Jamestown, Santa Helena
City of Jamestown (en) | |||||
Epónimo | Xacobe II de Inglaterra | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Territorio Británico | Santa Helena | ||||
Illa | Santa Helena | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 714 (2016) (198,33 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3,6 km² | ||||
Creación | 1659 | ||||
Jamestown é a capital do territorio de Santa Helena, Ascensión e Tristan da Cunha, situada na illa de Santa Helena no océano Atlántico sur, é a capital e a única cidade de Santa Helena. Ten unha poboación de arredor de 630 persoas.. Tamén é o principal asentamento histórico da illa e atópase na súa costa noroeste. É o único porto e o centro da rede viaria e de comunicación da illa. Fundouse cando colonos da Compañía Británica das Indias Orientais se instalaron na illa en 1659 e foi ocupada brevemente pola Compañía Holandesa das Indias Orientais en 1673 antes de ser recuperada. Moitos dos edificios construídos pola Compañía Británica das Indias Orientais na década de 1700 sobreviven e dan á cidade o seu distintivo sabor xeorxiano.
A cidade albergou brevemente a Napoleón en 1815 durante o exilio en Santa Helena e máis tarde serviu como base da Royal Navy para suprimir o comercio de escravos. Non tivo ningún papel durante a primeira guerra mundial e só tivo un papel menor durante a segunda guerra mundial.
Historia e localización
[editar | editar a fonte]Jamestown fundouna en 1659 a Compañía Británica das Indias Orientais e chamouse así por James, Duque de York, o futuro Xacobe II de Inglaterra. Está rodeada por desfiladeiros escarpados. A cidade está caracterizada pola presenza de edificacións de estilo gregoriano e pola súa zona portuaria, que se conserva case en estado orixinal. O lugar máis prominente da cidade é Jacob's Ladder, unha escaleira de man con 699 chanzos construída en 1829, que conecta Jamestown coa gornición en Ladder Hill, aínda usada na actualidade.
Poboación
[editar | editar a fonte]En 2016, a cidade tiña 630 habitantes,[1] un descenso significativo desde o ano 2008 no que a poboación era de 714 habitantes.[2] A poboación da cidade diminuíu e xa non é o maior asentamento na illa, superada por Half Tree Hollow, Saint Paul's e Longwood.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "St Helena 2016 Population & Housing: Census Summary Report" (PDF). Census 2016. St Helena Statistics Office. p. 12. Consultado o 21 de novembro de 2016.
- ↑ "2008 Population Census of St Helena" (PDF). St Helena Government. Consultado o 21 de setembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jamestown, Santa Helena |