Pero da Ponte
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIII ![]() Galicia, España, presumiblemente ![]() |
Morte | século XIII ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escudeiro (pt) ![]() ![]() |
Período de actividade | 1235 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Cantiga ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Pero da Ponte foi un poeta medieval que estaría activo entre 1230-1260[1]. Posibelmente galego e escudeiro, Afonso Eanes do Coton denomínao segrel:
- En nossa terra, se Deus me perdon
- a todo escudeiro que pede don
- as mais das gentes lhe chama segrel.
Estivo activo nas cortes de Fernando III e Afonso X. É autor de 53 textos: sete cantigas de amor, sete cantigas de amigo, vinte e tres cantigas de escarnio e maldicir, tres sátiras literarias contra Sueiro Eanes, un pranto burlesco, catro sirventeses morais, dous eloxios, catro prantos, unha tenzón e un partimén.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monteagudo, Henrique (1998). Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia. p. 70.
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Pero da Ponte |