Orhan I
Nome orixinal | (ota) اورخان غازى |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 6 de febreiro de 1281 Söğüt, Turquía (pt) |
Morte | marzo de 1362 (81 anos) Bursa, Turquía |
Lugar de sepultura | Bursa |
Sultán do Imperio Otomán | |
1326 (Gregoriano) – 1362 (Gregoriano) ← Osman I – Murad I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Ocupación | Bey |
Familia | |
Familia | Dinastia Otomana (pt) |
Cónxuxe | Nilüfer Hatun Teodora Cantacuzena Asporça Hatun Eftandise Hatun |
Fillos | Solimão Paxá () Nilüfer Hatun Murad I () Nilüfer Hatun Halil Bey () Teodora Cantacuzena |
Pais | Osman I e Mal hatun |
Irmáns | Alaeddin Pasha Fatma Hatun |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Tārīkh al-dawlah al-ʻalīyah al-ʻUthmānīyah (Muḥammad Afandī, 1893) (en) , (p.12-16) |
Orhan ou Orkhan, nado en Sogut en 1281 e finado en Bursa en 1362, foi bei (príncipe) do recentemente formado Imperio Otomán, coñecido entón como a tribo dos Osmanlís, entre 1326 e 1362. Era fillo do bei Osman I Gazi, fundador de dito imperio. Cando morreu, o Imperio tiña unha extensión de 95.000 km².
Tivo cinco fillos:
- Süleyman Paşa (¿? - 1356).
- Murad (1319/26 - 1389), bei e sultán co nome de Murad I.
- Ibrahim.
- Halil.
- Kasim, e
- unha filla, Fátima.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orhan conquistou a maior parte do oriente da Anatolia e tomou parte nas intrigas do decadente Imperio Bizantino ao casar con Teodora Cantacuzeno, filla de Xoán VI Cantacuzeno, entón titor do emperador Xoán V Paleólogo. Como prezo deste prestixioso matrimonio, axudou a Cantacuzeno a derrocar a Xoán V e os seus rexentes. En 1354 o fillo de Orhan, Süleyman Paşa, ocupou Gallipoli (evacuada pola súa poboación grega a raíz dun terremoto), facilitando ao Estado otomán unha cabeza de ponte en Europa continental.
Predecesor: Osman I |
Bei otomán 1326 - 1362 |
Sucesor: Murad I |