Saltar ao contido

Manuel Vidal Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Vidal Rodríguez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1871 Editar o valor en Wikidata
Maceda, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de maio de 1941 Editar o valor en Wikidata (69/70 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 6346 BNE: XX1081414 BUSC: vidal-rodriguez-manuel-1871-1941

Manuel Carlos Vidal Rodríguez, nado en Maceda en 1871 e finado en Compostela o 3 de maio de 1941, foi un sacerdote, docente, escritor e investigador galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Pertencía a unha familia acomodada con facenda e caseiros que rexentaba unha botica na agora rúa principal da vila. Fixo carreira eclesiástica, acadou o doutoramento en Filosofía e Letras coa memoria Estudio del Régimen Gramatical en Latín por medio de cuadros sinópticos.

No Madrid de comezos do século XX inseriuse na órbita dos cregos galegos destacados nos medios eclesiásticos da Corte, con Basilio Álvarez e Javier Vales Faílde. Os tres conduciron a revista Galicia que se imprimiu entre 1906 e 1909. As reivindicacións antiforais, o Valle-Inclán das Sonatas, colaboradores novos (Castelao) e a corrente agraria arredor do que despois sería Acción Gallega, farían que Vidal se movese en primeira liña naquel círculo elitista.

Marcha a Compostela onde obtén a cátedra de Literatura. No curso 1914-15 xa exercía como profesor de Lingua Castelá no Instituto de 2ª Ensinanza. Vencellado a Emilia Pardo Bazán, Vidal residiu no Pazo de Meirás cinco veráns -de 1914 a 1918-, como capelán protexido da condesa.

El Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago.

Cando se instaurou a República, Vidal foi ratificado como vicedirector por un período de cinco anos máis. Asinou en 1932, xunto con outros intelectuais, un manifesto a prol do Estatuto de Autonomía, sendo, xunto con Salustiano Portela Pazos, o primeiro que deu tal naquela época. Mantivo tamén amizade co arcebispo Lago González.

Finou no seu domicilio compostelán o 3 de maio de 1941.

Colaboracións xornalísticas

[editar | editar a fonte]

Colaborou en moitas publicacións periódicas: Airiños da Miña Terra, da Habana, Galicia; o semanario escolar compostelán Maruxa; Ultreya e El Ideal Gallego cunha sección fixa titulada "Narraciones compostelanas".

El Pórtico de la Gloria... vol II.

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Don Porrazo, 1909, adicada a Armando Cotarelo Valledor.
  • Contos galegos d´antano e d´hogano, 1920, con portada de Castelao (vinte relatos da tradición oral e catro noveliñas).[1]
  • Deixe que xa: contos e novelas de asunto galego, 1931.
  • Elena de Síbaris, 1912.
  • Torres de Meirás. Vida de trabajo de la Condesa de Pardo Bazán y el Caudillo, 1939, Porto y Cía. Editores.
La tumba del Apóstol Santiago, con cuberta de Camilo Díaz Baliño.
  • La Reina Lupa.
  • El abuelo de Rosendo, estreada no Salón Teatro en decembro de 1922.
  • ¿De quen é a vaca?.
  • Un xues de devorcios.
  • O sí de Grabiela.
  • Puebla de homes.
  • ¿Quen manda na casa?.
  • Institutos y congregaciones. Beneficios que reportan a la sociedad, 1901, premio “Bispo Carrascosa” nos Xogos Florais de Ourense.
  • Conferencia sobre la pasión del juego, 1907.
  • La Salve explicada, 1907.
  • La tumba del apostol Santiago, 1924, ilustrada con cen fotograbados.[2]
  • El Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago, 1926, con portada e ilustracións de Camilo Díaz Baliño.

Pedagoxía

[editar | editar a fonte]

Ten unha enorme produción vencellada co mundo da docencia: ademais da memoria de doutoramento, Historia de la Literatura española, Lecciones de Preceptiva general literaria, Lecciones de Preceptiva especial de los géneros literarios, Nociones de Estética, Proyecto de organización del bachillerato, Al margen de la reforma del bachillerato: observaciones, Lengua y Literatura española. Plan cíclico, Antología de apólogos castellanos de cien escritores y poetas moralistas, Cancionero de Navidad. Villancicos y diálogos pastoriles de poetas castellanos de los siglos XV, XVI y XVII, Ortografía de la Lengua castellana, Lecciones de Gramática elemental de la Lengua castellana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Prol, Santiago (2017). Manuel Vidal : un presbítero ilustrado de Maceda. Grupo Academia Postal. ISBN 978-84-15805-29-8. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]