Orcaella
Orcaella | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Orcaella brevirostris | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
|
Orcaella é un xénero de cetáceos odontocetos da familia dos delfínidos que durante moito tempo foi considerado como monotípico, xa que non comprendía máis que unha soa especie, Orcaella brevirostris, coñecida na bibliografía internacional como golfiño do río Irrawaddy ou golfiño beluga (isto último debido á súa cor moi clara).
Porén, en 2005, a análise xenética demostrou que existe unha segunda especie, Orcaella heinsohni estreitamente ligada e ela.
Recentes análises moleculares indican que o xénro Orcaella está estreitamente emparentado con Orcinus (a candorca), polo que algúns autores xúntanos da mesma subfamilia, a dos orcininos, mentres que outros os manteñen en subfamilias separadas.
O xénero foi definido en 1866 por John Edward Gray, en Cat. Seals Whales Brit. Mus.: 285.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Gray, en 1866, definiu este cetáceo como un subxénero de Orca: Orca (Orcaella), cuxo tipo sería Orca (Orcaella) brevirostris, que foi considerado monofilético por Geisler et al. en 2011.[2]
Foi reclasificado como Orcaella por Gray en 1868 e 1870, Gill en 1871, Palmer en 1904, Weber en 1928, Simpson en 1945, Ellerman e Morrisson-Scott en 1951, Fraser e Purves en 1960, Scheffer e Rice en 1963, Kasuya en 1973, de Muizon en 1988, McKenna e Bell en 1997, LeDuc et al. en 1999, Fordyce e de Muizon en 2001, Buchholtz e Schur en 2004, Mead e Brownell en 2005, Agnarsson e May-Collado en 2008 e Geisler et al. en 2011.[3]
E foi asignado á Orca por Gray en 1866; a Delphinina por Gray en 1868; a Delphininae por Gill en 1871, Weber en 1928 e Scheffer e Rice en 1963; a Globicephalinae por de Muizon en 1988; a Orcaellidae por Kasuya en 1973 e McKenna e Bell en 1997; a Orcininae por LeDuc et al. en
1999, Fordyce e de Muizon en 2001 e Buchholtz Schur en 2004; a Orcini por Fraser e Purves en 1960 e Agnarsson e May-Collado en 2008; e a Delphinidae por Gray en 1870, Palmer en 1904, Simpson en 1945, Ellerman e Morrisson-Scott en 1951, Rice en 1998, Mead e Brownell en 2005 e Geisler et al. en 2011.[3]
O xénero consta na actualidade de dúas especies:[4][5]
- Xénero Orcaella
- Orcaella brevirostris (Owen in Gray, 1866)
- Orcaella heinsohni Beasley, Robertson e Arnold, 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Orcaella Gray, 1866 en: Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
- ↑ J. H. Geisler, M. R. McGowen, G. Yang e J. Gatesy (2011): "A supermatrix analysis of genomic, morphological, and paleontological data from crown Cetacea. BMC Evolutionary Biology 11 (112): 1-33.
- ↑ 3,0 3,1 Paleobiology Database Arquivado 13 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
- ↑ Orcaella Gray, 1866 en ITIS.
- ↑ Orcaella Gray, 1866 en WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Orcaella |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Orcaella |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
- Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9
- Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Orcaella en ADW.