James Hutton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1726 (Xuliano) Edimburgo (Reino de Gran Bretaña) |
Morte | 26 de marzo de 1797 (70 anos) Edimburgo (Reino de Gran Bretaña) |
Causa da morte | morte natural |
Lugar de sepultura | Greyfriars Kirkyard (pt) |
Residencia | Reino de Gran Bretaña |
Educación | Universidade de Edimburgo Universidade de Leiden Universidade de París Royal High School (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeoloxía, agricultura e meteoroloxía |
Ocupación | xeólogo, industrial, labrego, meteorólogo, médico |
Membro de | |
Profesores | Colin Maclaurin (pt) e Guillaume-François Rouelle (pt) |
Influencias | |
Familia | |
Parentes | John Hutton Balfour, curmán segundo Isaac Bayley Balfour, second cousin once removed descending |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
James Hutton, nado en Edimburgo o 14 de xuño de 1726 [nb 1] e finado na mesma cidade o 26 de marzo de 1797, foi un xeólogo, médico, naturalista, químico e granxeiro experimental escocés, o primeiro formulador das ideas que conducirían á corrente científica chamada uniformista (ou teoría actualista) e do plutonismo, nas que incluíu as súas teorías da xeoloxía e do tempo xeolóxico, e a súa escala,[2] tamén chamado tempo profundo.[3] Está considerado o fundador da xeoloxía moderna.[4] [nb 2] [6] [nb 3] Compartiu espazo e época con grandes pensadores e científicos formando canda eles a que foi chamada a Ilustración escocesa.[8]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e estudos
[editar | editar a fonte]James Hutton naceu en Edimburgo o 3 de xuño de 1726, sendo un dos cinco fillos dun comerciante e tesoureiro da cidade de Edimburgo, falecido cando James aínda era novo. A nai de Hutton, Sarah Balfour, enviouno a estudar á escola secundaria, concretamente ao High School of Edinburgh, onde se mostrou particularmente interesado nas matemáticas e a química. Posteriormente, cando tiña 14 anos, asistiu á Universidade de Edimburgo como "estudante de humanidades", é dicir (arte e cultura clásica, latín e grego). Foi pasante dun avogado cando contaba con 17 anos, pero tiña máis interese nos experimentos de química que no traballo legal e, á idade de 18 anos, converteuse en asistente dun médico, e comezou a frecuentar conferencias de medicina na propia Universidade de Edimburgo.
Despois de tres anos estudou a especialidade na Universidade de París e, posteriormente, en 1749 alcanzou o grao de Doutor en Medicina, en Leyden, cunha tese sobre a circulación sanguínea.[9] Ao redor de 1747 tivo un fillo, James Hutton Smeaton, coa señorita Edington, e aínda que asumiu prestarlle asistencia financeira, tivo pouca relación co mozo, que chegou a converterse en funcionario nunha oficina de correos en Londres.[10]
Despois da obtención do seu título, Hutton regresou a Londres, e a mediados de 1750 partiu cara a Edimburgo e retomou os experimentos químicos xunto ao seu amigo James Davie.[11] O seu traballo na produción de cloruro de amonio a partir da feluxe, transformou a súa asociación nunha rendíbel fábrica de produtos químicos,[12] fabricando o sal cristalino que se utilizaba como tinguidura para a metalurxia e como sales aromáticas e que, até ese momento, só estaba dispoñíbel a partir de fontes naturais e tiña que importarse desde Exipto.[13] Outra das formas de ingreso de Hutton era o alugueiro de inmóbeis en Edimburgo, empregando un representante para a xestión.[14]
Agricultura e xeoloxía
[editar | editar a fonte]Hutton abandonou a profesión médica. E como herdara do seu pai unha pequena granxa (Slinghhouses) en Berwickshire, que pertencera á familia desde 1713, e a granxa do outeiro de Nether Monynut,[15] decidiu dedicarse á agricultura. Viaxou a Norfolk para aprender o traballo de agricultor e, posteriormente, coa mesma finalidade, visitou Holanda, Bélxica e o norte de Francia.
Na década de 1750 trasladouse a Slighhouses e dispúxose a realizar melloras, introducindo prácticas agrícolas traídas das súas viaxes, e experimentando coas plantas e na cría de animais.[16] Recolleu as súas ideas e innovacións nun tratado inédito titulado The Elements of Agriculture.[17]
Isto alentou o seu interese pola meteoroloxía e a xeoloxía, e en 1753 "encariñárase co estudo da superficie da terra, e miraba con ansiosa curiosidade en cada burato, foxo ou leito de río que se cruzaba no seu camiño". A limpeza e drenaxe da súa explotación proporcionáronlle moitas oportunidades de coñecemento, e Hutton advertiu "que unha gran parte das rochas presentes se compoñen de materiais que amosan a destrución dos corpos de animais e vexetais, e de minerais de formación máis antiga". As súas ideas teóricas comezou a recompilalas en 1760. Mentres que as súas actividades agrícolas continuaban, en 1764 foi de xira xeolóxica ao norte de Escocia con James Clerk Maxwell (antepasado do famoso científico, do século XIX, James Clerk Maxwell).[18]
Edimburgo e a construción de canles
[editar | editar a fonte]Máis tarde, en 1768, e até 1797, Hutton regresou a Edimburgo a vivir cos seus tres irmáns. Tiña unha casa, construída en 1770, no outeiro de San Xoán (St. John´s Hill) de Edimburgo, con vistas a Salisbury Crags.
En Edimburgo, Hutton estaba rodeado de amigos literatos e científicos que o estimulaban nas súas investigacións. Foi un dos participantes máis influentes na Ilustración escocesa, onde figuraban numerosas mentes de primeira liña nas ciencias, como John Playfair, o filósofo David Hume e o economista Adam Smith.[19]
Hutton non mantivo relación coa Universidade de Edimburgo, comunicando os seus achados científicos a través da Real Sociedade de Edimburgo. Tivo unha relación de íntima amizade con Joseph Black, e os dous, xunto con Adam Smith, fundaron o Oyster Club para manter reunións semanais.
Posteriormente o club foi converténdose nun lugar de encontro que chegou a ter unha certa mala reputación.[20]
Entre 1767 e 1774 Hutton tivo unha considerábel e estreita participación na construción da canle Forth e Clyde, facendo uso dos seus coñecementos de xeoloxía, como accionista e como membro do comité de xestión, asistindo a reunións, e inspeccionando in situ todas as obras. En 1777 publicou un folleto sobre o culm[21][22] o cal axudou, con éxito, a obter mellor compensación do imposto especial sobre o transporte de carbón en pequenas cantidades.[23]
O pai da xeoloxía moderna (resumo)
[editar | editar a fonte]O tempo en xeoloxía
[editar | editar a fonte]James Hutton foi dos primeiros en comprender o papel fundamental dos axentes exóxenos na modelaxe da superficie terrestre.
Tamén intuíu o papel determinante do factor tempo en xeoloxía. Foi o primeiro grande estudoso en recoñecer a antigüidade da Terra: moitos millóns de anos, non os poucos máis de 6.000 anos que lle atribuían sobre a base dunha grotesca interpretación literal da Biblia.[24]
Hutton defendía unha visión racional da ciencia, sen prexuízos.
O actualismo
[editar | editar a fonte]Hutton foi o fundador desta escola de pensamento, fecunda aínda hoxe, que é o actualismo (ou uniformismo), defendida tamén por Charles Lyell. O principio do actualismo, pedra angular da paleoecoloxía, afirma que o que vemos que sucede hoxe (no ámbito astronómico, xeolóxico, paleontolóxico etc.), pode usarse para interpretar o que sucedeu no pasado, pensamento que se resume na frase: O presente é a clave do pasado.
O plutonismo
[editar | editar a fonte]Hutton foi o principal expoñente do plutonismo como contraposición ao neptunismo (teoría proposta por Abraham Gottlob Werner, segundo a cal durante un tempo a Terra estaría totalmente cuberta de auga). Para Hutton, aínda que non descoñecía os mecanismos dos sedimentos propugnada polos neptunistas, a orixe de moitas rochas (como os basaltos e os granitos), era magmática.
Foi o primeiro en recoñecer a natureza das rochas intrusivas e en elaborar unha hipótese sobre a súa orixe a partir dun magma primordial. Tamén formulou hipóteses sobre a saída da calor terrestre a través das erupcións volcánicas que, ao mesmo tempo, determinaban unha elevación do terreo que posteriormente era erosionado.
A orixinalidade do seu pensamento consistiu na formulación dun modelo cíclico da evolución da Terra, asociado intimamente ao concepto de actualismo.
Teoría das formacións rochosas
[editar | editar a fonte]Hutton incidiu sobre unha gran variedade de ideas para explicar as formacións rochosas que vía ao seu redor, pero de acordo con Playfair "non se apresurou a publicar a súa teoría, porque era un deses que se deleitan máis coa contemplación da verdade, que coa loanza de descubrila". Despois duns 25 anos de traballo, a súa Theory of the Earth; or an Investigation of the Laws observable in the Composition, Dissolution, and Restoration of Land upon the Globe [25] leuse, en dúas partes, nas reunións da Real Sociedade de Edimburgo, a primeira por Joseph Black, íntimo amigo, o 7 de marzo de 1785, e a segunda por el mesmo o 4 de abril de 1785. Hutton, posteriormente, leu un resumo das súas teses, Concerning the System of the Earth, its Duration and Stability, nunha reunión da Sociedade o 4 de xullo de 1785,[26] que imprimira e distribuíra en privado.[27] Nel esbozaba a súa teoría da seguinte maneira:
"As partes sólidas da Terra presentes parecen, en xeral, que están compostas polas producións do mar, e doutros materiais similares aos que agora se encontran nas costas. Polo tanto encontrámonos con razóns para concluír:Primeiro, que o terreo sobre o que nos apoiamos non é simple e orixinal, senón que é unha composición, e que se formou pola operación de causas secundarias.
Segundo, que antes de que a actual Terra se fixera, había un mundo composto por mar e terra, no que as mareas e as correntes operaban no fondo do mar de igual forma a como agora teñen lugar.
E, por último, que mentres a actual Terra estaba formándose no fondo do océano, a antiga Terra mantiña plantas e animais, polo menos o mar estaba habitado por animais, dunha maneira similar a como o está na actualidade.
Polo tanto, iso lévanos a concluír que a maior parte da nosa Terra, se non a totalidade, foi produto das operacións naturais deste mundo, pero que co fin de facer esta Terra un corpo permanente, resistente á acción das augas, dúas cousas foron necesarias:
Primeiro, a consolidación das masas formadas pola acumulación de materiais soltos ou incoherentes;
Segundo, a elevación das masas consolidadas desde o fondo do mar, o lugar onde se recolleron, aos sitios nos que agora se manteñen por riba do nivel do mar".Hutton, Concerning the System of the Earth, its Duration and Stability, 1785, pp. 4-7
.
Busca de probas
[editar | editar a fonte]En Glen Tilt nas montañas Cairngorm, Terras Altas de Escocia, en 1785 Hutton encontra granito que penetrara en xistos metamórficos, de forma que indicaba que o granito se fundira no momento da intrusión. Isto mostroulle que ese granito formado polo arrefriamento da rocha fundida, non precipitou fóra da auga como se cría por aquel entón, e que o granito debía ser máis recente que os xistos.[28][29]
Chegou a encontrar unha inclusión similar de rocha volcánica nunha rocha sedimentaria cerca do centro de Edimburgo, en Salisbury Crags, xunto a Arthur's Seat, e que agora se coñece como a Sección de Hutton.[30][31][32] Encontrou outros exemplos en Galloway en 1786, e na Illa de Arran no ano 1787.
A existencia de discordancias angulares fora sinalada por Nicolás Steno e por xeólogos franceses, entre eles Horace-Benedict de Saussure, que as interpretaba en termos de neptunismo como "formacións primarias". Hutton pretendía examinar as formacións por el mesmo para ver as "marcas particulares" da relación entre as capas de rocha. Na viaxe de 1787 a Arran encontrou o seu primeiro exemplo de Discordancia Hutton ao norte de Newton Point, cerca de Lochranza,[33][34] pero a visión limitada significaba que a condición dos estratos subxacentes non quedaba o suficientemente clara para el,[35] e pensou erroneamente que os estratos se correlacionaban na profundidade por debaixo dos afloramentos expostos.[36]
Máis tarde, en 1787, Hutton sinalou a que agora se coñece como a "Discordancia Hutton" en Inchbonny, Jedburgh, en capas de rocha sedimentaria.[37] Como se amosa na ilustración á dereita, as capas de grauvaca nos estratos inferiores da parede do acantilado inclínanse case verticalmente, e por encima dunha capa intermedia de conglomerado encóntranse capas horizontais de Old Red Sandstone, unha areísca vermella. Máis tarde escribiu acerca de como "me aledei da miña boa fortuna ao achar un obxecto tan interesante na historia natural da Terra, que levaba tanto tempo buscando en van". Ese ano encontrou a mesma secuencia en Teviotdale.
Na primavera de 1788 partiu con John Playfair á costa de Berwickshire e encontrou máis exemplos desta secuencia nos vales de la Tour e Pease Burns preto de Cockburnspath. A continuación, fixo unha viaxe en barco desde o leste de Dunglass Burn ao logo da costa co xeólogo Sir James Hall de Dunglass. Encontraron a secuencia no acantilado por debaixo de St. Helens; a continuación, xusto ao leste, en Siccar Point encontraron o que Hutton chamou "unha bela imaxe desta unión deixada espida polo mar".[38][39] Playfair máis tarde comentou sobre a experiencia: "a mente parecía marearse por mirar tan lonxe no abismo do tempo".[40] Continuando pola costa, fixeron máis descubrimentos, incluíndo seccións dos leitos verticais que mostraban claras marcas da ondada que deron a Hutton "gran satisfacción" como unha confirmación da súa hipótese de que estes leitos estiveran en posición horizontal na auga. Tamén encontraron conglomerados a altitudes que demostraban o grao de erosión dos estratos, e dixo disto que "nunca soñaramos con encontrar o que vimos".
Hutton concluíu que debeu haber varios ciclos, cada un involucrando deposición no fondo do mar, elevación con inclinación e erosión; a continuación, de forma submarina de novo, deposítanse outras capas, e deste xeito puideron suceder moitos ciclos antes, a través da longa historia xeolóxica.[41] Nun documento de 1788 que presentou na Real Sociedade de Edimburgo, Hutton sinalou: "non encontramos ningún vestixio dun comezo, non hai perspectivas dun final".
Plutonismo e tempo profundo
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Plutonismo.
- Véxase tamén: Tempo profundo.
As novas teorías de Hutton situárono en conflito co daquela popular neptunismo, a teoría de Abraham Gottlob Werner,que afirmaba que todas as rochas precipitaran dunha única e enorme inundación. Hutton propuxo que no interior da Terra facía calor, e que esa calor é o motor que impulsa a creación de novas rochas: a terra era erosionada polo aire e a auga, e depositábase en forma de capas no fondo do mar; a calor, despois, consolidaba os sedimentos en pedra, e estes eran elevados como novas terras. Esta teoría denominouse plutonismo, en contraste coa teoría baseada na inundación.
Así como co enfrontamento cos neptunistas, tamén estableceu o concepto de tempo profundo, con fins científicos, en oposición ao catastrofismo. En lugar de aceptar que a Terra non tiña máis que uns poucos miles de anos, sostivo que a Terra debía de ser moito máis antiga, cunha historia que se estendía indefinidamente no pasado distante. O seu argumento principal era que os enormes desprazamentos e os cambios que estaba vendo non ocorreron nun curto período de tempo por medio de catástrofes, e que eses procesos que seguen ocorrendo na Terra hoxe en día eran a súa causa. Xa que estes procesos eran moi graduais, a Terra debía de ser moi antiga, para que estes cambios puidesen ter lugar.
Antes das investigacións científicas alentadas polas súas declaracións, atrasara a idade da Terra en millóns de anos, aínda así pouco, comparado cos 4 570 millóns de anos que se estiman no século XXI,[42] pero era unha clara melloría dos cálculos da idade da Terra.
Aceptación das teorías xeolóxicas
[editar | editar a fonte]A prosa de Hutton era tan escura que impedía (entre outras cousas) a aceptación das súas teorías xeolóxicas. As explicacións das súas ideas (aínda que non as que tiña sobre a evolución) por John Playfair en 1802 e, posteriormente, por Charles Lyell na década de 1830, eliminaron este obstáculo, desenvolvendo as ideas de Hutton.[43] En todo caso, as súas ideas foron moi ben aceptadas co tempo, impoñendo a teoría plutonista e unha modelaxe lenta ao longo do tempo sobre a neptunista de cambios en base a catástrofes.[44] William Whewell, en 1832, bautizounas como catastrofismo e uniformismo, fronte a actualismo (as de Hutton).
Na actualidade a maioría dos xeólogos combinan o uniformismo co catastrofismo puntual, vendo a historia da Terra como lenta e gradual punteada por sucesos catastróficos ocasionais que afectan á Terra e aos seus habitantes.[45]
O concepto que temos actualmente da historia da Terra difire do de Hutton principalmente en que a actividade explicada pola tectónica de placas é a responsábel dos levantamentos do terreo e en que sabemos que a calor interna da Terra ten unha orixe radioactiva e chega á superficie por convección.
Outras contribucións
[editar | editar a fonte]Meteoroloxía
[editar | editar a fonte]Hutton non dirixiu a súa atención só á Terra, tamén estudara os cambios da atmosfera. No seu libro Theory of the Earth contén un relatorio titulado Theory of Rain, e lido o mesmo ano ante a Real Sociedade. Sostiña que a cantidade de humidade que o aire pode reter aumenta coa temperatura e, por tanto, que na mestura de dúas masas de aire de diferentes temperaturas, unha parte da humidade debe condensarse e aparecer en forma visíbel.
Investigou os datos dispoñíbeis sobre precipitacións e o clima en diferentes rexións do globo, e chegou á conclusión de que a precipitación está regulada pola humidade do aire, por unha parte, e a mestura de diferentes correntes de aire na atmosfera superior por outra.[46]
Evolución
[editar | editar a fonte]Hutton tamén avogou polo uniformismo dos seres vivos, a evolución nun sentido evolucionista, e incluso suxiriu a selección natural como un posíbel mecanismo das mesmas:
"...se un corpo organizado non está na situación e as circunstancias que mellor se adapten ao seu sustento e á súa reprodución, entón, na concepción dunha variedade indefinida entre os individuos desa especie, debemos estar seguros de que, por unha parte, os que se apartan máis da mellor constitución adaptada, serán os máis susceptíbeis de morrer, mentres que, por outra parte, os corpos organizados que se acerquen máis á mellor constitución para as actuais circunstancias, serán os que mellor se adapten a seguir, na preservación de si mesmos e na multiplicación dos individuos da súa raza".
Hutton deu como exemplo que cando os cans sobreviviron a través de "a rapidez das patas e a agudeza visual... os máis carentes das calidades necesarias, serían os máis suxeitos a perecer, e que aqueles que as utilizaran con maior perfección... serían os que quedarían, para conservarse, e continuar a carreira". Igualmente, se un agudo sentido do olfacto era "máis necesario para o sustento dos animais... o mesmo principio [podería] cambiar as calidades do animal, e... producir unha raza de cans de caza rastrexadores, en lugar dos que apañan as súas presas pola rapidez". O mesmo "principio de variación" influiría en todas as especies de plantas, que crecen nun bosque ou nun prado".
Chegou ás súas ideas como resultado de experimentos en plantas e a cría de animais, algúns dos cales se resumen nun manuscrito inédito, Elements of Agriculture.[47] Distinguiu entre variación herdábel como resultado da cría, e variacións non herdábeis causadas polas diferenzas ambientais, como o solo e o clima.
Hutton viu o seu "principio de variación" como explicación para o desenvolvemento de variedades, pero rexeitou a idea da evolución das especies orixinarias como unha "fantasía romántica". Como deísta, para el este mecanismo permitía ás especies formar variedades mellor adaptadas ás condicións particulares e era evidencia do benévolo e sabio deseño da natureza feito polo Autor. Estudos sobre os cadernos de notas de Charles Darwin mostraron que chegou de forma independente á idea de selección natural, a cal expuxo no seu libro de 1859 On the Origin of Species (A orixe das especies), pero especulouse con que puido ter un recordo arredado do seu tempo como estudante en Edimburgo das ideas da selección na natureza segundo o establecido por Hutton, e por William Charles Wells e Patrick Matthew, cos que tivera relación na cidade a principios do século XIX antes de publicar as súas ideas sobre o tema.
As ideas de Hutton sobre a xeoloxía expuxéronse nos libros de Charles Lyell, que Charles Darwin leu con entusiasmo durante a viaxe no Beagle, e lle permitiron elaborar a idea da selección natural, de forma independente, para explicar A orixe das especies e levalo á vangarda da conciencia pública no mesmo momento que ofrecía a voluminosa evidencia necesaria para convencer á comunidade científica pola teoría, se ben cabe a posibilidade de que mantivese na súa mente os coñecementos adquiridos entre os que hipoteticamente poderían encontrarse as ideas de Hutton expostas en Elements of Agriculture, se ben ten algúns detractores que indican como primeiro punto que "Darwin non foi educado como biólogo, senón como vicario".[48]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Aínda que Hutton fixo circular privadamente unha versión impresa do resume de Concerning the System of the Earth, its Duration, and Stability, que lera nunha reunión da Real Sociedadede Edimburgo o 4 de xullo de 1785, a teoría tal e como a presentou nas reunións do 7 de marzo de 1785 e do 4 de abril do mesmo ano non se imprimiu até 1788. Titulábase Theory of the Earth; or an Investigation of the Laws observable in the Composition, Dissolution, and Restoration of Land upon the Globe, e apareceu en Transactions of the Royal Society of Edinburgh, Vol. I, parte II, pp. 209–304, pranchas I e II, publicado en 1788.
Tras as críticas, especialmente as de Richard Kirwans, que o acusaban de ateo, e non simplemente deísta, entre outras cuosas, en 1795 Hutton publicou unha versión de dous volumes da súa teoría, que consistía na versión de 1788 (con pequenas adicións) xunto cunha gran cantidade de material extraído dos documentos máis curtos que xa tiña preparados sobre diversos temas, tales como a orixe do granito. Incluíu unha revisión de teorías alternativas, tales como as de Thomas Burnet e Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon.[49] Con esta xa eran tres versións da súa teoría da Terra, se ben só se publicaron as de 1788 e 1795. En 1899 Geikie publicou o terceiro volume da obra a partir dos manuscritos de Hutton. Neles incluíu o prefacio, esquemas e notas a pé de páxina para intentar mellorar os escritos de Hutton.
Un texto non publicado encontrouse a finais do século XX, na Biblioteca Nacional de Escocia, por Paul Pearson, que leva o título An Investigation of the Principles of Knowledge and of the Progress of Reason, from Sense to Science and Philosophy, con 2 138 páxinas en tres volumes, que se rematara en 1794.[50] A súa lonxitude e redacción induciron a Playfair a observar que "o gran tamaño do libro, e a escuridade que con xustiza poden obxectarse a moitas partes del, probabelmente impediron que se recibise como se merece". Este extremo conduciu a Playfair a escribir un resume e unha explicación máis didáctica dos escritos de Hutton, Illustrations of the Huttonian Theory of the Earth (Ilustración da teoría da Tierra de Hutton),[51] que permitiron que o seu pensamento sobrevivise aos ataques dos opositores despois do seu falecemento.
Obra principal
[editar | editar a fonte]Da súa extensa obra pódese seleccionar:[52]
- 1777. Hutton, J. (1777). Considerations on the Nature, Quality and Distinctions of Coal and Culm... in a letter from Dr James Hutton... to a friend. [Consideracións sobre a natureza, calidade e distincións do carbón e o culm... nunha carta do Dr. James Hutton... a un amigo] (en inglés). Edimburgo: C. Elliot. p. 37.
- 1785. Hutton, J. (1785). Abstract of a dissertation read in the Royal Society of Edinburgh, upon the seventh of March, and fourth of April, MDCCLXXXV, Concerning the System of the Earth, Its Duration, and Stability [Resumo dunha disertación lida na Real Sociedade de Edimburgo o 7 de marzo e o 4 de abril de 1785, sobre o Sistema da Terra, a súa duración e estabilidade] (en inglés). Edimburgo: Edición privada do autor. p. 30. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2008. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- 1787? Hutton, J. (1787). Memorial justifying the present Theory of the Earth from the suspicion of impiety [Memoria en defensa da presente Teoría da Terra da sospeita de ateísmo] (en inglés). Inédito. pp. 157–158.
Prefacio escrito para a edición de 1788 de Theory of the Earth que non chegou a ser publicado, xa que se utilizou o escrito polo reverendo William Robertson.
- 1788. Hutton, J. (1788a). "The theory of rain". Transactions of the Royal Society of Edinburgh (en inglés) (Edimburgo). Vol. 1 (Parte 2): 41–86. (Título traducido: Teoría da chuvia)
- 1788. Hutton, J. (1788b). "Theory of the Earth; or an investigation of the laws observable in the composition, dissolution, and restoration of land upon the Globe". Transactions of the Royal Society of Edinburgh (en inglés) (Edimburgo). Vol. 1 (Parte 2): 209–304. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2003. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- 1792. Hutton, J. (1792). Dissertations on different subjects in natural philosophy [Disertacións sobre diferentes aspectos da filosofía da natureza] (en inglés). Edimburgo e Londres: Strahan & Cadell. p. 696.
- 1794. Hutton, J. (1794a). "Observations on granite". Transactions of the Royal Society of Edinburgh (en inglés) (Edimburgo). Vol. 3: 77–81. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2003. Consultado o 23 de marzo de 2011. (Título traducido: Observacións sobre o granito.)
- 1794. Hutton, J. (1794b). A dissertation upon the philosophy of light, heat, and fire [Disertación sobre a filosofía da luz, a calor e o lume] (en inglés). Edimburgo: Cadell, Junior, Davies. p. 326.
- 1794. Hutton, J. (1794c). An investigation of the principles of knowledge and of the progress of reason, from sense to science and philosophy [Investigación dos principios do coñecemento e dos progresos da razón, desde o sentido da ciencia e a filosofía] (en inglés). Edimburgo: Strahan & Cadell. pp. 2.138 en tres volumes (649, 734 e 755). [Edición fascímil en Bristol: Thoemmes Press (1999)]
- 1795. Hutton, J. (1795a). Theory of the Earth; with proofs and illustrations. Vol. I [Teoría da Terra, con evidencias e ilustracións] (html) (en inglés). Edimburgo: Creech.
- 1795. Hutton, J. (1795b). Theory of the Earth; with proofs and illustrations. Vol. II [Teoría da Tierra, con evidencias e ilustracións] (html) (en inglés). Edimburgo: Creech.
- 1797. Hutton, J. (1797). Elements of Agriculture [Elementos de agricultura] (en inglés). Manuscrito inédito.
- 1899. Hutton, J. (1899). Geikie, A., ed. Theory of the earth: with proofs and illustrations. Vol. III [Teoría da Terra, con evidencias e ilustracións. Volume III] (en inglés).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]"Non encontramos ningún vestixio dun comezo, non hai perspectivas dun final" (Hutton). "É irónico que Hutton, o home cuxo estilo de prosa adoita descartarse como imposíbel de ler, fora o que cuñara unha das máis memorábeis, e de feito líricas, oracións en todas as ciencias: "(en xeoloxía) non encontramos ningún vestixio dun comezo, - sen perspectivas dun final". Nesas palabras simples, Hutton enmarca un concepto que ninguén pensara antes, que as rochas que compoñen a Terra hoxe en día non estiveron aquí, despois de todo, desde a Creación".[53] Foi citada na canción de 1989 No Control polo compositor e profesor Greg Graffin.[54]
James Hutton foi elixido na sétima posición, nunha votación popular, para seleccionar os 70 científicos históricos máis importantes de Escocia. A raíz dela a National Library of Scotland creou o Scottish Science Hall of Fame cos dez primeiros elixidos. Entre eles encóntranse científicos recoñecidos mundialmente como: James Clerk Maxwell, John Logie Baird, Alexander Graham Bell, Robert Watson-Watt, Alexander Fleming, Joseph Black, James Watt, Lord Kelvin e John Napier.[55]
Na súa cidade de residencia, onde desenvolveu as súas principais teorías e onde está enterrado, Edimburgo, erixiuse un monumento na súa memoria no lugar que ocupaba a súa casa e xardín, desde onde observaba os Salisbury Crags, os cales estiveron intimamente relacionados coas súas teorías xeolóxicas.[56]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo costume británico da época, a data de nacemento foi o 3 de xuño, segundo o calendario xuliano. Este calendario usouse en Escocia até 1752.[1]
- ↑ "En 1770, James Hutton, un granxeiro experimental e propietario dunha fábrica de sales de amonio, fixou a súa atención nas formas e texturas propias de Salisbury Crags, formacións rochosas irregulares en Edimburgo. Hutton percatouse da presenza, sorprendente, de restos de peixes fosilizados incrustados na rocha. Os restos suxerían que a actividade volcánica levantara a masa desde certa profundidade do mar. En 1785, pronunciou unha conferencia na Royal Society de Edimburgo, que incluíu a declaración sorprendente de que "con respecto á observación humana, este mundo non ten nin un principio nin un fin". Descartando friamente os cálculos creacionistas bíblicos, o libro que finalmente publicou, The Theory of the Earth (A teoría da Terra), axudou a establecer as bases da moderna xeoloxía".[5]
- ↑ A frase Founder of Modern Geology (en galego "Fundador da xeoloxía moderna") tamén se encontra na sú sepultura, sita nun céntrico cemiterio da cidade de Edimburgo.[7]
- ↑ Spathaky, Mike (6 de marzo de 2008). "Old Style and New Style Dates and the change to the Gregorian Calendar: A summary for genealogists". GENUKI - UK and Ireland Genealogy (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2010.
- ↑ American Museum of Natural History (2000). "James Hutton: The Founder of Modern Geology". Earth: Inside and Out. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2011.
The result, therefore, of this physical enquiry, Hutton concluded, is that we find no vestige of a beginning, no prospect of an end. (en galego: "O resultado, polo tanto, desta investigación física", Hutton concluíu, "é que non encontramos ningún vestixio dun comezo, non hai perspectivas dun final".)
- ↑ Kenneth L. Taylor (2006). "Ages in Chaos: James Hutton and the Discovery of Deep Time". The Historian (abstract). Book review of Stephen Baxter, ISBN 0-7653-1238-7. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ University of Edinburgh. "Millennial Plaques: James Hutton". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2007. Consultado o 23 de marzo de 2011.
A placa conmemorativa de Hutton, na cal se le: In honour of James Hutton 1726-1797 Geologist, chemist, naturalist, father of modern geology, alumnus of the University. (En galego: "Na honra de James Hutton 1726-1797 xeólogo, químico, naturalista, pai da xeoloxía moderna e alumno da Universidade"), está localizada na entrada principal do Instituto Grant.
- ↑ Denby, David (11 de outubro de 2004). "Northern Lights: How modern life emerged from eighteenth-century Edinburgh". The New Yorker (en inglés). Revisión de Crowded With Genius (Capital of the Mind no Reino Unido) de James Buchan.
- ↑ Universidade de Edimburgo. "James Hutton" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de setembro de 2010.
- ↑ "James Hutton's Edingurgh locales". University of Wisconsin-Marathon county (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 6 de xaneiro de 2011.
- ↑ Manning, Phillip (28 de decembro de 2003). "A Toast To Times Past". Chapel Hill News. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 23 de marzo de 2011.
Burns penned the song Auld Lang Syne in 1788 during the intellectual flowering known as the Scottish Enlightenment. Burns was part of a convivial group in Edinburgh whose writing and thinking produced the Enlightenment. One of the most original thinkers in that group, the man whose work would stimulate Charles Darwin’s ideas about evolution, was a well-to-do gentleman farmer named James Hutton. He discovered the immensity of our past, the days gone by that Burns wrote about so eloquently. (Burns escribiu a canción Auld Lang Syne en 1788 durante o florecemento intelectual coñecido como a Ilustración escocesa. Un dos máis orixinais pensadores deste grupo, o home cuxo traballo puido estimular as ideas de Charles Darwin acerca da evolución, foi un cabaleiro granxeiro de ben chamado James Hutton. Descubriu a inmensidade do noso pasado, un pasado sobre o que Burns escribiu tan elocuentemente.)
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Early Years" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Settled and Unsettled" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ National Library of Scotland (2009). "James Hutton (1726-1797)". Scotish Science Hall of Fame (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2010.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Thoughts of Settling in the World" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ "Guía de produtos químicos comúns (segunda parte)". quiminet.com. 2 de febreiro de 2006. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 18 de xaneiro de 2011.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Business and Related Interests" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "James Hutton the Farmer" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Return to Slighhouses and Farm Improvement" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "The Elements of Agriculture" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ Campbell, Lewis; Garnett, William (1882). The Life of James Clerk Maxwell (en inglés). Londres: Macmillan and Company. p. 18.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Hutton’s Contemporaries and The Scottish Enlightenment" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- �� James Hutton.org (ed.). "The Oyster Club" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ Culm é o residuo que se produce no procesameno da antracita, un tipo de carbón, ou a antracita de baixa calidade en si mesma,
- ↑ "culm". The Free Dictionary by Farlex (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2010.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "The Forth and Clyde Canal" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ Véxase o artigo Ussher.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "The Theory of the Earth" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2008. Consultado o 11 de novembro de 2008.
- ↑ Hutton, James (1785). Concerning the System of the Earth (abstract) (en inglés). Edimburgo (Reino Unido). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2008. Consultado o 22 de setembro de 2010.
- ↑ Hutton, James (1788). "Theory of the earth; or an investigation of the Laws observable in the Composition, Dissolution, and Restoration of Land upon the Globe". Transactions of the Royal Society of Edinburg (en inglés) (Edimburgo (Reino Unido): J. Dickson, bookseller to the Royal Society) I. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2003. Consultado o 22 de setembro de 2010.. Até esta publicación de 1788 do lido en 1785, o único escrito da teoría de Hutton foi o resumo que imprimiu de forma privada das dúas exposicións de 1785.
- ↑ Macfarlane, Robert (13 de setembro de 2003). "Glimpses into the abyss of time". The Spectator (en inglés). Revisión de The Man Who Found Time, Repcheck.
Hutton posuía unha capacidade instintiva para reverter os procesos físicos, para ler as paisaxes "ao revés", por así dicilo. Tocando o cuarzo branco, que engurrara os bloques de granito gris nunha valgada escocesa, por exemplo, entendeu o enfrontamento que ocorrera unha vez entre os dous tipos de rocha, e percibiu como, baixo unha presión fantástica, o cuarzo fundido se abrira camiño nos puntos débiles da matriz de granito.
- ↑ "Glen Tilt". Scottish Geology (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2012. Consultado o 24 de setembro de 2010.
- ↑ "Scottish Geology - Hutton's Section at Salisbury Crags" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2006. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ "Scottish Geology - Hutton's Rock at Salisbury Crags" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ "Hutton's Section at Hoyrood Park" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ "Hutton's Unconformity" (en inglés). Museo do Patrimonio da Illa de Arran. 18 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2008.
- ↑ "Hutton's Unconformity - Lochranza, Isle of Arran, UK - Places of Geologic Significance". Waymarking.com (en inglés). Consultado o 20 de outubro de 2008.
- ↑ Montgomery, Keith (2003). "Siccar Point and Teaching the History of Geology" (PDF) (en inglés). Universidad de Wisconsin. Consultado o 26 de marzo de 2008.
- ↑ Rance, Hugh (1999). "Hutton's unconformities" (PDF). Historical Geology: The Present is the Key to the Past (en inglés). QCC Press. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2008. Consultado o 20 de outubro de 2008.
- ↑ "Jedburgh: Hutton's Unconformity". Jedburgh online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2010. Consultado o 8 de xaneiro de 2011.
Cando se encontraba visitando Allar's Mill xunto a Jed Water, Hutton deleitose ao ver bandas horizontais de areísca vermella que xacían "discordantemente" cerca da parte superior de bandas verticais e pregadas de rocha.
- ↑ James Hutton.org (ed.). "Hutton’s Journeys to Prove his Theory" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ Scottish Natural Heritage. "East Lothian & the Borders - Hutton's Unconformity - Siccar Point" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ Playfair, J. (1999). "Hutton's Unconformity". Transactions da Real Sociedade de Edimburgo, vol. V, pt. III, 1805, citado na revista Natural History (en inglés).
- ↑ Egger, Anne E. (2005). "O Ciclo das Rochas. Uniformitarianismo e Reciclamento". Visionlearning Vol. EAS-2 (7s). Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ "Age of the Earth" (en inglés). U.S. Geological Survey. 1997. Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ Raisman, Jorge S.; González, Ana María (febreiro de 2001). Universidad Nacional del Nordeste, ed. "Desarrollo de la teoría de la evolución". Hipertextos del área de la Biología. Arxentina. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2010. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
- ↑ "Historia de la Geología". PortalCiencia.net. Consultado o 6 de xaneiro de 2011.
- ↑ Universidad de Columbia (2008). uniformitarianism. The Columbia Encyclopedia (en inglés) (Sexta ed.) (Columbia University Press). Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ National Library of Scotland, ed. (2009). "James Hutton (1726-1797). Discoveries". Scottish Science Hall of Fame (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- ↑ Diario Hoy (25 de outubro de 2003). "Adelantado a la teoría de Darwin" (PDF). Diario Hoy (La Plata (Arxentina)): 16. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2015. Consultado o 7 de xaneiro de 2010.
- ↑ Abler, William L. (18 ao 25 de decembro de 2003). "Correspondence. What Darwin knew" (PDF). Nature (en inglés) 426 (6960): 759. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/426759b. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de xullo de 2010. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- ↑ Cleveland, Cutler (21 de abril de 2007). Theory of the Earth: Editor's note (historical). Encyclopedia of Earth (en inglés) (Washington D.C.). Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- ↑ Grigg, Russell (2004). "Darwin’s illegitimate brainchild". Creation (en inglés) (Creation Ministries International) 26 (2): 39–41. Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- ↑ Playfair, J. (1956) [1802]. University of Illinois Press, ed. Illustrations of the Huttonian theory of the earth: Edinburgh, Printed for Cadell and Davies, London, and W. Creech, Edinburgh, 1802 (en inglés) (Reimpresión de 1956 ed.). p. 528. Consultado o 17 de outubro de 2010.
- ↑ García, C.M.; Wagner, P.; INHIGEO (2001). "Bibliografía sobre James Hutton (1726-1797)" (PDF). Revista de la Sociedad Española de Historia de las Ciencias y de las Técnicas 24 (51): 815–844. ISSN 0210-8615. Consultado o 26 de outubro de 2010.
- ↑ Thomson, Keith Stewart (2001). "Vestiges of James Hutton". American Scientist online (en inglés) 89 (3): 212. doi:10.1511/2001.3.212. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 23 de marzo de 2011.
- ↑ Graffin, Greg (1989). "Lyrics, No Control". No Control (en inglés).
there's no vestige of a beginning, no prospect of an end (Hutton, 1795) / Non hai vestixio dun comezo, non hai perspectivas dun final (Hutton, 1795).
- ↑ National Library of Scotland (2009). "About the Scottish Science Hall of Fame". Scotish Science Hall of Fame (en inglés). Consultado o 26 de outubro de 2010.
- ↑ Butcher, Norman (2002). Edinburgh Geological Society, ed. "The Hutton Memorial Garden". The Edinburgh Geologist (en inglés) (38). Consultado o 26 de outubro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: James Hutton |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dean, Dennis R. (1992). "James Hutton and the history of geology" (en inglés). Edición ilustrada. Cornell University Press: 303. ISBN 9780801426667. Consultado o 24 de outubro de 2010.
- Egger, Anne E. (2005). "The Rock Cycle: Uniformitarianism and Recycling". Visionlearning (en inglés). Vol. EAS-2 (7). Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- García, C.M. (2004). David Brusi, ed. "La Teoría de la Tierra de James Hutton: visión cíclica de un mundo cambiante" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 12 (2): 127–132. ISSN 1132-9157.
- García, C.M. (2007). "De la "Teoría de la Tierra" de James Hutton a la "Hipótesis Gaia" de James Lovelock" (PDF). Asclepio. Revista de Historia de la Medicina y de la Ciencia LIX (1): 65–100. ISSN 0210-4466. Consultado o 26 de outubro de 2010.
- García, C.M.; López, M. (2004). David Brusi, ed. "La "Teoría de la Tierra" (1788) de James Hutton: una propuesta didáctica" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 12 (2): 142–148. ISSN 1132-9157.
- Geikie, Archibald (1897). "The Founders of Geology" (en inglés). Londres: Macmillan and Company: 297.
- Gonçalves, P.W. (2004). David Brusi, ed. "James Hutton: taxonomía, interpretación de cuerpos geológicos y enseñanaza de la ciencia del sistema Tierra" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 12 (2): 133–141. ISSN 1132-9157.
- Gribbin, John R. (2005). "Historia de la Ciencia 1543-2001". Crítica: 552. ISBN 9788484326076. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2010. O paxinado da versión web difire do paxinado do libro en papel.
- Lee, Sidney (2001). "Dictionary of National Biography" (en inglés). XXVIII. Elibron.com: 450. ISBN 9781402170683. Consultado o 7 de xaneiro de 2011. A vista en web está limitada a certas páxinas.
- McIntyre, Donald B. (2004). David Brusi, ed. "El Edimburgo de James Hutton (1726-1797)" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 12 (2): 117–125. ISSN 1132-9157.
- Murray, J. (editor) (1795). "The English review, or, An abstract of English and foreign literature. For the year M,DCC,XCIV" (en inglés) 24. Londres. Consultado o 9 de xaneiro de 2011.
- Oldroyd, David (2004). David Brusi, ed. "La "Teoría de la Tierra" de James Hutton (1788)" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 12 (2): 114–116. ISSN 1132-9157.
- Pearson, Paul N. (16 de outubro de 2003). "In retrospect" (PDF). Nature (en inglés) 425 (6959): 665. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/425665a. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- Sequeiros, L.; Pedrinaci, E.; Álvarez, R.M.; Valdivia, J. (1997). "James Hutton y su Teoría de la Tierra (1795): consideraciones didácticas para educación secundaria" (PDF). Enseñanza de las ciencias de la tierra: Revista de la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra 5 (1): 11–20. ISSN 1132-9157. Consultado o 26 de outubro de 2010.
- Thomson, Keith (maio-xuño de 2001). "Vestiges of James Hutton". American Scientist (en inglés) 89 (3): 212. doi:10.1511/2001.3.212. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 7 de xaneiro de 2011.
- Cleveland, Cutler; Lee, Jeffrey (20 de febreiro de 2009). Saundry, P.; Cutler J. C., eds. "Hutton, James". Encyclopedia of Earth (en inglés) (Washington, D.C.: Environmental Information Coalition, National Council for Science and the Environment). Consultado o 26 de outubro de 2010.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- James Hutton.org (en inglés), ligazóns a James Hutton - The Man e The James Hutton Trail. Consultado o 7 de xaneiro de 2011
- James Hutton e o Uniformitarismo Arquivado 01 de xullo de 2008 en Wayback Machine. (en inglés). Desprácese á parte de abaixo da páxina para encontrar a sección co título "James Hutton and Uniformitarianism"
- Tempa de James Hutton no cemiterio Greyfriars de Edimburgo (en inglés)
- Glosario. Definición e exemplos de discordancia (unconformity, en inglés), con exemplos (en inglés)