Torre da Forxa
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Torre da Forxa | |
---|---|
ben de interese cultural | |
Concello | Porqueira |
Provincia | Ourense |
Comunidade autónoma | Galicia |
Coordenadas | 42°00′49″N 7°50′57″O / 42.013479, -7.84919 |
Estilo arquitectónico | |
Estilo orixinal | románico (século XII) |
Estilo actual | románico |
Estado actual | Bo estado e visitable |
Véxase tamén | |
Castelos de Galicia | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Torre da Forxa, tamén coñecida como Torre de Porqueira son os restos dun castelo medieval construído no século XII no concello ourensán de Porqueira. Nel, segundo conta a tradición, foi durante un tempo confinado o rei García de Galicia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 1157 pasou a formar parte do patrimonio do bispado de Ourense pola cesión feita polo rei Afonso VII, confirmada por Afonso IX, que en maio de 1204, en Troncoso, vendeu ó bispo Afonso por dous mil cincocentos soldos canto tiña e lle correspondía en Porqueira.
Na primavera do ano 1387 o castelo foi ocupado por pouco tempo polo Duque de Lancaster con motivo da guerra pola sucesión da coroa entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara. Na segunda metade do século XV, cando xa pertencía á casa de Monterrei, sufriu o ataque dos Irmandiños que non chegaron a destruíla.
Despois da creación en 1837 do concello de Porqueira pasou a ser a casa consistorial, e posteriormente pasou a mans particulares.
Descrición
[editar | editar a fonte]O castelo sitúase no val, lugar elixido para unha maior eficacia no control da fronteira co veciño Portugal. Da antiga fortaleza só queda en pé esta torre, de austera e robusta construción en perpiaños de granito dispostos en fiadas regulares.
Accédese ao seu interior a través dunha porta a maior altura do chan á que se chega por medio dunha escalinata de vinte tramos.
Non presenta case aberturas: a porta románica, as ventás seteiras que defenden a entrada na súa vertical e unhas pequenas ventás, hoxe en día cubertas con cristais.
Modillóns simples sosteñen o seu matacán saínte. Non se conservan as ameas.
Atópase protexido baixo a declaración xenérica do Decreto do 22 de abril de 1949 sobre o Patrimonio histórico español.
Na actualidade acolle un centro de interpretación da Vía Nova XVIII do Itinerario de Antonino ao seu paso pola Limia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Teto de Dios (03-03-2016). "Torre da Forxa". Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 15-9-2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Torre da Forxa na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Simal Lozano, Jesús Ángel; Conde Cid, Natalia (2009). Castillos, torres, murallas, iglesias fortificadas… de Galicia (PDF) (en castelán). pp. 46, 122–123. Consultado o 11-11-2018.