Saltar ao contido

Lingua gong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gong
Outros nomes:Ugong
Falado en: Tailandia
Total de falantes: 80 (2000, David Bradley)
Familia: Linguas sino-tibetanas
 Gong
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O gong está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O gong ou ugong é unha lingua sino-tibetana con menos de 100 falantes. Fálase en Tailandia.[2]

O gong foi documentado por primeira vez nunha fonte occidental na década de 1920 (nun artigo do médico e botánico irlandés A. F. G. Kerr), cando xa estaba en declive.[3] Nos 70, David Bradley comezou a estudar a lingua en diversas áreas nas que aínda se empregaba, excluíndo dúas rexións das referidas por Kerr, onde xa desaparecera.[4] Posteriormente, varias das aldeas foron abandonadas a causa da construción de encoros nos ríos Kwae Yai e Khwae Noi, o que empeorou a situación da lingua.[4] Na actualidade, atópase en situación de especial vulnerabilidade, xa que os últimos falantes nativos naceron arredor dos 70.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Non existe consenso sobre a clasificación concreta da lingua gong. Segundo Bradley, trátase dunha variante das linguas lolo-birmanas, aínda que non encaixa con precisión nas linguas búrmicas nin nas loloicas.[4] Pola súa banda, Andrew Hsiu defende a súa adscrición a unha póla independente das linguas tibeto-birmanas, no canto de agrupalas coas lolo-birmanas.[5]

Dialectos

[editar | editar a fonte]

Hai dous dialectos:

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Gong". Proxecto ramas sino-tibetanas (en inglés). 2019. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020. 
  3. Kerr 1927.
  4. 4,0 4,1 4,2 Bradley 1989.
  5. Hsiu 2018.
  6. Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
  7. Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bradley, David (1989). "The disappearance of the Ugong in Thailand". En Dorian, Nancy C. Investigating Obsolescence: Studies in Language Contraction and Death (en inglés). Cambridge University Press. ISBN 9780521324052. doi:10.1017/CBO9780511620997.006. 
  • Hsiu, Andrew (2018). "Gong". Sino-Tibetan Branches Project (en inglés). Consultado o 04-06-2024. 
  • Kerr, A. F. G. (1927). "Two Lawā vocabularies: the Lawā of the Baw Lūang plateau; Lawā of Kanburi Province". Journal of the Siam Society (en inglés) 21: 53–63. 
  • Matisoff, James A. 2015. The Sino-Tibetan Etymological Dictionary and Thesaurus. Berkeley: Universidade de California.
  • Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University.
  • Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.