Ultreya (revista)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ultreya.
Ultreya | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Fundador | Armando Cotarelo Valledor |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ultreya foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1919 e 1920.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulada Revista quincenal de Cultura Galaica. Arte, literatura, historia, sociología, apareceu o 1 de maio de 1919. Estaba dirixida por Armando Cotarelo Valledor. No consello de redacción figuraban Salvador Cabeza de León, Salustiano Portela Pazos, Antonio García Varela e Manuel Vidal Rodríguez. Entre os seus colaboradores estaban Juan Barcia Caballero, Pablo Pérez Costanti, Avelino Gómez Ledo, Xesús Carro, Fermín Bouza-Brey, Constante Amor, Francisco Esmorís Recamán e Celestino García Romero. Cesou a súa publicación co número 23/24, correspondente ao 15 de xullo de 1920.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ultreya". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ultreya". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.