Provincia de Cuenca
Cuenca (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||||
Capital | Cuenca | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 198.718 (2017) (11,59 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 17.141 km² | ||||
Punto máis alto | cerro San Felipe (1.839 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Cabriel (480 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Diputación Provincial de Cuenca | ||||
• Q56189625 | Benjamín Prieto Valencia (2011–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 16 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-CU | ||||
Código NUTS | ES423 | ||||
Código INE | 16 | ||||
Páxina web | dipucuenca.es |
A provincia de Cuenca é unha provincia española situada na parte oriental de Castela-A Mancha. No ano 2006 estaban censadas na provincia 208.616 persoas, nunha área de 17.061 km², repartida entre 238 municipios. Unha cuarta parte da poboación residía na capital.
Limita ao sur coas provincias de Albacete e Cidade Real, ao norte coa provincia de Guadalaxara e máis a Comunidade Autónoma de Aragón, ao leste coa Comunidade Valenciana, e ao oeste coa provincia de Toledo e a Comunidade de Madrid.
Comarcas
[editar | editar a fonte]Municipios
[editar | editar a fonte]Economía
[editar | editar a fonte]Cuenca, cunha economía algo deprimida debido principalmente á emigración continuada, parece renacer agora co turismo e o progresivo coñecemento das súas excelentes paisaxes e recursos. A economía estivo tradicionalmente centrada nas actividades agrarias e forestais: cereais, vide, oliveira, azafrán, allos, garavanzos, lentellas, cultivo de fungos (Villanueva de la Jara, Altarejos, Las Pedroñeras, Los Hinojosos, Mota del Cuervo, Poboa de Almenara). A industria céntrase sobre todo no sector derivado da riqueza forestal conquense: serradoiros (Conca, Almodóvar del Pinar) e resinas (Conca, Arcos de la Sierra). Os seus mananciais de augas minerais de gran calidade, principalmente ao norte da provincia, dan lugar a unha industria embotelladora de importancia crecente (por exemplo, as augas de Beteta e de Huerta del Marquesado). Ten no seu territorio os encoros de Buendía, La Toba, Alarcón e Contreras que hoxe día están nunha situación moi deficitaria.
Os seus produtos máis característicos son os derivados cárnicos, sobremesas como o alajú, bebidas como o resolí, o viño e a augardente de Ribatajada, o queixo, o allo morado de Las Pedroñeras, os cogomelos e o champiñón da Manchuela e o mel da Alcarria.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Cuenca |