Luisito
Luisito | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Míguez Iglesias | ||
Nacemento | 7 de agosto de 1966 (58 anos) | ||
Lugar de nacemento | Teo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
–1984 | Compostela | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1984–1987 | Compostela | ||
1985–1986 | → Boiro | ||
1987 | Lugo | 6 | (0) |
1987–1989 | Compostela | ||
1989–1990 | Arousa | 38 | (17) |
1990 | Leganés | 11 | (0) |
1991 | Tomelloso | 14 | (0) |
1991–1992 | Ávila | 38 | (14) |
1992–1994 | Gimnástica de Torrelavega | 34 | (5) |
1994 | Cacereño | 17 | (5) |
1994–1996 | Palencia | 74 | (30) |
1996–1997 | Cultural Leonesa | 37 | (8) |
Adestrador | |||
2005–2009 | Cidade de Santiago | ||
2009–2011 | Racing de Ferrol | ||
2012–2014 | Ourense | ||
2014–2017 | Pontevedra | ||
2019–2020 | Deportivo Fabril | ||
2021 | Pontevedra | ||
2022– | Arousa | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Luis Míguez Iglesias, coñecido como Luisito, nado en Teo o 7 de agosto de 1966, é un exfutbolista e adestrador de fútbol galego. Na actualidade adestra o Arousa SC da Segunda División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Luisito foi contratado polo Racing de Ferrol iniciada xa a tempada 2009–10, en substitución dos irmáns Juan e José Veiga.[1] Fixo o seu debut no banquiño ferrolán con vitoria ante o CD Lugo no estadio Anxo Carro (0–1).[2] A pesar de que o equipo descendeu a Terceira División, a directiva decidiu renovalo de cara á seguinte campaña.[3] Na tempada 2010–11 o equipo conseguiu o segundo posto da clasificación e xogar a fase de ascenso a Segunda B. O 13 de xuño de 2011 anunciouse que non continuaría no club departamental, tras non conseguir retornar ao Racing a Segunda B.[4]
O 12 de xaneiro de 2012 presentouse como adestrador do CD Ourense. En maio de 2013 renovou por dúas tempadas.[5] Logo da desaparición por motivos económicos do club ourensán, co que na 2013-2014 rematara 8º na 2ªB e gañara a Copa Federación, quedou sen equipo, mais en outubro de 2014 anunciouse a súa fichaxe polo Pontevedra CF da Terceira División trala destitución de Manu Fernández. Co club granate consegue o ascenso á 2ªB tras proclamarse campión do grupo galego da Terceira División na tempada 2014-2015.
O 4 de febreiro de 2019 firmou polo Deportivo Fabril, en substitución de Sergio Pellicer, até o final da tempada 2018–19.[6] O 21 de xuño de 2019 anunciouse a súa renovación por unha campaña, pese ao descenso do equipo Terceira División.[7] O 14 de maio de 2020 anunciouse que non continuaría no filial branquiazul, logo de dar por rematada a tempada a RFEF debido á COVID-19.[8]
En febreiro de 2021 volveu ao Pontevedra como substituto de Jesús Ramos, asinando ata final de tempada.[9] Na primavera de 2022, asina polo Arousa SC en substitución do cesado Xurxo Otero.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luisito firma co Racing ata final de tempada"
- ↑ ""Primera victoria con Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 29 de maio de 2011.
- ↑ «Teño a miña parte de culpa»
- ↑ "O Racing e Luisito acordan a súa saída do equipo"
- ↑ ""El Ourense renueva dos años a su técnico Luisito"". Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2014. Consultado o 24 de febreiro de 2014.
- ↑ "Luisito asume el banquillo del Fabril en sustitución de Sergio Pellicer". La Opinión de A Coruña. 4 de febreiro de 2019. (en castelán)
- ↑ "Luisito dirixirá ao Fabril a próxima temporada". Deportivo da Coruña. 21 de xuño de 2019.
- ↑ "Luisito non continuará como adestrador do Fabril". Deportivo da Coruña. 14 de maio de 2020.
- ↑ Espiño, Diego (8 de febreiro de 2021). "Luisito, confirmado como novo adestrador do Pontevedra ata final de tempada". Pontevedra Viva. Consultado o 8 de febreiro de 2021.
- ↑ "Luisito desembarca no Arosa para o que queda de tempada e unha máis: "Non é unha situación insalvable"". Pontevedra Viva. 13 de abril de 2022./
- Nados en 1966
- Nados en Teo
- Futbolistas de Teo
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores da SD Compostela
- Xogadores do CD Boiro
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Arosa SC
- Xogadores do CD Leganés
- Xogadores da Gimnástica de Torrelavega
- Xogadores do CP Cacereño
- Xogadores do CF Palencia
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Ciudad de Santiago
- Adestradores do Racing de Ferrol
- Adestradores do CD Ourense
- Adestradores do Pontevedra CF
- Adestradores do Deportivo Fabril
- Adestradores do Arosa SC