Saltar ao contido

Şafak Pavey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Modelo:BiografíaŞafak Pavey

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xullo de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Ancara, Turquía Editar o valor en Wikidata
Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: Turquía

18 de abril de 2016 – 21 de xaneiro de 2018
Deputada da Grande Asemblea Nacional de Turquía
15 de setembro de 2017
Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Westminster
London School of Economics Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica, diplomática, escritora, xornalista, Activista polos dereitos humanos Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Popular Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016 Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio websafakpavey.com Editar o valor en Wikidata
Twitter: safakpavey Editar o valor en Wikidata

Şafak Pavey, nada en Ancara o 10 de xullo de 1976, é unha diplomática, columnista e política turca que forma parte da Grande Asemblea Nacional de Turquía en representación da provincia de Istambul e do Partido Republicano do Pobo. Foi a primeira muller con discapacidade elixida para o parlamento de Turquía, cargo que ocupou ata a súa dimisión en setembro de 2017. En 2012 foi elixida membro do Comité dos dereitos das persoas con discapacidade da ONU, que vixía a aplicación da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade para o período 2013-2016.[1] Durante 2018 traballa como asesora na Rede global de líderes políticas (Women Political Leaders Global Network).[2] Foi honrada polo Departamento de Estado dos Estados Unidos no 2012 co Internacional Women of Courage Award.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É filla dun coñecido periodista e escritor. Mudouse a Suíza para vivir co seu marido[5] e estudar arte e cine.[6] En 1996 Pavey perdeu o seu brazo esquerdo e a súa perna esquerda nun accidente de tren en Zürich.[7] Un ano despois mudouse a Londres para continuar coa súa educación[5]. Estudou relacións internacionais na Universidade de Westminster e na London School of Economics completou os seus estudos de posgrao.

Entre 2003 e 2010, Safak traballou para o Alto Comisionado das Nacións Unidas para as persoas refuxiadas. Desenvolveu a súa actividade en torno ás relacións externas e á axuda humanitaria en países como Alxeria, Exipto, Irán, Líbano, Iemen e Siria.[8] Traballou como portavoz de ACNUR para Europa Central en Hungría[6] e máis tarde como xefa da secretaría do organismo de tratados de dereitos humanos da ONU.

Foi columnista do semanario bilingüe armenio-turco con sede en Istambul Agos[5] e é autora de tres libros. Ademais, levou a cabo proxectos coa Universidade de Harvard, a Real Academia de Artes de Londres e o Consello Noruegués de Deseño sobre deseño inclusivo/universal e persoas desprazadas.[Cómpre referencia]

Escribiu en colaboración coa súa nai, a xornalista Ayşe Önal, o libro 13 Numarali Peron ( literalmente en galego Plataforma número 13)[9][10] que narra a súa experiencia en relación ó accidente de tren. Este libro converteuse nun éxito de vendas en Turquía.[Cómpre referencia]

Despois de quince anos vivindo no estranxeiro, Pavey regresou a Turquía no 2011 e presentouse para un escano no parlamento pola provincia de Istambul polo Partido Popular Republicano (CHP).[7] Abandonou o seu posto de secretaria da Oficina do Alto Comisionado da ONU polos dereitos humanos para ocupar o seu cargo de deputada[8], sendo deste xeito a primeira muller discapacitada do parlamento turco.[3] Mantívose nas listas da candidatura do CHP para as eleccións xerais de novembro de 2015.[11] Pavey dimitiu como membro do parlamento o 15 de setembro do 2017, alegando motivos de saúde.[Cómpre referencia]

Ademais, é membro do Comité de adhesión Turquía-UE, do Comité Parlamentario Mixto UE-Turquía, da Asemblea Parlamentaria Euro-Med para a Unión do Mediterráneo, do Subcomité Euro-Med de Enerxía, de Auga e Medio Ambiente, e Vicepresidenta e membro dos Grupos de Amizade Parlamentarios turcos con Corea do Sur e Noruega.[8] Posteriormente foi designada como unha dos vicepresidentes do CHP, responsable da política ambiental e social.[Cómpre referencia]

  1. "Information on the tenure in office of past and current members". OHCHR (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  2. "Council holds panel on anniversaries of the Universal Declaration of Human Rights and the Vienna Declaration and Programme of Action". Office of the United Nations High Commissioner for Human Rights (OHCHR) (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  3. 3,0 3,1 "2012 International Women of Courage Award Winners". Archive-US Departament of State (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2018. 
  4. "Clinton praises Pavey’s tireless passion, energy". Hurriyet daily news (en inglés). 10 de marzo de 2012. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Jenny White (20 de xuño de 2011). "Citizen Pavey". 3 Quarks Daily (en inglés). Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Haciendo historia : construyendo una cultura de derechos". ONU mujeres (en castelán). 1 de abril de 2015. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  7. 7,0 7,1 López Arangüena, Blanca (19 de outubro de 2011). "Enseñar mi pierna no me molesta. Es parte de quien soy". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "Biography in English" (PDF). safakpavey.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de maio de 2019. Consultado o 20 de xullo de 2018. 
  9. Ayşe., Önal, (1996). 13 numaralı peron : acı yalnızdır. Istanbul: AD Yayıncılık. ISBN 9789753252775. OCLC 37111972. 
  10. Önal, Ayşe; Pavey, Safak. (1996). 13 numaralı peron: acı yalnızdır. Onüç numaralı peron. Istanbul: AD Yayıncılık. ISBN 9753252773. 
  11. "CHP aday listesi". Agos (en turco). 19 de setembro de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]