Saltar ao contido

Homo gautengensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Homo gautengensis
Rango fósil: Plistoceno
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Subfamilia: Homininae
Tribo: Hominini
Subtribo: Hominina
Xénero: Homo
Especie: H. gautengensis
Nome binomial
'Homo gautengensis'
Curnoe, 2010

Homo gautengensis é unha especie de homínido proposta polo antropólogo Darren Curnoe no 2010. A especie sería para restos fósiles de homínidos africanos que antes se tiñan clasificado como Homo habilis, Homo ergaster ou nalgún caso como Australopithecus. Curnoe argumenta que sería unha das primeiras especies do xénero Homo[1]

Descuberta e análises

[editar | editar a fonte]

No 2010 Curnoe a publicou a revisión dun cranio conservado parcialmente de xacementos de Suráfrica nas covas de Sterkfontein , preto de Xohanesburgo, que se escavara décadas antes. Nel clasifícase a nova especie como Homo gautengensis. Outros autores descartan a clasificación como esa especie polos conflitos coas clasificacións de "Australopithecus sediba"[2]. Os primeiros restos da especie foran descubertos no 1930 por Broom e Robinson e o cranio máis completo (especie Holotipo Stw 53) levantada do xacemento en 1977, a cal fora clasificada como Homo habilis.[3] Este rango de especie está a proponse como sinónimo de “A. africanus”, mais a meirande parte dos analistas considérano dentro do xénero Homo, tendo sido xa proposto os restos desta como especie nova antes de que Curnoe a propuxera.

Xeocronoloxía

[editar | editar a fonte]

A identificación de Homo gautengensis está baseada en cranios parciais, varias mandíbulas, dentes e outros ósos atopados en diferentes momentos e en diferentes lugares do Berce da Humanidade. O espécime máis antigo é de Swartkrans e data de entre 1.9 e 1.8 millóns de anos[4]. Un espécime da cova de Gondolin data de aproximadamente 1.8 millóns de anos[5][6]. Outros espécimes de Sterkfontein, o membro 5, data de entre 1.4 e 1.1 millóns de anos[7].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Segundo Curnoe Homo gautengensis tiña unha ampla boca axeitada pola mastigación de material de plantas[8]. Tiña un "cerebro pequeno" e "longos dentes", e "era probablemente un especialista ecolóxico, moito máis consumidor de material vexetal ca Homo erectus, Homo sapiens, e incluso ca Homo habilis". Aparentemente produciría ferramenta e incluso prendería lume, xa que hai constancia de queima de ósos de animais asociados con restos de H. gautengensis. Estímase que tería unha altura de 90-100 centímetros, andaba a dous pés cando andaba polo chan "mais probablemente gastaba moito tempo subido a árbores, seguramente alimentándose, durmindo ou escapándolle aos depredadores", segundo Curnoe.

Propúxose que non tería capacidade nin capacidades lingüísticas. Pola súa anatomía e idade xeolóxica, suxírese que está relacionado directamente con Homo sapiens mais que non é directamente un antecesor deste.

Consecuencias da proposta

[editar | editar a fonte]

A comezos do 2010 anunciouse a descuberta dun novo fósil da especie de primate Australopithecus sediba. A. sediba semella máis primitivo ca H. gautengensis mais viviron no mesmo tempo e no mesmo lugar". Con iso, apréciase que por H. gautengensis o Australopithecus sediba é menos candidato a ser antecesor dos humanos actuais.

Un motivo para a rápida descuberta de especies Homo é pola mellora nas metodoloxías de análise, habitualmente baseadas en anteriores descubertas e traballo con secuenciación xenómica, o que fai que haxa un mellor entendemento de onde poden existir novos xacementos e estudalos mellor[8]. Ao contrario do que ca Australopithecus garhi, Curnoe propón a Australopithecus garhi, que foi atopada en Ethiopia e que data de arredor de 2.5 millóns de anos, é unha mellor candidata a ser o primeiro antecesor non-Homo na liña evolutiva de Homo sapiens. Porén, outros autores indican que "un múltiple número de especies, seguramente de curta duración, de proto-humanos viviron tanto no leste como sur de África no período de 2 a 1 millón de anos atrás" e poden ser realmente calquera desas o antecesor común dos actuais Homo sapiens[8].

  1. Curnoe, D. A review of early Homo in southern Africa focusing on cranial, mandibular and dental remains, with the description of a new species (Homo gautengensis sp. nov.).. HOMO - Journal of Comparative Human Biology. vol.61 pp.151–177. 2010.
  2. Lee Berger et al.
  3. Ferguson, Walter W. (1989-01-01). "Reappraisal of the taxonomic status of the cranium Stw 53 from the Plio/Pleistocene of Sterkfontein, in South Africa". Primates (en inglés) 30 (1): 103–109. ISSN 1610-7365. doi:10.1007/BF02381216. 
  4. Pickering et al. 2011, "Contemporary flowstone development links early hominin bearing cave deposits in South Africa" Earth and Planetary Science Letters 306 (1-2) , páx. 23-32.
  5. Adams et al., 2007. "Taphonomy of a South African cave: geological and hydrological influences on the GD 1 fossil assemblage at Gondolin, a Plio-Pleistocene paleocave system in the Northwest Province, South Africa" Quaternary Science Reviews 26 (19-21) , páx. 2526-2543
  6. Herries et al., 2006. "Speleology and magnetobiostratigraphic chronology of the GD 2 locality of the Gondolin hominin-bearing paleocave deposits, North West Province, South Africa" Journal of Human Evolution 51 (6) , páx. 617-631
  7. Herries et al., 2009. "A multi-disciplinary seriation of early Homo and Paranthropus bearing palaeocaves in southern Africa" Quaternary International 202 (1-2) , páx. 14-28
  8. 8,0 8,1 8,2 ""Get Ready for More Proto-Humans"". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2013. Consultado o 04 de setembro de 2013.