Parque de Santa Margarida
Tipo | parque | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | A Coruña, España | |||
| ||||
Características | ||||
Superficie | 51.723 m² | |||
O parque de Santa Margarida é un lugar de lecer, natureza, saber e cultura da cidade da Coruña. Está situado preto do centro nun outeiro ateigado de árbores e resulta visible dende boa parte da cidade.
O parque de Santa Margarida é un dos parques de maior superficie da cidade con 51 723 m²[1] e nel atópanse institucións culturais como o Pazo da Ópera ou a Casa das Ciencias. Ten tamén zonas de xogos para cativos e bancos e mesas para os maiores.[2]
A última fin de semana de agosto ten lugar no parque a romaría de Santa Margarida.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]O parque foi un monte[3] que tivo distintos usos co tempo. No alto do monte chegou a haber varios muíños de vento, dos que se conserva un como peza de museo no estanque dos parrulos.
O parque tivo anteriormente o nome de Joaquín Costa.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Hórreo do século XVI.
-
Anfiteatro.
-
Fonte.
-
Homenaxe a Manuel Insua Santos.
-
Busto de Joaquín Costa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Parque de Santa Margarida
- ↑ "Parque de Santa Margarita". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2015.
- ↑ "Reivindicando «el monte» de Santa Margarita". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-08-25. Consultado o 2020-04-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque de Santa Margarida |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |