Aceráceas
Aceráceas | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pradairo de Montpellier | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Sapindáceas | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Koelreuteria paniculata | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Véxase no texto |
As Aceráceas (Aceraceae) constituían unha familia de plantas que comprendía entre 120 e 150 especies de árbores e arbustos, polo xeral caducifolios con flores actinomorfas e hermafroditas ou unisexuais e froito en dobre sámara.
Na actualidade moitos taxonomistas non a consideran unha familia e inclúen as súas especies na familia das sapindáceas (Sapindaceae), familia pertencente á orde Sapindales que conta con arredor de 140-150 xéneros cunhas 1400-2000 especies nativas de países cálidos. Entre outros xéneros, pertencen a ela os pradairos (xénero Acer) e os castiñeiros das bruxas (xénero Aesculus).
Características
[editar | editar a fonte]Son árbores, arbustos, rubideiras e herbas, frecuentemente guacos. Follas esparexidas. A miúdo con células secretoras. Flores hermafroditas, ou unisexuadas por aborto, zigomorfas, en xeral pentámeras, xeralmente cun disco anular excéntrico entre a corola e o androceo, con 8-10 estames; xineceo de 2-3 carpelos concrescentes, cun único óvulo cada un. Froito variábel, capsular, seco e indehiscente, esquizocarpico, en baga ou drupa.
Aceraceae
[editar | editar a fonte]Coma dixemos as aceráceas agrupaban a unhas 125 especies nativas das rexións frías do hemisferio norte, nos xéneros vexetais Acer (os pradairos) e Dipteronia; estudos xenéticos recentes levaron a reclasificar este taxon coma parte da familia Sapindaceae, polo que non se emprega actualmente.
Xéneros
[editar | editar a fonte]- Acer L. os pradairos;
- Aesculus, os castiñeiros das bruxas,
- Allophylus L.
- Blighia
- Cardiospermum L.
- Cupania L.
- Cupaniopsis Radlk.
- Dimocarpus Lour.
- Dodonaea P. Mill.
- Exothea Macfad.
- Filicium Thwaites ex Benth. & Hook. f.
- Harpullia Roxb.
- Hypelate P. Br.
- Koelreuteria Laxm.
- Litchi Sonn.
- Lychis sinensis, cultivado como froiteira.
- Matayba Aubl.
- Melicoccus P. Br.
- Nephelium L.
- Paullinia L.
- Sapindus L.
- Schleichera Willd.
- Serjania P. Mill.
- Talisia Aubl.
- Thouinia Poit.
- Ungnadia Endl.
- Urvillea Kunth
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aceráceas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aceráceas |