Saltar ao contido

Reino de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaReino de Francia
royaume de France (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoVive Henri IV (pt) Traducir (1590) Editar o valor en Wikidata

Lema«Montjoie Saint Denis! (pt) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
CapitalParís (–1682)
Versalles (1682–1789)
París (1789–) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua francesa Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación987 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución4 de setembro de 1791 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porReino de Francia e Francia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta (–1789)
monarquía constitucional (1789–1791)
monarchie aristocratique (en) Traducir
monarquía dual
Reino de Francia Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoEstados Xerais , Editar o valor en Wikidata
Moedalibra francesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Reino de Francia é un período da historia moderna de Francia que abrangue desde o século XV ó XVIII, co estalido da Revolución Francesa e a instauración do Reino dos Franceses. Durante este período Francia evolucionou do feudalismo a un réxime moi centralizado na figura do rei, que se baseaba na Divindade Real e no apoio da Igrexa Católica.

A Paz de Etaples en (1492) é para algúns, o inicio da idade moderna en Francia. Ó rematar a Guerra dos Cen Anos (1337-1453) e a firma do Tratado de Picquingny en (1475), en 1492 e 1493, o rei Carlos VIII de Francia asinou tres tratados adicionais con Henrique VII de Inglaterra, Maximiliano de Habsburgo e Fernando II de Aragón respectivamente en Étaples o Tratado de Senlis (1493) e o de Barcelona (1493). Estes tres tratados deixaron vía libre a Francia para tomar partido nas Guerras Italianas (1494-1559), que marcaron o comezo do moderno reino de Francia.

A Francia dos Borbón

[editar | editar a fonte]

Tras a morte de Carlos IX asumiu o trono o seu irmán Henrique III, pero á morte de Francisco de Alençon en 1584, irmán e herdeiro do rei católico Henrique III de Francia, converteu a Henrique de Navarra no lexítimo herdeiro de Francia, o que Henrique III debeu admitir, pois as súas irmás estaban fóra da sucesión pola Lei sálica.

Henrique IV

[editar | editar a fonte]
Henrique IV de Francia

Henrique de Navarra subiu ó trono en 1553 e converteuse no primeiro rei de Francia da dinastía Borbón. Instaurou a paz relixiosa no país, tralas guerras entre católicos e hugonotes, aumentou o poder real deixando de convocar os Estados Xerais e regulamentando o parlamento. Situou a Francia como unha potencia económica en Europa, e levou a cabo políticas para garantir o benestar dos seus súbditos, o que o fixo moi querido polo pobo francés. Durante o seu reinado se fundaron as primeiras colonias francesas no Canadá. Morre asasinado o 14 de maio de 1610 por François Ravaillac, deixando o trono ó seu fillo, Lois.

Lois XIII

[editar | editar a fonte]

O reinado de Lois XIII estivo marcado polo sometemento dos Grandes e dos protestantes, así como pola loita contra a dinastía Habsburgo. A imaxe deste rei está inseparablemente ligada á do seu primeiro ministro, o Cardeal Richelieu, quen o axudará na reorientación da monarquía francesa.

Lois XIV de Francia

Lois XIV é o rei máis coñecido desta etapa segundo a maioría dos historiadores. Foi alcumado como o Rei Sol. Nado en 1938, ascende ó trono en 1715. Combate en tres grandes guerras (a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra de Sucesión Española), aumenta a influencia de Francia en Europa, non só no político, senón tamén no cultural, con artistas como Molière. Isto fixo que ascendera en prestixio, Francia, a súa lingua, e o seu rei. Morre en 1715, deixando o trono ó seu bisneto, Lois XV.

Lois XVI de Francia

Nado en 1754, Lois XVI ascende ó trono de Francia trala morte do seu avó Lois XV en 1774. Casou con María Antonieta, filla de Francisco I de Austria e a emperatriz María Tareixa. Durante o seu reinado crece o descontento popular, debido á escaseza de alimentos e ás subidas dos prezos, debido á súa vez as malas colleitas que se sucedían desde o reinado de Lois XIV. En 1791, tras varios levantamentos e a Toma da Bastilla, convértese en monarca constitucional, tras xurar a nova constitución, e o seu título pasa a ser "Rei dos franceses". Tras un intento de fuxida en 1792 e o Manifesto de Brunswick, proclámase a República en Francia e é xulgado por traizón e condenado á guillotina, onde morre o 21 de xaneiro de 1793 poñendo fin a 203 anos de goberno dos Borbóns. O seu fillo Lois Carlos morrerá na prisión do Temple e nunca chegou a reinar aínda que os monárquicos o recoñeceron como rei tras a morte de Lois XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]