Zoroastro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2021.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1500 a. C. ↔ 550 a. C. valor descoñecido |
Morte | 1500 a. C. ↔ 520 a. C. valor descoñecido |
Causa da morte | valor descoñecido |
Relixión | Zoroastrismo |
Actividade | |
Ocupación | Profeta, escritor, poeta, father of faith (en) , taumaturgo |
Familia | |
Cónxuxe | Hvōvi |
Fillos | Porucista, Isat Vastar |
Pais | Porushaspa e Dohodo |
Descrito pola fonte | Philosophical Encyclopedic Dictionary (en) , (sec:Заратустра) Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , (vol:4, sec:Заратустра), Dictionnaire infernal (6ª edición) |
Zoroastro (grego Ζωροάστρης, Zōroastrēs) ou Zaratustra (avesta: Zaraθuštra), tamén denominado Zartosht (Persa زرتشت), foi un antigo profeta iranio, fundador do Zoroastrismo, unha relixión que foi a relixión nacional do Imperio Sasánida de Persia; é aínda hoxe practicada predominantemente pola comunidade Parsi da India. Sábese pouco ou nada del de maneira directa, e as poucas referencias que se coñecen están rodeadas de misterio e lenda.
Historia
[editar | editar a fonte]Acéptase xeralmente que Zoroastro foi unha auténtica figura histórica, mais o período en que de certo viviu non está aínda claro. Moitos autores aceptan situalo cara -1200, facéndoo candidato a fundador da máis antiga relixión baseada nunha escritura revelada, mentres outros o sitúan entre o século -XVIII e o século -VI
Segundo as narracións que conservaran o recordo desta figura relixiosa e filosófica, o xove Zoroastro, fillo do sacerdote Porushaspa, debendo seguir os pasos de seu pai, comezou a celebrar os rituais relixiosos profesados pola súa tribo, consistentes, por falta dun lugar sagrado, en cantos de loanza e sacrificios ao aire libre. Á idade de vinte anos, non satisfeito con aquela vida espiritual, retirouse ao deserto a meditar e chegou - en pleno estado de éxtase - a ter visións, durante as cales se lle apareceu o señor da sabedoría, Ahura Mazda (Ohrmazd en pahleví), príncipe do ben, quen lle ordenou combater contra o príncipe do mal, Ahriman.
O elemento esencial do dualismo de Zaratustra é a distinción entre ben e mal, distinción que non só mira o ser humano, senón ao mundo enteiro. Se ao humano se contrapón o inhumano, ao espírito sabio se contrapón o malvado e á verdade se contrapón a mentira. O mundo é entendido como dividido entre pares de antagonistas.
Zaratustra concibe unha única divindade omnipotente e creadora, Ahura Mazda; mais non é certa a concepción monoteísta que se lle atribúe, visto que se afirma sobre unha doutrina dualística, que contrapón os dous espíritos do ben e do mal, desde o inicio do mundo e en antítese perenne entre eles, influíndo o obrar humano.
O nosa fonte de coñecemento sobre Zoroastro vén do Avesta.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zoroastro |