Saltar ao contido

Orcaella brevirostris

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Orcaella brevirostis

Comparación do tamaño co dun humano
Comparación do tamaño co dun humano

Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Infraorde: Delphinida
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Orcaellinae
Xénero: Orcaella
Especie: O. brevirostris
Nome binomial
Orcaella brevirostris
(Owen in Gray, 1866)
Distribución de Orcaella brevirostris
Distribución de Orcaella brevirostris

Distribución de Orcaella brevirostris
Sinonimia
Referencia:[2]
  • Orcaella fluminalis Anderson in Gray, 1871
  • Orca brevirostris Owen in Gray, 1866

Orcaella brevirsotris é unha especie xénero de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, coñecida na bibliografía internacional como golfiño do río Irrawaddy ou golfiño beluga (isto último debido á súa cor, ás veces moi clara, e ao aspecto xeral do seu corpo), que durante moito tempo foi considerada como monotípica, pero en 2005, a análise xenética demostrou que existe unha segunda especie, Orcaella heinsohni estreitamente ligada e ela.

Trátase dun golfiño que habita nas costas e estuarios do sueste asiático.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita por Richard Owen en 1866.[4] A súa aperencia é similar á da beluga, clasificándose antigamente na familia dos monodóntidos, pero hoxe en día existe un acordo extenso para clasificalo dentro da familia dos delfínidos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

As características priuncipais deste golfiño son:[5]

  • Corpo de forma parecida á da beluga, de até uns 2,3 m de lonxutude e cun peso de máis de 130 kg, de coloración clara, especialmente na rexión ventral, que pode variar desde unha tonalidade gris azulada algo escura até a azul clara, pasando por unha gris intermedia.
  • Cabeza arredondada, roma, con melón de gran tamaño e con bico á penas marcado.
  • Aleta dorsal, curta, tiangular e co ápice romo. En cambio as aletas pectorais son longas, anchas, espatuladas ou apuntadas, cos bordos anteriores moi curvos. O pedúnculo caudal é estreito, rematando nunha aleta caudal ancha, cunha profunda fendewdura media separando os dous lóbulos, que teñen os bordos posteriores lixeiramente cóncavos.
  • As crías miden 1 m ao nacer, e pesan cerca de 10 kg.
  • A lonxevidade é de case 30 anos.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

É un nadador lento. Emerxe cun movemento de xiro suave e lanto, como un balanceo. As inmersióins duran de 30 a 60 seg, e adoitan de ir seguidos de 3 respiracións en rápida sucesión. É capoaz de permanecer mergullado até 12 min. Amosa pouco de si mesmo na superficie, pero ás veces saca a cabeza da auga para vixiar, dá golpes coa cola na auga ou salta. Para facer inmersións profundas levanta a cola da auga arqueando o pedúnculo caudal.[5]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Aínda que na bibliografía adoita denominarse golfiño do río Irrawddy, realmente non é un golfiño de auga doce, senón un delfín oceánico, aínda que pasa a vida en augas costeiras pouco profundas da rexión Indo-pacífica, e pode internarse en esteiros e ríos, incluíndo o Ganxes e o Mekong, así como o río Irauadi (Irrawaddy), do cal toma o seu nome, e ás veces viaxa até 1 300 km contra corrente, sendo posíbel que algúns espécimes pasen toda a súa vida en augas doces.[5]

A súa área de distribución se estende desde a baía de Bengala até a illa de Nova Guinea, as costas do sur de Filipinas e as do norte de Australia.[5]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aliméntase, en augas abertas e nos fondos, de camaróns e outros crustáceos, peixes e cefalópodos.[5]

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]
Orcaella brevirostris no río Mekong en Camboxa.

A especie foi catalogada pola IUCN como con datos insuficientes en 1996, pero unha gran cantidade de novas informacións sobre cinco subpoboacións fixeron que se considerarn como en perigo crítico desde aquel ano. Onde a especie foi máis estudada observáronse tamaños de poboacións xeralmente baixo (de 10 a 100 individuos) coa única excepción de Bangladesh (aproximadamente 5 800).[6]

Os descensos da súa poboación foron significativos nos últimos anos, e foron ben documentadas diversas ameazas, especialmente a degradación dos seus hábitats, ameazas que seguen a ser graves e xeneralizadas. Incluso dentro da maior subpoblación coñecida (a de Bangladesh), observáronse mortes accidentais na pesca con redes de deriva, e informes de pescadores locais suxiren que as taxas de captura incidental non son sustentábeis.[7]

Crese que se produciu unha redución de polo menos un 30 % no tamaño da poboación durante un período de tres xeracións (45-48 anos), baseándse no aumento dos niveis de captura incidental e a degradación do hábitat nos últimos anos. Polo tanto a especie foi cualificada en 2008 pola UICN "CD", vulnerábel.[6]

  1. Reeves, R.R., Jefferson, T.A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Rojas-Bracho, L., Secchi, E.R., Slooten, E., Smith, B.D., Wang, J.Y. & Zhou, K. (2008). "Orcaella brevirostris". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 
  2. Orcaella brevirostris (Owen in Gray, 1866) en ITIS.
  3. Wilson & Reeder (2005),
  4. Gray, J. E. (1866): Cat. Seals Whales Brit. Mus.: p. 285, fig. 57.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Carwardine, M. (1995), pp. 222-223.
  6. 6,0 6,1 Reeves, R. R., Jefferson, T. A., Karczmarski, L., Laidre, K., O’Corry-Crowe, G., Rojas-Bracho, L., Secchi, E. R., Slooten, E., Smith, B. D., Wang, J. Y. & Zhou, K. (2008): Orcaella brevirostris. En [http://www.iucnredlist.org/details/15419/0 Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2013.1.
  7. Smith, B. D., Ahmed, B., Mansur, R., Tint, T. e Mya, T. T. (2005): "New information on the status of finless porpoises Neophocaena phocaenoides and Irrawaddy dolphins Orcaella brevirostris in Bangladesh and Myanmar". Scientific Committee Document SC/57/SM4. International Whaling Commission.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]