Avesta
Aparencia
O Avesta é a colección de libros sagrados da relixión de Zoroastro. Os libros escribíronse en avesta, os máis antigos, e palevi, os máis recentes. Os libros elaboráronse en diferentes épocas, os máis antigos, os Gâthâs, compúxoos o propio Zoroastro, e durante séculos transmitíronse por tradición oral. Non se conservan todos os libros, segundo a tradición porque Alexandre Magno mandou queimalos. A fixación máis antiga conservada por escrito dos textos data de 1278.
Grupos de libros
[editar | editar a fonte]- Yasna, contén as normas para a liturxia, en especial instrucións para os sacrificios e uns himnos denominados Gâthâs en honra do deus supremo, Ahura Mazda.
- Vispered, textos serodios con instrucións para os fieis e oracións.
- Vendidad, relatos da creación, da vida despois da morte .
- Yasth: Himnos e oracións dirixidos aos anxos e divindades menores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.avesta.org/avesta.html Organización Avesta. Tradución de textos do avesta en inglés e transliteración dos textos en avéstico.