Relampo do Catatumbo
O raio, lóstrego ou relampo de Catatumbo (en castelán Relámpago del Catatumbo)[1] é un fenómeno atmosférico que se dá en Venezuela. Desenvólvese exclusivamente nunha zona situada sobre a desembocadura do río Catatumbo na súa desembocadura no lago de Maracaibo, no estado Zulia. Os frecuentes e poderosos raios sobre esta área relativamente pequena considéranse o maior xerador de ozono troposférico do mundo,[2] é dicir, o ozono que non enche a ozonosfera estratosférica.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Frecuencia
[editar | editar a fonte]Orixínase a partir dunha masa de nubes de tormenta que crea un arco de máis de 5 km de altura, durante unha media de 140-160 noites ao ano, 10 horas ao día e até 280 veces á hora. Grazas a esa frecuencia de até cinco relampos por minuto, era un faro natural, chamado Faro de los navegantes ou Faro de Maracaibo.[4]
Atópase no lago de Maracaibo e arredores, normalmente nunha zona de páramo formada onde o río Catatumbo desemboca no lago.[5]
Parón de 2010
[editar | editar a fonte]Despois de aparecer continuamente durante séculos, o raio cesou de xaneiro a abril de 2010 ao parecer debido á seca.[6] Isto provocou o temor de que puidese extinguirse definitivamente.[7] O fenómeno reapareceu despois duns meses.[8][4]
Récord en 2014
[editar | editar a fonte]O espectáculo natural recibiu de parte de Guinnes WR en xaneiro do ano 2014 a certificación que o recoñece como o lugar de maior concentración de lóstregos do mundo, producindo 1176000 relampos ao ano, equivalendo a 250 por km2 ao ano, superando por 92 relampos por km2 á rexión de Kifuka, na República Democrática do Congo.[9]
Lugar e mecanismo de formación
[editar | editar a fonte]Os relampos do Catatumbo adoitan desenvolverse entre as coordenadas 8°30′N 71°0′O / 8.500, -71.000 e 9°45′N 73°0′O / 9.750, -73.000. As treboadas (e os raios asociados) probablemente sexan o resultado dos ventos que sopran polo lago de Maracaibo e as chairas pantanosas circundantes. Estas masas de aire atópanse inevitabelmente coas cordilleiras altas dos Andes, a Serra de Perijá (3.750 m) e a Serra Nevada de Mérida, que rodean a chaira por tres lados. A calor e a humidade recollidas nas terras baixas crean cargas eléctricas e, cando as masas de aire se desestabilizan na dorsal da montaña, producen actividade treboenta practicamente continua.[6] O fenómeno caracterízase por caer relampos case continuos, principalmente dentro das nubes, que se producen dentro dunha gran formación de nubes vertical que forma un longo arco eléctrico entre 2 e 10 km de altura (ou máis). Os raios adoitan comezar unha hora despois do solpor.
Solicitude de inclusión na Lista de Patrimonio Natural da UNESCO
[editar | editar a fonte]A rexión de Maracaibo no estado Zulia foi proclamada pola NASA como "Capital Mundial do Raio" e foi proposta como "Patrimonio Natural da Humanidade", en base á súa alta espectacularidade, á súa historia como Faro de navegantes, ao excepcional valor científico e ao seu papel como rexenerador de ozono. En 2005 foi aprobada na Asemblea Nacional de Venezuela o inicio das xestións, retomadas en 2021 despois dos recoñecementos da NASA e do Guinnes WR.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Catatumbo, everlasting storm". www.fogonazos.es (en inglés).
- ↑ "Fire in the sky". meteogroup.co.uk (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2008. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ "aug2010". wvlightning.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Aragón, Heraldo de. "El rayo que no cesa". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "Catatumbo lighting". Realtravel.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2011. Consultado o 30 de abril de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 "Catatumbo". wondermondo.com (en inglés).
- ↑ "Venezuela lightning; El-niño" (en inglés). 5 marzo 2010.
- ↑ "Venezuela's-mysterious-Catatumbo-lightning-phenomenon-vanishes-months-reappears". abcnews.go.com/International/ (en inglés).
- ↑ "El faro natural del planeta está en Venezuela, es el Relámpago del Catatumbo". Entorno Turístico (en castelán). 2016-10-31. Consultado o 2022-04-30.
- ↑ "El Relámpago del Catatumbo y la Capital Mundial de los Relámpagos". Tiempo.com ; Meteored (en castelán). 2021-03-04. Consultado o 2022-04-30.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Relampo do Catatumbo |