Saltar ao contido

Real Club Deportivo Fabril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Fabril»)
Deportivo Fabril
NomeReal Club Deportivo Fabril[1]
Alcume(s)Fabril
Dépor B
Fundación21 de febreiro de 1914 (110 anos)
EstadioO Mundo do Fútbol,
Abegondo, Galicia
Inauguración2003
Capacidade3.000
Presidente Juan Carlos Escotet
AdestradorEspaña Manuel Pablo
Liga2ª Federación – Grupo 1
2022–23 (3ª – Grupo 1)
VestimentaKappa
PatrocinadorEstrella Galicia
Na rede
http://www.rcdeportivo.es/gl
Titular
Alternativo
Terceiro

O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Deportivo B, é un equipo de fútbol galego centenario,[2] filial do Deportivo da Coruña. Fundouse o 21 de febreiro de 1914[3][4][5] e na tempada 2023/24 competirá na Segunda División RFEF, cuarta categoría do fútbol español.

O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.

Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.

En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.

A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica.

Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, despois de quedar segundo do seu grupo. Na primeira eliminatoria eliminou á SD Ponferradina, tocándolle como rival para a seguinte eliminatoria a Gimnástica de Torrelavega. O Fabril venceu por 2-1 na Coruña, mentres que en Torrelavega o resultado foi o mesmo pero gañando o equipo cántabro, polo que se tivo que xogar un partido de desempate. Este encontro disputouse dous días despois no Molinón de Xixón e o resultado foi de empate a 2. Xogouse entón un cuarto partido ao día seguinte para desfacer a igualdade e esta vez acabou en derrota do equipo coruñés, despois de que a Gimnástica remontase con dous goles no último minuto a diana inicial de Pito.[6] Ricardo Badás era o adestrador daquel equipo e nel xogaban entre outros Antonio Giráldez, Manolete, Beci e Pellicer.[7]

Foi nese momento cando o Fabril asinou un acordo definitivo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. Ademais nese intre o Fabril, que daquela estaba presidido por José González Dopeso, fusionouse co Deportivo Xuvenil e cambiou as cores da súa vestimenta ao branco e azul.[8][7]

Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador, despois de quedar cuarto na liga e saír vencedor do seu grupo da fase de ascenso, na que conseguiu superar ao Caudal Deportivo, CF Fuenlabrada e SD Almazán. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.

En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo da Coruña B. Na 1993-94 rematou segundo do seu grupo, a un punto do campión, o Bergantiños. Xogou entón a fase de ascenso quedando encadrado nun grupo co Atlético Bembibre, o Club Deportivo Lealtad e o Real Aranjuez, sendo este último o que conseguiu finalmente o ascenso.

Foi na tempada 1994-95 cando o Deportivo B volveu ascender a Segunda B, tras quedar cuarto na liga regular e ser o dominador do seu grupo na fase de ascenso, gañando 4 dos seis partidos que disputou contra os seus rivais, que foron Rayo Majadahonda, Atlético Bembibre e Caudal Deportivo. Ao ano seguinte, na que era a súa segunda tempada na categoría, o equipo acabou no quinto posto, e na edición seguinte, a 1996–97, conseguiu meterse na fase de ascenso, despois de rematar en cuarta posición. Quedou encadrado co Elche, Córdoba e Barakaldo pero só conseguiu gañar dous dos seis partidos. Na 1997–98 xogou de novo a liguiña de ascenso a Segunda División, tras rematar 3º. Enfrontouse ao Recreativo de Huelva, ao Espanyol B e de novo ao Barakaldo, sendo este último o único ao que logrou vencer nun dos encontros.

Xogadores do Fabril en 2016.

O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. Xogou dúas novas fases de ascenso nas tempadas 2002-03 e 2003-04, pero non logrou ascender. Tampouco o conseguiu na 2005-06 a pesar de ter sido campión da categoría. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar o CD Anguiano e ó CD Don Benito na fase de ascenso.

Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Encontro disputado entre o Deportivo da Coruña B e o CDA Navalcarnero.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División. Xogou unha nova fase de ascenso na 2012-13 sen conseguir subir e na tempada seguinte acabou en 9ª posición. A continuación disputou outras tres promocións nas tres tempadas seguintes, acadando o ascenso na última delas, a 2016-17, na que foi campión e conseguiu vencer ao Club Polideportivo Cacereño no play off.[9]

O 10 de xullo de 2017 o equipo recuperou o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[10] Na primeira tempada da súa nova etapa en Segunda B, tivo como adestrador a Cristóbal Parralo, e dende outubro a Gustavo Munúa, despois de que Parralo se convertese en adestrador do primeiro equipo. O Fabril rematou ese ano subcampión do seu grupo e disputou a fase de ascenso, pero quedou eliminado na primeira eliminatoria fronte ao Extremadura UD.[11] Foi con todo, o mellor resultado histórico do club.

Na tempada seguinte volveu descender á Terceira División despois dun mal ano no que o club tivo tres adestradores diferentes: Tito Ramallo, Sergio Pellicer e Luisito.[12] Este último continuou na tempada 2019-20 na que o equipo ocupaba a sétima praza cando a liga foi suspendida debido á pandemia por coronavirus.[13]

Nomes do club

[editar | editar a fonte]
  • Fabril Foot-ball Club (1914–1926)
  • Sporting Fabril (1926–1941)
  • Fabril Sociedad Deportiva (1941–1964)
  • Fabril Deportivo (1964–1993)
  • Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017)
  • Real Club Deportivo Fabril (2017– )

O Fabril xoga habitualmente no campo principal da Cidade Deportiva de Abegondo, con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.

Datos do club

[editar | editar a fonte]

Historial na liga

[editar | editar a fonte]
Tempada Categoría Posto
1947/48 Serie A
1948/49 Serie A
1949/50 Serie A
1950/51 Serie A
1951/52 Serie A
1952/53 Serie A
1953/54 Serie A
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59 13º
1959/60 11º
1960/61 12º
1961/62
1962/63
1963/64
Tempada Categoría Posto
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70 11º
1970/71 Serie A
1971/72 19º
1972-73 Serie A
1973-74 Serie A
1974-75 Serie A
1975-76 Serie A
1976-77 Serie A
1977/78
1978/79 17º
1979/80 16º
1980/81 10º
Tempada Categoría Posto
1981/82 11º
1982/83
1983/84
1984/85 10º
1985/86
1986/87 11º
1987/88
1988/89
1989/90
1990/91
1991/92 2ªB 18º
1992/93
1993/94
1994/95
1995/96 2ªB
1996/97 2ªB
1997/98 2ªB
Tempada Categoría Posto
1998/99 2ªB 17º
1999/00
2000/01 2ªB 20º
2001/02
2002/03
2003/04
2004/05
2005/06
2006/07
2007/08 2ªB
2008/09 2ªB 17º
2009/10
2010/11 2ªB 17º
2011/12
2012/13
2013/14
2014/15
Tempada Categoría Posto
2015/16
2016/17
2017/18 2ªB
2018/19 2ªB 20º
2019/20
2020/21
2021/22 3ª RFEF

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Datos do 10 de xaneiro de 2023[14]
Posto País Xogador
POR Galicia Brais Suárez
POR Galicia Hugo Ríos
DEF Galicia Dani Barcia
DEF Galicia Fito
DEF Guinea-Bissau Iano Simão
DEF Galicia José Currás
DEF España Marcel Céspedes
DEF España Marc Lachèvre
DEF España Alejandro Pereira
DEF España Ángel Puerto
MED Galicia Quique Teijo
MED Galicia Álex Barba
MED Galicia Brais Val
Posto País Xogador
MED Galicia Diego Gómez
MED Galicia Fabio González
MED Galicia Iñaki Leonardo
MED Galicia Jairo Noriega
MED España Mario Nájera
MED Galicia Rubén López
DIA Galicia Davo
DIA España Iván García
DIA Galicia Jesús Ares
DIA España Martín Ochoa
DIA Galicia David Mella
DIA Galicia Hugo Padín
DIA Australia Tim Caroutas

Adestradores

[editar | editar a fonte]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar | editar a fonte]

Torneos estatais

[editar | editar a fonte]

Torneos amigables

[editar | editar a fonte]
  • Trofeo Ciudad de Betanzos (2): 2007, 2009
  • Torneo Victoria - Memorial Moncho Rivera (2): 2011, 2013
  • Trofeo Sporting Sada (1): 2009
  • Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
  • Trofeo de Vimianzo (1): 2010
  • Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
  • Inauguración Campo Novo de Curtis (1): 2010
  • Memorial Manolo Martín (1): 2012
  • Trofeo President (1): 2013
  • Memorial Luis de Carlos (1): 2015
  • Memorial Esteban Lareo (1): 2015[22]
  • Trofeo Vila de Foz (1): 2015
  • Torneo 'tres en uno' en Viveiro (1) 2017
  1. Ficha do equipo na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 25 de xullo de 2017.
  2. El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo
  3. Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com (en castelán)
  4. "Cien años de «Fabriquín»" La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2014. (en castelán)
  5. Historia do Fabril rcdeportivo.es
  6. "2-1: El Fabril perdió en el último minuto". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xuño de 1964. p. 4. 
  7. 7,0 7,1 "Historia do Fabril". Real Club Deportivo. Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  8. Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport (en castelán)
  9. Antelo, Iván (28 de maio de 2017). "Un final de película para el ascenso del Fabril a Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  10. O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril
  11. "El Extremadura se clasifica tras eliminar al Deportivo Fabril, pese a perder por 3-2 en el duelo de vuelta" (en castelán). 27 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  12. Falcón, Susana (14 de maio de 2020). "Luisito deja de ser entrenador del Fabril" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  13. Sanz, Miguel (9 de maio de 2020). "Luces y sombras en un curso de transición: Así ha sido la temporada del Fabril" (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2020. 
  14. Cadro Deportivo Fabril 2022/2023 (en galego)
  15. 15,0 15,1 15,2 "Historia del Fabril". geocities.ws. Consultado o 31-03-2016. 
  16. "Neira, entrenador del Fabril". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de xaneiro de 1953. p. 4. 
  17. 17,0 17,1 Pepe Guillín. Depor Sport (2 de xuño de 2010). "El Deportivo B y el Fabril de los años 60". Archived from the original on 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  18. Pepe Guillín. Depor Sport (3 de marzo de 2010). "Guillermo, un jugador surgido en el colegio de los Salesianos". Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  19. ""Cortés en el Deportivo"". Historias del Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 23-06-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  20. "Vicente Celeiro". aupadeportivo.com. Arquivado dende o orixinal o 25-06-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  21. "Cuerpo Técnico". forzadepor.8m.com. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2016. Consultado o 31-03-2016. 
  22. Galifutbol.com (16 de agosto de 2015). "El Dépor B conquista el Memorial Lareo ante el Silva en un intenso derbi herculino". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 16 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]