Urbano III, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
(década de 1200) | |
Nome orixinal | (la) Urbanus PP. III |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Primeira metade século XII Cuggiono, Italia (pt) |
Morte | 20 de outubro de 1187 Ferrara, Italia |
Lugar de sepultura | Ferrara Cathedral (en) |
172º Papa | |
2 de decembro de 1185 – 20 de outubro de 1187 (Gregoriano) ← Lucio III – Gregorio VIII → | |
Roman Catholic Archbishop of Milan (en) | |
9 de maio de 1185 – ← Algisio da Pirovano (en) – Milone da Cardano (en) → | |
Roman Catholic Bishop of Vercelli (en) | |
decembro de 1182 – ← Eusebio de Vercelli – Alberto de Jerusalém (pt) → Diocese: diocese of Vercelli (en) | |
Cardeal | |
setembro de 1173 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma Estados Pontificios |
Ocupación | político, sacerdote católico, bispo católico |
Familia | |
Familia | Crivelli (en) |
Parentes | Celestino IV, sobriño neto |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Urban III. |
Urbano III, nado como Uberto Crivelli en Cuggiono cara a 1120 e finado en Ferrara o 20 de outubro de 1187, foi o Papa número 172 da Igrexa católica entre 1185 e 1187.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi nomeado cardeal en 1182 e arcebispo de Milán en 1185. O 25 de novembro dese mesmo ano faleceu o pontífice Lucio III, e ese mesmo día foi elixido papa, sendo consagrado o 1 de decembro.
O seu pontificado, de apenas dous anos, estivo centrado no enfrontamento co emperador Frederico I motivado pola intención deste de recuperar a súa influencia en Italia perdida en 1176 trala derrota sufrida polo emperador xermano na batalla de Legnano.
Frederico I fixou o seu obxectivo no control do reino normando de Sicilia, servíndose da voda acontecida o 4 de xaneiro de 1186 entre seu fillo Henrique con Constanza, herdeira da coroa siciliana ao non ter descendencia seu sobriño e rei Guillerme II de Sicilia. Con este matrimonio o papado perdeu o apoio que como estado vasalo da Santa Sé recibía do Reino de Sicilia, ademais de verse ameazado tamén desde o sur polo imperio xermánico.
Urbano III rompeu as relacións con Frederico I e negouse ao desexo deste de ver coroado, antes de morrer, a seu fillo Henrique coma emperador. A cerimonia, non obstante, levouse a cabo ao substituír o emperador como oficiante da mesma ao Papa polo patriarca de Aquilea.
Ante esta ofensa, o Papa excomungou ao patriarca e aos bispos que interviñeran na cerimonia, nomeando arcebispo de Tréveris ao candidato vetado polo emperador, quen en resposta fixo que seu fillo Henrique ocupase os Estados Pontificios. O Papa ameazou ao emperador coa excomuñón, pero finalmente ante a falta de apoio dos bispos alemáns, viuse obrigado a ceder na reunión mantida en Gelnhausen.
Esta derrota moral, xunto coa noticia da derrota sufrida na batalla de Hattin e que comportou a perda de Xerusalén, afectaron á saúde de Urbano, que faleceu en outono de 1187.
As profecías de San Malaquías refírense a este Papa como Sus in cribo (O porco pola criba), cita que fai referencia ao seu apelido, (crivelli = "criba"), e a que no seu escudo de armas aparece un porco.
Este artigo sobre Papas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |