Centenario do Deportivo
O Centenario do Deportivo fai referencia ao conxunto de actos celebrados ao longo de 2006 para celebrar o século de historia do RC Deportivo da Coruña, cen anos que se cumpriron exactamente o día 2 de marzo dese ano.
Partido conmemorativo
[editar | editar a fonte]O acto central da efeméride tivo lugar o día 3 de setembro co partido correspondente ao Trofeo Juan Acuña disputado en Riazor entre dúas seleccións de xogadores e ex xogadores do conxunto herculino. Enfrontábanse por unha banda integrantes do mítico Superdépor, que recibía dez anos despois unha merecida homenaxe, e, por outra banda, unha selección de xogadores que desde os anos 60 até o momento defenderan nalgún momento as cores branquiazuis. Nos banquiños estaban respectivamente Arsenio Iglesias e Amancio Amaro. Entre as ausencias a destacar as de Miroslav Đukić, Alfredo Santaelena ou Luis Suárez.
Súper Dépor | 2 – 4 | Veteranos do Deportivo | 3 de setembro de 2006, 21:00 (CET) – – Estadio de Riazor, A Coruña Asistencia: 20.000 Árbitro: Puentes Leira |
Bebeto 23' 88' | Turu Flores 39' 57' Javi López 53' Arturo Patiño 85' | ||
Xogadores
[editar | editar a fonte]Súper Dépor
[editar | editar a fonte]- Adestrador: Arsenio Iglesias.
|
|
Veteranos do Deportivo
[editar | editar a fonte]- Adestrador: Amancio Amaro.
|
|
Outros actos
[editar | editar a fonte]- Emisión por parte de Correos dun selo conmemorativo do Centenario.[1][2]
- Saída dunha camisola especial conmemorativa.[3]
- Entre o 12 e o 14 de outubro tivo lugar Deporsaúde 2006, un congreso médico que reuniu a máis de 200 especialistas en Medicina deportiva.[4]
- O venres 15 de decembro a ONCE dedicou El Cuponazo dese día ao Centenario do Deportivo.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lendoiro: El sello del Centenario será un vínculo que una aún más al Club con el deportivismo"
- ↑ "DEPORTES. Centº do Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D."
- ↑ http://canaldeportivo.com/servlet/es.iris.servlets.MostrarImagen?accion=3&iid=19421&ver=2&width=400&height=321 Arquivado 12 de agosto de 2006 en Wayback Machine. Imaxe da presentación oficial da camisola con Álvaro Arbeloa e Iago Iglesias como modelos.
- ↑ "Deporsaúde 2006, el Congreso Médico del Centenario, reunirá a 200 especialistas en La Coruña"
- ↑ "La ONCE homenajea al Deportivo dedicando El Cuponazo de mañana viernes al Centenario del Club"