Elías Antonio Saca González
Nome orixinal | (es) Antonio Saca |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 9 de marzo de 1965 (59 anos) Usulután, O Salvador (pt) |
43º Presidente do Salvador | |
1 de xuño de 2004 – 1 de xuño de 2009 ← Francisco Flores Pérez – Mauricio Funes → | |
Datos persoais | |
Educación | Central American University, San Salvador (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Aliança Republicana Nacionalista (pt) |
Outro | |
Condenado por | Corrupción |
Premios | |
Elías Antonio ("Tony") Saca González, empresario de comunicacións nado o 9 de marzo de 1965. Elixido presidente da República en 21 de marzo de 2004[1] para o mandato desde o 1 de xuño de 2004 ata o 1 de xuño de 2009[2]. Foi o presidente con maior porcentaxe de votación favorable desde o último Golpe de estado en 1979. Pertence ao partido Alianza Republicana Nacionalista - ARENA.
Traxectoria xornalística e empresarial
[editar | editar a fonte]Antonio Saca, tamén popularmente coñecido como Tony Saca, naceu na cidade de Usulután, o 9 de marzo de 1965, descende dunha familia palestina católica que chegou ao Salvador a principios do século XX. En 1983, comezou estudos superiores inacabados de xornalismo na Universidade do Salvador[2]. Desenvolveu a súa carreira como empresario na área de comunicacións, como narrador de informativos, así como locutor deportivo en radio e televisión. Participou na creación de Radio América e despois creou e dirixiu a súa propia emisora, Radio Astral.
Pertence á Alianza Republicana Nacionalista (ARENA).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Organización de los Estados Americanos, Acta 1442/04 del Consejo Permanente, página 2, consultado o 30 de novembro de 2007
- ↑ 2,0 2,1 Casa Presidencial de El Salvador, Biografía oficial de Antonio Saca Arquivado 06 de xaneiro de 2006 en Wayback Machine., consultado o 26 de marzo de 2007
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |