Maracaibo
Epónimo | Lago de Maracaibo | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
| ||||
Estado | Venezuela | |||
Estado da Venezuela (pt) | Zulia | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.551.539 (2011) (1.113,81 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1.393 km² | |||
Bañado por | Lago de Maracaibo | |||
Altitude | 6 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Ambrosius Ehinger (en) | |||
Creación | 8 de setembro de 1529 | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4001 a 4046 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 0261 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Páxina web | maracaibo.gob.ve |
A cidade de Maracaibo é a capital do Estado do Zulia, en Venezuela, e mais do Municipio Maracaibo. É alcumada "Tierra del Sol Amada".[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Lago de Maracaibo, Coquivacoa e Relampo do Catatumbo.
Clima
[editar | editar a fonte]Maracaibo é unha das cidades máis quentes de Venezuela e de toda América do Sur, de clima entre semiárido (Köppen: BSh) e de sabana tropical (Köppen: Aw) atenuado pola influencia moderadora do lago de Maracaibo; A temperatura histórica media de Maracaibo é de 29 °C (84,2 °F). No pasado, o clima da cidade, de feito en toda a costa do lago de Maracaibo, era insalubre debido á combinación de altas temperaturas e alta humidade. Hoxe, o control das pragas e os efectos do desenvolvemento urbano erradicaron en boa medida eses problemas.
Poboación
[editar | editar a fonte]Posúe unha poboación aproximada de algo máis de dous millóns e medio de habitantes, converténdose así na segunda cidade con máis poboación de toda Venezuela e a cidade máis extensa do país.
Situación
[editar | editar a fonte]Situada no occidente do territorio venezolano, en terreos de orixe aluvial, dentro da depresión do lago de Maracaibo na beira noroeste deste.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Moderna
[editar | editar a fonte]A cidade foi fundada por primeira vez en 1529 polo conquistador alemán Ambrosius Einger como Neu Nürnberg ("novo Nürnberg") na colonia de Klein-Wenedig, pero pronto foi abandonada.
Foi refundada o 20 de xaneiro de 1571 polo capitán Alonso Pacheco co nome de Nueva Zamora, despois de tres anos de guerras cos indios Sáparas, Kyrikiris, Alliles e Toas locais.
Até o século XVII foi un importante porto colonial, tras varios ataques piratas perdeu a súa importancia.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]Despois do descubrimento dos campos petrolíferos en 1917, a cidade comezou a desenvolverse activamente.
Cultura
[editar | editar a fonte]Unha das manifestacións culturais típicas de Maracaibo é a gaita zuliana.
Ensino superior
[editar | editar a fonte]En Maracaibo hai diversas universidades, sendo as principais a Universidade do Zulia - (LUZ, fundada en 1891) e a Universidade Rafael Urdaneta (fundada en 1973).
Ademais están radicadas en Maracaibo a Universidade Nacional Experimental de la Fuerza Armada UNEFA, Universidade Rafael Belloso Chacín - (URBE), Universidade Católica Cecilio Acosta, Universidade Dr. José Gregorio Hernández, Universidade Bolivariana de Venezuela sede Zulia e a Universidade Nacional Aberta (UNA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Conoce la tierra del sol amada que es Maracaibo". Venezolanos Ilustres (en castelán). 2021-09-01. Consultado o 2022-05-18.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maracaibo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Turismo de Maracaibo.
- Alianza Francesa de Maracaibo.
- Información sobre o centro histórico da cidade.----
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|