a finais de 2003 e Wizz Air en xuño de 2006.
Tamén as Forzas Armadas do Canadá comezaron a usar o aeroporto como unha zona de espera para mover tropas e subministracións en apoio de misións humanitarias e en posibles roles anti-terroristas.[3]
En 2006 a aeroliña brasileira BRA comezou a conectar Colonia co aeroporto de Río de Janeiro-Galeão dúas veces por semana, pero esta ruta desapareceu en abril de 2007 debido a problemas coa aeroliña. Tamén en 2006 iniciouse un voo transatlántico diárico ao aeroporto de Newark Liberty por parte de Continental Airlines operado cun Boeing 757-200. Esta ruta cesou o 4 de setembro de 2008 debido á redución do número de pasaxeiros.
As aeroliñas de baixo custo Ryanair e Norwegian Air Shuttle comezaron a operar dende Colonia/Bonn en maio de 2012. En abril do ano 2014 Ryanair anunciou a apertura da súa quinta base alemá no aeroporto para o mes de outubro dese ano.[4]
En decembro de 2014 Lufthansa anunciou que basearía as operacións de longo alcance de Eurowings en Colonia/Bonn, con voos cara Florida, Suráfrica e o océano Índico que comezarían cara ao final de 2015.[5] Mentres tanto, Condor cancelou o seu servizo cara Varadero despois dunha única estación debido á competencia.[6]
En xuño de 2015 recibiu o premio ACI EUROPE ao mellor aeroporto entre 5 e 10 millóns de pasaxeiros.[7]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]A aeroporto de Colonia/Bonn é un gran centro de conexións mundial para o transporte de carga principalmente debido a que é un centro de conexións para FedEx Express e UPS Airlines.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flughafenverband (ed.). "ADV-Monatsstatistik" (PDF). Archived from the original on 04 de marzo de 2016. Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ Airliners.de (ed.). "Sommerflugplan 2015: Sieben neue Ziele ab Flughafen Köln/Bonn". Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ The Globe and Mail (ed.). "MacKay secures German staging base for post-Afghan missions". Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ Airliners.de (ed.). "Ryanair eröffnet zum Winter Basis am Flughafen Köln-Bonn". Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Eurowings to Launch Long-Haul from Cologne under Lufthansa ‘Wings’ Project". Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ Aero Telegraph (ed.). "Köln im Zentrum der Schlacht". Consultado o 24 de setembro de 2017.
- ↑ Airports Council International (ed.). "ACI EUROPE Best Airport Award winners for 2015 announced". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2017.
- ↑ Routes Online (ed.). "Air Arabia Maroc launches Agadir base from Oct 2017". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Routes Online (ed.). "Eurowings continues Cologne network expansion in W17". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Eurowings new W17 routes as of 04MAY17". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ Routes Online (ed.). "Eurowings adds Cologne – Enfidha service from June 2017". Consultado o 3 de abril de 2018.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/274369/eurowings-s18-new-routes-as-of-17aug17/
- ↑ "Flight Cologne-Bonn - Montego Bay (Jamaica) in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Flight Cologne-Bonn - Orlando (Florida) in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Flight Cologne-Bonn - Windhoek in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Flight Cape Town - Cologne-Bonn from $259.99* - Eurowings". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ Ruane, Laura (7 July 2017). "RSW airport to gain nonstop flights to German cities of Munich, Cologne in May 2018". www.news-press.com. Consultado o 7 July 2017.
- ↑ Marroquin, Art (2 June 2017). "New low-cost carrier to offer flights between Las Vegas, Germany". Las Vegas Review-Journal. Consultado o 3 June 2017.
- ↑ "Flight Cologne-Bonn - Seattle in July 2017 - Eurowings". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 16 de setembro de 2017.
- ↑ "Onur Air schedules Kayseri seasonal routes in 3Q17 2016". routesonline. Consultado o 26 January 2017.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Routesonline. Consultado o 5 March 2017.
- ↑ 2017, UBM (UK) Ltd. "Ryanair W17 new routes as of 05MAR17". Consultado o 4 May 2017.
- ↑ "Ryanair route map". Ryanair. Consultado o 9 April 2017.
- ↑ http://www.austrianaviation.net/detail/skywork-stellt-koelnbonn-frueher-ein/
- ↑ "TAP Portugal nimmt Köln-Bonn ins Programm auf". Airliners.de. 17 February 2017. Consultado o 17 February 2017.
- ↑ "MNG AIRLINES - SERVICES". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 4 June 2015.
- ↑ "Turkish Airlines Cargo Winter Schedule" (PDF). wwwdownload.thy.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de xuño de 2013. Consultado o 16 de setembro de 2017.