Sautor
Sautor en vexiloloxía e heráldica é a peza dos escudos e bandeiras en forma de aspa, composta por unha banda e unha barra cruzadas[1]. Denomínase comunmente Cruz de Santo André, xa que é unha cruz con dous ángulos agudos e dous ángulos obtusos que representa a cruz do martirio de Santo André Apóstolo, crucificado en Patras, capital da provincia de Acaia, en Grecia. Santo André foi amarrado a unha cruz a xeito de X e alí estivo a padecer por tres días, os que aproveitou para predicar e instruír no cristianismo aos que se achegaban.
A cruz de Santo André representa a humildade e o sufrimento e en heráldica simboliza o caudillo invicto en combate. Unha variante da cruz de Santo André é a Cruz de Borgoña, de xeito que, hoxe en día moitas bandeiras americanas lembran no seu deseño a Cruz de Borgoña e o seu pasado español.
Aparece na bandeira naval de numerosas nacións. A franxa azul da bandeira de Galicia crese que podería ter orixe nunha variante da cruz de Santo André.
En bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Bandeira da Revolución de Quito.
-
Bandeira do Estado de Quito.
-
Galiza, non deixa de ser unha modificación dun sautor.
-
País Vasco, modificación dun sautor.
-
Bandeira Naval de Bélxica
-
Bandeira Naval de Bulgaria
-
Bandeira Naval de Letonia
-
Bandeira Naval de Estonia
-
Bandeira da Armada de Rusia. Crese que a bandeira da provincia marítima da Coruña (e, por conseguinte, da actual bandeira galega), eliminou unha franxa para non confundila con esta.
-
Bandeira Naval de Xeorxia
-
Bandeira Naval do Paraguai
-
Bandeira Naval do Uruguai
A cruz de Santo André na heráldica
[editar | editar a fonte]-
Escudo de Guadalaxara. (México)
-
Escudo de Xoán Carlos I de España
-
Escudo de Saint-Maudan. (Francia)
-
Escudo de Biscaia. (País Vasco)
-
Escudo de Mussy-sur-Seine. (Francia)
-
Escudo de Esparraguera. (Cataluña)
-
Escudo d'A Rúa de Valdeorras (Galicia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sautor.