Saltar ao contido

Australopithecus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Austrolopithecus ou australopiteco[1] é un xénero extinto de homínidos. Os fósiles máis antigos teñen unha antigüídade de 4,2 millóns de anos. O cerebro da maioría das especies de Austrolopithecus era un 35% do dos modernos humanos, entre 400 e 500 cm³, e a altura variaba entre 1,3 e 1,6 m.

Características

[editar | editar a fonte]

Os Austrolopithecus foron os antecesores dos Paranthropus e do xénero Homo. Os Austrolopithecus asemellábanse aos chimpancés, coa importante diferenza de ser bípedes. Hai constancia de emprego de utensilios de óso, pero principalmente para escarvar, como tamén fan os propios chimpancés, e non hai probas que dominasen o lume. Nun principio as especies aethiopicus, boisei e robustus estiveron incluídas neste xénero, pero actualmente hai a tendencia a incluílas nun xénero diferente, o Paranthropus, as especies deste grupo son máis grandes e recias, e son morfoloxicamente diferentes dos Austrolopithecus.

Principais especies

[editar | editar a fonte]
  1. "bUSCatermos; australopiteco". aplicacions.usc.es. Consultado o 2023-02-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]